

A novela trata sobre unha rapaza de trece anos chamada Aldara,ela vive cos seus pais e co seu irmán. A historia comeza co enterro dunha muller coñecida da familia. Un extraño home (fillo da difunta) saúda a Aldara e á nai dunha forma peculiar, á rapaza chámalle a atención e decide contactar con el, Manuel, de forma diaria. A nai prohíbille falar co home debido a que éste fora o seu primeiro mozo, que a abandoara polos problemas que tiña acerca das súas ideas políticas, xa que eran contrarias ás que naquel tempo eran exercidas. Ao mesmo tempo, Aldara enamórase de Milo, un rapaz da súa escola. Un día, o pai da protagonista entérase do contacto da rapaza con Manuel e culpa á muller do sucedido por non dar conta dela. A nai, para defenderse do home, que estaba enfurecido e a punto de ir matar a Manuel, dispáralle coa escopeta matándoo ao instante. Como o exmozo da nai ten que marchar do pobo polos problemas políticos co alcalde, Aldara decide ir con el. A rapaza ten que marchar sen Milo, o que lle causa unha gran dor.
Co paso dos anos, Aldara convertiuse na actual ministra do goberno de esquerdas e, no enterro da nai, encóntrase co seu irmán, que lle di que vaa a recuperar todo o tempo perdido con Milo, que a estaba esperando.
Pareceume un libro moi entretido, que sae dos temas tratados normalmente nas novelas para rapaces. Recoméndaríao porque é fácil de ler e unha vez que o comezas, engánchaste de tal xeito que o rematas en pouco tempo.
está ben como primeira versión .
ResponderEliminarrevisión:
-non contar só argumento, tan polo miúdo e confuso para quen non leu o libro.
- estruturar en parágrafos:
. 1 tema, citar autor _ con enlace- , a túa reflexión de ler un libro "distinto"
.2 argumento super-resumido: perde interés ler o libro, suxerir,
.3 gústame o ton do derradeiro parágrafo teu.
lembra: vender interés para lectura da obra
auditorio: