Este é un libro que me sorprendeu gratamente.
Dende o primeiro día díxeronos que o leramos sen prexuízos, sen pensar en que non era un libro como os demais e que intentaramos sacar algo del.
O primeiro que fixemos ao telo nas nosas mans foi miralo por enriba (como facemos todos), e no que nos fixamos foi que eran microrrelatos, que algúns non pasaban das tres liñas, e aínda que nos extrañou botamos para diante.
A medida que avanzas chega a desmontarte historias que coñecemos dende moi pequenos, ten toques de ironía, fala de cousas que pasan hoxe en día, pero camuflándoas con metáforas, dicindoo todo con retranca. A primeira vez que les un destes microrrelatos sacas unha conclusión, en cambio, cando o volves ler sacas outra moi distinta e te das conta de que o que pensaras de primeiras ao mellor non ten nada que ver co que quere dicir en realidade.
Recomendovos que lexades este libro, pero sen prexuízos, sen pensar en que non ten unha historia fixa. A min sorprendeume moito e espero que a vós tamen os guste tanto como a min, ou polo menos que vos faga pensar.
Mostrar mensagens com a etiqueta Ainhoa. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Ainhoa. Mostrar todas as mensagens
2012/06/19
sen prexuízos!
2011/11/15
historia dun xoguete
Antes, cando se lle regalaba un xoguete a un neno, ese neno o ciodaba como se da sua vida se tratase, corria aventuras con ese xoguete, non o perdia por nada do mundo, e se o perdia choraba e o buscaba ata que o encontrara e a cousa non acababa ahi porque ao chegar a casa sempre lle contaba a sua nai as aventuras de ese dia.Pero, hoxe en dia un xoguete non dura tanto, hoxe daslle un xoguete a un rapaz e quizais aos 10 minutos xa non se acorde de ese xoguete, probablemente a única aventura que teña ese xoguete sexan os primeiros 10 minutos que o neno o teñana man. Cando chegamos a casa xa non lle contamos as nosas nais e aos nosos pais cada aentura que vivimos, o que facemos ao chegar a casa e engancharnos ao movil a falar cos amigos que ainda acabas de ver fai dous minutos.
E que xa non somos coma a xente de antes, xa sei que a sociedade esta a cambiar, pero hai momentos nos que deberiamos de ser un pouco umildes e recoñeces que nos pasamos a vida enganchados as novas tecnoloxias, e si non, facede a proba, intentade acordarbos de un xoguete, tan so un, co que vivirades grandes aventuras e co que ao chegar a casa vos sentirades tan felices coma o dia que volo regalaron.
Convidoos a ler tamen unha fermosa historia que vos pode facer soñar, tan só tedes que pulsar na palabra soño.
Subscrever:
Mensagens (Atom)
