Esta avaliación lín este libro de poemas porque encantame a poesía e quería profundizar máis sobre o autor, xa que todos o estudamos este ano.
Celso Emilio Ferreiro
''O soño sulagado'' é un libro con trinta e dous poemas nos que os seus versos falannos de medo, de represión, de rebeldia ... Se recordamos un pouco o dado en clase, daremonos conta de que cando Celso Emilio escribía era na posguerra. Ou sexa en medio dunha dictadura. Naquel tempo non se podía escribir nada en galego e aínda menos como el o facía.''Soio cando chegaba ós meus ouvidos
a doce voz de mel da miña vella,
xa non tiña medo.''''Non me chame ninguén por outros nomes,Pero nos seus poemas hai moito máis que silenzo e bágoas. Neste libro tamen cultivou a poesía intimista e deixou claro que é un poeta con todalas letras. Gustoume moito lelo por min mesma e descubrir tanto sentimento en cada verso. Fíxome comprender moito mellor como se debe sentir un cando lle quitan, asi sen máis, a súa libertade.
alcumes meus en fígoas entrevistos,
escura voz dun soño sulagado.''
Recomendovolo a todos e asegurovos que vos encantara.''Os outros edificios.Os outros funcionarios.Os outros fiñanceiros.Os outros ideais.¡Todo será borralla radiactiva!(Poema nuclear)
Mostrar mensagens com a etiqueta Marta. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Marta. Mostrar todas as mensagens
2012/06/20
O soño sulagado.
2012/06/19
Luar na lubre.
Este grupo naceu en 1986 é o que os diferenza e o seu estilo musical. No que mesturan o flocklore de Galicia co dos demais países de tradición celta. Notase sobre todo nos instrumentos que utilizaban. Como a gaita galega, a gaita midi, o acordeón, o violín, flautas, guitarras ... E as veces, o a bozouki bodhrán
Esta tipoloxía musical marcou un modo de facer música no ámbito atlántico. E grazas a isto a melodía galega chegou ata onde nin se imaxinaba. Chegando a traballar co músico británico Mike Oldfield, que incluíu unha adaptación do tema ''O son do ar'' no seu almbúm ''Voyager'' e invitou ao grupo a sua xira mundial. Pero aínda, así, quedan sectores ''tradicionalistas'' que critican este movemento.
2012/04/11
As duas Marías.
Esta parella formábana as irmáns Maruxa e Coralia, dúo moi coñecido de Santiago de Compostela polos seus rutinarios paseos pola zona vella da cidade, sempre as dúas en punto. Outra cualidade que as facia destacar era a maneira extravagante da súa vestimenta e a sua maquillaxe. Pero as irmáns Fandiño Ricart non son coñecidas só por iso. Se non tamen pola relación dos seus irmáns co movemento anarquista. Eran once irmáns, fillos dun zapateiro, dos cales tres estaban tan comprometidos co anarquismo que chegaron a desenrrolar importantes cargos defendéndoo. Un deles foi asasinado, mentres os outros dous fuxiron. Isto fai que Maruxa e Coralia sexan torturadas ou que inclusive chegaran a abusar delas, co fin de encontralos
A xente deixou de ir a súa tenda por medo a que os vincularan cos seus familiares, aínda que as estimaban moito. Pero cando caeron na pobreza non as trataron coma ás demais persoas que vivían da caridade. Os que querian axudalas ian comprar o que lles querian dar e dábanllo directamente. De feito, cando unha treboada estropeou o teito da súa vivenda, organizouse unha colecta que recadou tanto como pra comprarlles unha nova casa.
Na foto vese o recordatorio desas dúas mulleres que de tanta cor enchían as rúas de Santiago en tempos nos que a depresión o pintaba todo de gris e negro. A escultura é unha das máis coñecidas da cidade, tanto pola curiosidade que esperta entre os turistas coma por servir de punto de encontro para os composteláns.
A xente deixou de ir a súa tenda por medo a que os vincularan cos seus familiares, aínda que as estimaban moito. Pero cando caeron na pobreza non as trataron coma ás demais persoas que vivían da caridade. Os que querian axudalas ian comprar o que lles querian dar e dábanllo directamente. De feito, cando unha treboada estropeou o teito da súa vivenda, organizouse unha colecta que recadou tanto como pra comprarlles unha nova casa.
Na foto vese o recordatorio desas dúas mulleres que de tanta cor enchían as rúas de Santiago en tempos nos que a depresión o pintaba todo de gris e negro. A escultura é unha das máis coñecidas da cidade, tanto pola curiosidade que esperta entre os turistas coma por servir de punto de encontro para os composteláns.
2012/02/06
Visitanos un vello amigo!
César C. Moran Fraga visitounos o pasado mércores pra ensinarnos o seu novo traballo titulado Primaveiras.
Pareceume un traballo moi dificil o seu, iso de musicar poemas de Cunqueiro. Pero tamén hai que dicir que o resultado vale o esforzo de poñer as orellas e pararse a escoitalo.
2012/01/23
EXILIO
Cando falamos de exilio, estamos a falar dun periodo de silencio e represión, que obrigou a moitas persoas a abandoar o que máis querían. Obrigandoos a elixir entre o exilio e o fusilamento.
O medo carcomiu os corazóns da xente, asoballounos e calou os seus pensamentos. A vergoña enmudecía aos ''vencedores'' e a dor afogaba aos ''vencidos''.Era imposible seguir escribindo en galego e moito menos pensar en publicalo naquela España. Pero aínda así, os nosos artistas fuxidos non se deron por vencidos. E dende o exilio, fundamentalmente americano, seguiron o seu soño, a sua loita pacifista, a sua revolución con pinceladas de morriña da sua casa; e desprecio a ditadura que terminara con todo polo que eles loitaran.
Para poder explicar mellor de que tratou o exilio, gustaríame falar de Antón Alonso Rios, moito máis coñecido como o señor Afranio.
Ese alcume foi o seu pasaporte para escapar da morte.
Disfrazado dun naturalista brasileiro, vagou polas ruas durante tres anos pedindo esmola e traballando como criado desde a sua Silleda natal ata Ourense. Camuflouse ante os seus verdugos coma un simple mendigo cando en realidade foi un idealista que loitaba polos dereitos dos labregos e o campeseiñado.
Coa proclamación da II República no 1931, volveu a Galicia levando a cabo no noso país unha intensa carreira política en favor da República.
Autobautizouse co nome de Afranio, pra poder seguir vivindo en Galicia, despois da victoria de Franco.
O seu personaxe consistia nun brasileiro que mendigaba dende que morrera o seu pai. Levou a cabo o traballo de criados das casas e mesmo chegou a facer de frade. O seu unico obxetivo fora fuxir con vida, e estabao conseguindo. Aínda que non todo foi tan sencillo, polo camiño tivo que presenciar como ian asasinando e torturando a todolos seus amigos.
Cando finalmente consegue saír por Portugal, vai ata Marrocos dende onde viaxa en barco ata Bos Aires, onde é recibidio como un símbolo de triunfo da resistencia. Unha vez alí, o “siñor Afranio” convértese outra vez en Alonso Ríos e traballará con xente como Castelao ou Suárez Picallo, na defensa de Galicia.
O siñor Afranio foi un dos moitisimos casos dos que podería falar, escollino porque non é moi coñecido entre a mocidade, e despois de todo o que pasou, mereceoo.
O exilio só é unha proba máis do afan de superación e o espiritu de loita dun pobo. É iso non hai golpes de estado, nin falanxistas, nin conservadorismo, nin ningún concepto ou idea que poda paralo ou destruilo.
Os republicanos non deixaron de loitar nin un só momento.Por iso mesmo os recordamos.
2012/01/22
Unha simple historia de amor?
A finais do século XIX coñecense Elisa e Marcela. Na escola Normal, da Coruña, onde este ano fíxose unha exposición no seu honor.
Elisa rematara xa maxisterio
e Marcela aínda estaba estudando.
Fixeronse moi boas amigas, pero a cousa non quedou ahí..
De supeto,
ocorreu
o impensable...
Namoráronse.
En pleno século XXI falar dun amor homosexual xa non asombra a ninguén, ou si?
Seguro que se te pos a pensar nuns segundos tes a cara dunha lesbiana ou dun gay na cabeza. Pero naquel tempo o único amor ''legal'' e ''permitido'' era o que puidera haber entre un home e unha muller. Sen ningún tipo de réplica.
Os pais de Marcela fixeron o posible por separalas, chegaron a mandar a súa filla a Madrid por algún tempo, pero non lles serviu de nada.
En 1888 comenzaron a traballar coma mestras, procurando que os seus destinos estiveran o máis preto posible. Pero cando non era así, Elisa tivo andado dez kilometros polas noites só pra durmir ao lado dela.
Non se sabe de quen, pero Marcela quedou embarazada e co proposito de protexela Elisa pidelle matrimonio. O seu plan foi finxir unha ruptura diante da xente e facer coma se Elisa se forá pra sempre a Habana. E vaise, pero pra convertirse en Mario. Corta o pelo, comeza a fumar, viste roupas de home e deixase quixote. A boda celébrase o 8 de xuño de 1901.
Non se saben as razóns pero volven a Dumbría, cidade onde as recoñecen e Mario vese obrigado a fuxir a Coruña. Pero encóntranas e son levadas a declarar. Marcela alega que Elisa é moito máis home que os que naceran baixo ese sexo. Tamen afirman que é hermafrodita e que no seu corpo predomina o elemento masculino sobre o feminino.
Acurraladas polas autoridades, saíndo en todos os periódicos, teñen que abandoar Galicia e diríxense ao Porto, Portugal. O matrimonio vive tranquilo algún tempo, pero o 16 de agosto volven arrestalas, a xustiza coruñesa pide que sexan buscadas e capturadas por matrimonio ilegal. Pero as autoridades portuguesas negáronse a entregalas sen unha petición formal de extradición. Sendo encarceadas e xulgadas por Portugal quedan absoltas.Alí axudaronas todo o que poideron, os periódicos pedían un indulto, cartos, compañía no cárcere ... Pero todo iso tivo data de caducidade, pois a solicitude de extradición foi aceptada.
Esta vez foron a Bos Aires. Marcela ía acompañada da súa filla, nacida no Porto o 6 de xaneiro de 1902.
A partir de aquí toda a historia é moi confusa, non se sabe moito de Marcela e a nena. Sabese que a parella non podía vivir na mesma casa por culpa do traballo e por iso Elisa tentou casar cun dinamarqués. Ao enterarse este de que casara cunha das mulleres do ''matrimonio sen home'' denunciouna alegando que, entre outras cousas, non quería consumar o matrimonio.O xuíz despois de corroborar que se trata dunha muller decide sobreseguir o caso.
Cando o poder deixa de perseguilas, perdeselles a pista. Só se sabe que Elisa se suicidou en Veracruz, México, en 1909.
A de Marcela e Elisa é unha verdadeira historia de amor. O único que ten de diferente e que por non ser como os demáis a esperaban, por non querer ser o que os demáis estableceran, foron perseguidas e procuradas por medio mundo.
2011/11/24
DI NON - UNETE ~
Este venres, 25 de novembro, é o día mundial
contra a violencia de xénero.
O maltrato pode estar en calquera parte.
Se cres que sabes dalgún caso ou o estas sufrindo, BUSCA AXUDA, SAE DE ALÍ.
Porque quen o fixo unha vez, farao dúas.
Un maltratador pode ser calquera (un pai, un marido, un fillo ...) Ás veces será alguen ao que queres moito, ou alguén que cre ser máis ca ti. Farache crer que non vales nada, que a culpa é túa e un montón de mentiras máis que ti creras só porque o queres ou porque lle tes medo.
E tente tan machacada que non ves se non é polos seus ollos.
Ningún ser humano ten ese dereito, ningunha persoa pode facer que outra se sinta inferior.
Nin el, nin ninguén son quen de decirte qué tes que facer,cando e como.
É a TUA VIDA, só TÚA.
Se pensas o mesmo ca min, se che parece a maior inxustiza do mundo meterse cunha muller só por cresrse máis forte DI NON, UNETE!
Temos que cambiar a mentalidade, en pleno século XXI é unha animalada que unha de cada dez mulleres sexan maltratadas, xeralmente polos seus homes.
Grazas a este tipo de movementos, campañas,
asociacións e persoas que se preocupan,
cada vez quedarán menos mulleres que se asustan cando oen as chaves na porta, menos mulleres que non saen da casa por medo a que cando cheguen este el esperándoas.
ACUDE Á CONCENTRACIÓN
Eu tamen quero encontrala, e ti?
Esta canción pediuna a familia,
é un tributo para unha nena chamada Marta del Castillo.
Todos escoitamos a sua historia nas noticias, vimos aos seus pais desesperados por encontrala.Pareceume que tiña que subila aquí para que todos reflexionaramos un pouco co asunto, porque non creo que moitos, grazas a deus, tiveramos que sentir esa desesperación e esa tristeza.
Esta outra non a pediu ninguén, pero coma sempre que alguen necesita axuda
ou apoio, o ser humano, sorprendenos con estas demostracións de afecto e comprensión.
Porque TODOS necesitamos encontrala, TODOS queremos que dencase.
TODOS QUEREMOS QUE ESTE SUFRIMENTO ACABE
E QUE ELA, AO FIN, PODA DESCANSAR EN PAZ!2011/11/16
Senteime a fumar no balcón, mentres pensaba en tí, corazón~
Tel-os os ollos distantes ...
Foi a derradeira rafega de vento quen nos desfollou de todal-as lembranzas?
N-ese teu corazón innumerábel
tamén enchen e debelán
as mareas d'o meu corazón.
Ela noitámbula desfollará
como unha margarida prostibularia
a Rosa d'os ventos d'o noso corazón.
Tel-os os ollos distantes ...
Foi a derradeira rafega de vento quen nos desfollou de todal-as lembranzas?
Foi a derradeira rafega de vento quen nos desfollou de todal-as lembranzas?
N-ese teu corazón innumerábel
tamén enchen e debelán
as mareas d'o meu corazón.
Ela noitámbula desfollará
como unha margarida prostibularia
a Rosa d'os ventos d'o noso corazón.
Tel-os os ollos distantes ...
Foi a derradeira rafega de vento quen nos desfollou de todal-as lembranzas?
Fomo-nos transbordando
ao cabotaxe d'as constelacións.
ao cabotaxe d'as constelacións.
Repetiremol-os cansos corazóns
cronometrando monotonías .
cronometrando monotonías .
A modelo descalza, Jordi Sierra i Fabra.
Gustoume moito este libro porque reflexa unha realidade do amor onde non todo son fadas madriñas e cabaleiros con capa e espada.O protagonista non para de loitar cos recordos dun vello e non enterrado amor.
Comeo o medo de que ao volver a vela, caia na conta de que os seus sentimentos non esten precisamente mortos.
Pero Alexia, a sua namorada, ten un grave problema e el non duda un momento en axudala. O unico que cree na sua inocencia dende un principio e él, tamen é o único que ten o coraxe de defendela. Mentres intenta descubrir como estan os seus sentimentos hacia ela ...
Dende a primeira vez que a viu, quedou envelesado. Como non facelo?
Ela era unha das moitas top-models que aparecen da nada para combertirse en flamante estrelas.El era un máis que prometedor periodista. Nos seus planes non estaba deixar o seu soño e moito menos quedarse semellante estrela para el só.
Un libriño que volvo a repetir, gustoume moitisimo.
PD:Se queres saber algo máis do autor.
Subscrever:
Mensagens (Atom)








