Mostrar mensagens com a etiqueta DITADURA. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta DITADURA. Mostrar todas as mensagens

2012/03/29



A golpe de tacón


Esta curta relata o protagonismo da muller nas mobilizacións e folgas que mantiveron os mineiros asturianos contra a ditadura franquista na década dos sesenta do século XX.



2012/03/28

Os Alcaldes Galeguistas


Por primeira vez Ánxel Casal usou o galego para redactar una institución aínda sabendo que o galego estaba por así dicilo na 2º liña, facendo asi este acto bastante importante. Este sucedeu na Idade Contemporanea o 23 de Febreiro de 1936.

Provocou a súa morte meses despois e tamén iniciou unha tradición na política. A partir de este suceso todos usaron a lingua propia de Galiza, o galego.

Ata que chegou a alcalde Xerardo Conde Roa que o despreza dunha maneira sendo así una persoa de pouco ver na lingua galega. Xente de Compostela fará un escrito e deixaran testemuña desta nefasta conduta hacía o galego, o incrible é que estes veciños son doutros paises  de fóra de Galiza como Arxentina, Cataluña etc.

Encantado de facer outra entradiña no blog :)

2012/03/27


A golpe de tacón

Esta curta relata o protagonismo da muller nas mobilizacións e folgas que mantiveron os mineiros asturianos contra a ditadura franquista na década dos sesenta do século XX.

2012/03/09

Ordes no franquismo

Ordes, unha comarca que está ao lado da Coruña, sufriu numerosas mortes durante o franquismo, a maioría das vítimas eran mestres, médicos ou obreiros de esquerdas.
En total, atoparonse 83 mortos a causa dos fusilamentos durante a guerra civil.
Manuel Pazos publicou no seu libro "Censo das mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952" as historias de como se atoparon a estas persoas; traballou por recuperar a memoria histórica de moitos casos tamén de outros concellos:

  • En Oroso e en Frades, sete mortos nas guerrillas contra o franquismo.
  • En Mesia foron 19, algúns asasinados por dar vivas á República; outros, por malleiras.
  • Cerceda ten 5 mortos, deles 3 descoñecidos. 
As vítimas cataloganse entre vítimas de procesos civís, os guerrilleiros que loitaban contra a Garda Civil e as persoas non identificadas que son catalogadas como "descoñecidos" da ditadura militar.



"Matárona a paus"

Para coñecer un pouco máis acerca do  traballo de Manuel Pazos estas son algunhas das cuestións que respondeu ao periódico Galicia Confidencial:

2012/01/27

O MEU BISAVÓ XESÚS BRA

Na guerra de 1936 meu bisavó foi un dos poucos homes que poideron fuxir da represión franquista .Con 9 fillos na casa , e 5 eran da irmá da sua muller Ramona; coa que tivo a miña avoa materna. Fuxiuo aos montes  de Mesía intentando non ser fusilado polos policías de Franco , con outros veciños. As veces organizaban pequenas guerrillas para non ser descubertos se un deles os via. Durmiu fora da súa casa durante moito tempo e sen saber se o encontrarian .  A miña bisavoa ía case todolos días a levarlle comida polas noites xa moi pechas, case de madrugada para non atoparse cos civis.A miña avoa aínda era pequena e ía con ela para ver o seu papá ; un día encontraronse cuns mandados de Franco preguntáronlle a donde ían  elas, mentiron dicindo que ían o muiño pero  preguntaronlle a miña avóa e ela quedou sen fala, apuntouna cun fusil e case a mata pero un dos seus superioes díxolle que as deixara en paz ,esa noite volveron para a casa eo día seguinte contaronllo o meu bisavó. Meu bisavó coñeceu a Foucellas un dos grandes escapistas de Franco en Galicia por Mesía ,era moi coñecido ,el vivía nunha cova polos montes  da miña aldea escapando de que non o matasen (o final collerono...fai uns 3 anos a súa filla saliu na galega contando a súa historia) cando tiña algunha falta de comida ou de cartos sempre lles roubaba aos veciños medio ricos que estaban ao lado da casa dos meus bisavós. O meu bisavó aínda que foi un fuxitivo por un tempo velou pola súa vida e pola miña familia .

2012/01/21

O CROMLECH DO CAMPO DA RATA

 “No cárcere da Coruña había centos de presos. Todo parecía funcionar dun xeito organizado, máis industrial. Mesmo as sacas da noite. Levábanos andando ao Campo da Rata, na beira do mar. ‘As veces, durante as descargas, as aspas de luz do Faro de Hércules facían resplandecer aos fusilados que levaban camisa branca. O mar bruaba nos cantís de Punta Herminia a San Amaro como unha vaca entolecida nas fiestras das manxadoiras baleiras. Despois de cada descarga, sentíase un silencio de laio humano. Ata que recomezaba a ladaíña da vaca tola’”. Así describe Manuel Rivas, na súa novela o Lapis do Carpinteiro, os fusilamentos de presos republicanos no Campo da Rata, nos días que seguiron ao golpe de estado do xeneral Franco. 

ENSAIANDO FERRAMENTAS

Aquí tedes o meu pequeno poster virtual do exilio en Galicia.



Fixen esta entrada con Glogster unha rede social na que fas os teus posters dixitais e amosalos a todos os teus amigo via twitter, facebook, blogues ou correo electronico.
Ao principio custoume un pouquiño por que non sabia como funcionaba e era moi dificil atopar boa información para os enlaces , pero ao cabo de 15 minutos, afasche e todo comeza a sair ben.
Un das cousas que mas me gustou de Glogster é que podes buscar as imaxes tanto de google como de facebook, que facilita o rollo que é buscalas imaxes e copialas ou descargalas.

Espero que probedes esta maneira tan divertida de comunicarvos na rede.

Recoméndovolo

2012/01/16

Isaac Díaz Pardo

(Santiago de Compostela, 22 de agosto do 1920 - A Coruña, 5 de xaneiro do 2012)

Entre outras cousas foi empresario español, pintor, diseñador, editor... algunas destas aficcións herdounas do seu pai: Camilo Díaz Baliño que se reunía na súa casa con Otero Pedrayo, Castelao, Cabanillas, etc. para falar os temas relacionados coa organización das Irmandades da Fala mentres que o seu fillo facía o mesmo pero co Seminario de Estudos Galegos. Camilo foi fusilado ao pouco tempo de comezar a Guerra Civil Española. A partir desto Isaac tivo que ir a vivir a casa do seu tio Indalencio, na nosa cidade e máis tarde adicaríase a rotulación.

Rematada a Guerra marchou a estudar a Madrid na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e anos máis tarde pasou a ser profesor da Academia de Belas Artes de Barcelona, a partir deste momento empezou a expoñer as súas obras tanto na península como noutros paises europeos e ata en América.

Co tempo interesouse máis pola cerámica e foi uníndose a diversos grupos de artistas alfareiros, un dos grupos máis importantes é o de Sargadelos (o creador foi Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés )do que foi director e administrador e onde estivo involucrado case ata o último dos seus días, pouco a pouco foi sendo excluído do grupo.


Podemos destacar de entre as súas obras... Xente do meu Rueiro, O ángulo de pedra, Galicia Hoy (xunto con Luis Seoane que tamén aportou a súa axuda no Laboratorio de Formas de Galicia), Paco Pixiñas (con Celso Emilio Ferreiro), El Marqués de Sargadelos, Castelao, etc, ademáis dunha gran cantidade de artículos en periódicos, como a La Voz de Galicia.

Se queredes coñecer un pouco máis de este home premede aquí.

E para aqueles aos que non vos guste ler moito aquí tendes:

As mil e unha frases de Manuel Fraga


Manuel Fraga
O presidente fundador do PP, Manuel Fraga Iribarne, falecido este domingo aos 89 anos de idade, pasará á historia por ser un dos personaxes clave durante a ditadura, a transición e a democracia é un dos pais da Constitución de 1978, así como unha das figuras máis relevantes da política galega.
Estas son algunhas das súas opinións, frases polémicas ou declaracións que pronunciou ao longo dos seus máis de 60 anos de carreira política:


-Sobre Francisco Franco, o día da súa morte: "Un gran home,o maior e máis representativo dos españois do século XX,un dos maiores gobernantes que tivemos na nosa historia".
Co paso do tempo dixo: "permaneceu demasiado tempo no poder".
-Sobre a Monarquía: "Romper cunha tradición que permitiu a España resolver un famoso 23 de febreiro e tantas outras cousas nestes anos de transicións difíciles, é desvariar".
-Sobre o Rei e o 23-F: "Só o Rei podía resolver esa situación",  e de don Juan Carlos: "Moitas grazas polo que fixo por España".
-Sobre España: "Dediquei a miña vida enteira a España".
-Sobre o ex-presidente do Goberno Adolfo Suárez:''Creo que o Rei "acertou" ao apostar por Suárez.''
-Sobre a legalización do Partido Comunista: "A legalización do Partido Comunista é un verdadeiro golpe de estado".
-Aos golpistas do 23-F: "Eu xa non aguanto máis.... Disparen contra min".
-Sobre os nacionalismos: "Pódese ser galeguista sen ser nacionalista, que é unha traizón a España e á Constitución".
-Sobre os matrimonios gays: "Iso non é un matrimonio, poderá ser unha unión de feito. Ao min paréceme que as persoas que nacen así teñen dereito a un recoñecemento, pero matrimonio por definición é que poida haber unha nai". "Iso non é un matrimonio, é outra cousa, respectable, pero outra cousa".
-"A rúa é miña", cando era ministro da Gobernación nun momento en que se estaban producindo manifestacións na rúa.
-"Toda a miña vida dixen verdades sen condón e penso morrer sen poñer un", dixo Fraga tras coñecer a postura do Vaticano contraria o uso do preservativo.
-"Traballar é vivir", fixo súa a frase de Voltaire, tras sufrir un desmaio no parlamento galego


Fraga con Carrillo no aniversario do 23-F
Sen dubida sabia facer ben o seu traballo,que descanse en paz,que ben o merece.