2011/11/24

DI NON - UNETE ~

Este venres, 25 de novembro, é o día mundial 
contra a violencia de xénero.

A razón de que se celebre xusto ese día é a primeira asemblea recoñecida en América Latina. O primeiro encontro no que grupos de mulleres denunciaban as súas agresións (físicas, psicolóxicas, sexuais ...) Co recordo moi presente das irmans Mirabal, asasinadas un 25 de novembro de 1960 na República Dominicana, onde son máis ca un mito.

O maltrato pode estar en calquera parte.
Se cres que sabes dalgún caso ou o estas sufrindo,    BUSCA AXUDA, SAE DE ALÍ. 
Porque quen o fixo unha vez, farao dúas.

Un maltratador pode ser calquera (un pai, un marido, un fillo ...) Ás veces será alguen ao que queres moito, ou alguén que cre ser máis ca ti. Farache crer que non vales nada, que a culpa é túa e un montón de mentiras máis que ti creras só porque o queres ou porque lle tes medo. 
E tente tan machacada que non ves se non é polos seus ollos.
Ningún ser humano ten ese dereito, ningunha persoa pode facer que outra se sinta inferior.
Nin el, nin ninguén son quen de decirte qué tes que facer,cando e como. 
É a TUA VIDA, só TÚA.

Se pensas o mesmo ca min, se che parece a maior inxustiza do mundo meterse cunha muller só por cresrse máis forte DI NON, UNETE!

Temos que cambiar a mentalidade, en pleno século XXI é unha animalada que unha de cada dez mulleres sexan maltratadas, xeralmente polos seus homes.

Grazas a este tipo de movementos, campañas, 
 asociacións e persoas que se preocupan, 
cada vez quedarán menos mulleres que se asustan cando oen as chaves na porta, menos mulleres que non saen da casa por medo a que cando cheguen este el esperándoas.


APOIEMOLAS TOD@S ESTE VENRES, 25 DE NOVEMBRO!

ACUDE Á CONCENTRACIÓN





4 comentários:

  1. De quen é? A miña noraboa! Esta moi ben!

    Isa :)

    ResponderEliminar
  2. É meu pero olvidouseme poñer as etiketas xDD
    xa estan postas!
    Grazas, espero que vos guste e mentalice un pouco ou que se alguen por desgraza o vive de cerca vea que non esta soa!

    Att: Marta~

    ResponderEliminar
  3. Gústame moito Marta! Tes algúns fallos pero ba... é normal!

    Está claro que, non somos menos ca eles...

    Miriam

    ResponderEliminar
  4. ÚNOME(: noraboa pola entrada Marta!
    Rosalía

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.