Mostrar mensagens com a etiqueta Aryanna. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Aryanna. Mostrar todas as mensagens

2012/06/19

B2ST


Seguindo un pouco a liña da miña compañeira Aryanna falaremosvos do grupo coreano B2ST.

Nos seus comezos foron chamados "grupo reciclado", xa que os membros que o compoñen pertencían anteriormente a intentos fallidos de outros grupos. Son o único grupo novato en vender 100.000 copias do seu álbum chegando a ter o mesmo nivel que outros grupos veteranos como Shinee e Super Junior.

B2ST volveu aos escenarios para o seu tan esperado concerto encore, “Welcome Back to B2STAirline”, unha escapadiña en avión con 12.000 dos seus fans. En setembro do pasado ano participaron como xurado no “KPOP Cover Dance Festival” de España e neste mes, sairá á venda o seu segundo álbum completo.

Agora falaremos un pouco de cada componente de forma individual.

O seu líder e vocalista, Yoon Doo Joon, que participou no reality "M. NET Hot Blood" antes do seu debut xunto cos compoñentes dos grupos 2AM e 2PM.

Jang Hyun Seung é o vocalista e bailarín principal. Foi integrante do grupo BigBang antes do seu debut nun reality , pero remataron botándoo. GD e TOP choraron cando se foi.

Yong Jun Hyung é o rapeiro principal. Foi o primeiro en facer o seu debut no grupo XING. Jun revelou nunha entrevista que as fans o chamaban “Nose-Picking idol” pola súa peculiar tendencia a tocarse a nariz.

Yang Yo Seob é o vocalista principal. No concurso "Immortal Song" adicoulle unha canción a súa nai facendo chorar ao público e ao vocalista principal do grupo Shinee,  JongHyung.

Lee Ki Kwang, vocalista e imaxe do grupo, debutou en solitario co primeiro mini-albume “First Episode” e tan só seis meses despois anunciou que sería parte dun novo grupo, B2ST, e as súas actividades en solitario foron postas en pausa.

O último membro elexido para unirse a este grupo foi Son Dong Woon. É o “maknae” (o menor) do grupo e é coñecido polo seu aspecto máis occidental en comparación cos outros membros. Ademáis, ten varios talentos como falar inglés, chinés ou tocar o piano entre outros moitos.

Esperamos que vos gustase moito este achegamento a música coreana e que ampliedes os vosos horizontes.

2012/06/13

Bigbang


O grupo surcoreano Bigbang que está arrasando o mundo co seu novo albúm ALIVE. Debutou no ano 2006 e seguiu ata o dia de hoxe con innumerables èxitos.
O grupo está integrado por cinco homes:
O seu líder, chamado G-Dragón, é actor ocasional  e ten tanto colaboracións con outros cantantes en solitario coma un albúm propio.
O cantante Flo-Rida fixo un remix da súa canción máis famosa "HEARTBREAKER".
 O vocalista e bailarín principal, Taeyang (sol en koreano) é o único do grupo que sacou un albúm en inglés.
 O rapeiro principal T.O.P, que comezou a súa carreira como actor, ao entrar na axencia tivo o problema de que non o querían polo seu peso, e encerrouse durante seis meses na súa casa ata baixar 20 kilos e que o admitiran.
O segundo vocalista principal Daesung, foi o único que non foi famoso ata que entrou no grupo. O seu albúm en solitario está centrado no rock alternativo mesturado con música electrónica.
O coreógrafo é Maknae (título dado ao máis xoven do grupo) SeungRi. Xa aos 15 anos era bailarín no grupo IlHwa e entrou no seu actual grupo con 16 anos.
Como grupo foron notados, non só pola súa música, se non tamén polo seu estilo ao vestir, pasando por enriba de artistas como Lady Gaga, Justin Bieber e Selena Gomez entre outros. Bigbang pasou a ser o grupo máis famoso en Asia, a ser coñecido en todo o mundo, a pesar de que solo fan cancións en Koreano e Xaponés.