Mostrar mensagens com a etiqueta 25 N. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta 25 N. Mostrar todas as mensagens

2011/12/15

O diario violeta de Carlota

Por que non poñer una marca violeta na nosa vida?
De novo volvemos as andadas ca violencia de xénero, a simple vista pensaredes que é un libro deses que empezan a falar e falar contando todo sobre a violencia de xénero pero... non, non é o caso, non se trata dun deses libros "tostón" ou "coñazo" , trátase dun libro entretido que transcorre nun período dun ano apróximadamente e relata as cousas cotías diarias das nosas vidas pero visto dende a mente duhna nena de máis ou menos a nosa idade.

Pensades que a violencia está relacionada só cos golpes? Que cada vez que se fala deste tema dinse cousas feministas? Non sei, eso é cousa de cada un de vós, eu o único que vos podo asegurar é que este libro sacaravos de dudas, a parte de que aprenderedes moito con el e descubriredes que a violencia non so é física.

Non vos vou dicir de que vai o libro porque, xa o dixen fala da violencia visto desde os ollos duha nena da nosa idade a que lle di a súa avóa que porque non intenta poñerse unhas lentes violetas e mira a vida dende outro punto de vista. Desta forma e pouco a pouco vai dándose conta de que as cousas máis simples que poden existir van relacionadas ca discriminación maioritariamente cara as mulleres.

Espero que aqueles que o decidades ler o disfrutedes é os demáis, alá vós!

Para os que vos interese deíxovos o blog da autora (Gemma Lienas) que como podedes ver é moi moderna. Que máis queredes que conte se como quen di... vale máis unha imaxe que mil palabras, quero dicir, que vendo como é a autora nin vos podedes imaxinar o que está recollido no libro. A parte de que ten unha forma magnífica de escribir que se entende rapidamente.

Bueno os que mais me coñecedes xa sabedes que non so gústame este libro se non que mais ou menos gústanme todos os de este tipo de coleción.

2011/11/28

CONTRA O MALTRATO, XUNTOS PODEMOS

Únete a esta loita contra o maltrato, porque estou segura de que algún día, todos xuntos, lograremos acadar a esperada igualdade de xénero. O número de mortes é moi alto e non se pode pasar por alto un dato así, asique, A QUE ESPERAS? Ti podes axudar, cada persoa conta e, en casos coma estes é preciso estar todos xuntos para logralo, non permitas que esta historia teña un final triste porque podes axudar para evitalo. Le esto e pásao, pásao por onde sexa para que máis xente se decate.
informa-infórmate-infórmame-infórmanos! 
Axudémolas, nunca se sabe, pode que algún día che pase a ti, e nese caso non queremos estar sós/as. En Facebook, en Twitter... Eu xa estou, agora faltas ti, non esperes.
 CONTRA O MALTRATO, XUNTOS PODEMOS!

2011/11/27

BELEZA POR DENTRO E POR FORA


Hoxe día existen moitos tipos de xogos tanto como para xogar en grupo, individual, para homes, mulleres, nenos, etc...
Dende pequenos, a gran maioría dos nenos utilizan xogos relacionados con guerras, debates, enfrentamentos, e demais, mentres que as nenas xogan con bonecos, carriños de limpeza, maquillaxe...
a razón? os estereotipos (asociarlle algo a alguén ou algo).

Por que os homes teñen papeis de fortes e mentres as mulleres son relacionadas ca limpeza e o coidado dos seus fillos? Non é que todos somos iguais? Somos o xoguete dos homes?...
 
Son estas, e moitas preguntas máis que día a día xorden no mundo no que vivimos e son poucas as persoas capaces de contestalas. No que va de ano xa son máis de 60 as victimas que sofren as agresións por parte dos homes ata o punto de chegar a atoparse ca morte. Por que non paralizalos a tempo? Por que ter vergoña para que os demais non se enteren? Se sofres maltratos por parte da túa parella ou dalgunha outra persoa chama o 016 (teléfono contra o maltrato, dispón do servicio de máis de 51 linguas para poder axudarche)
Isasaweis é unha rapaza asturiana que se adica a colgar videos en YouTube sobre maquillaxe ou receitas de cocina, ademáis de dar clases de informática ou inglés para adolescentes. Nun dos seus últimos videos que montou decidiu adicalo a como poder tapar os moratóns e aquí os resultados :
http://www.youtube.com/user/isasaweisEspero que o vexades e recapacitedes.
NON O OCULTES! SE TE SINTES MALTRATAD@ AVISA QUE SEGURO QUE ESTÁS A TEMPO!Non penses que a violencia é xo física, pode ser verbal, psíquica...

TEMOS QUE ACABAR CON ESTO XA!
NON ES MENOS QUE EL!
NON É MÁIS CA TI!


Loita contra o maltrato, non loites pola dor!

DI NON A O MALTRATO (en construción)

Definición máis aceptada de violencia de xénero foi proposto pola ONU en 1995: calquera acto de violencia que resulta dano posible ou real sexistal físico, sexual ou psicolóxica, incluíndoameazas, coacción, privación de liberdade.



E isto ocorelle a miles de adolescentes,que sen darse conta caen no maltrato piscologico por culpa das suas parellas.Deixanse pisotear como si fosen xoguetes.Pois non iso deve cambiar temos que ter o valor e a forza de volunttade para pararlle os pes a nosa parella.

Esta canción representa o que paso unha muller cando esta sendo maltratada,mostra a su dor o que sofren por culpa do seu marido.
Hay miles de rapazas de mulleres que mortas ou desaperecidas por culpa do maltrato no ano 2010 morreron 85 mulleres,nesta paxina encontraras os nomes das mullere que foron asesinadas esta ano. ibasque.com/mujeres-muertas-en-espana-por-violencia-machista...eu digole as muller que sufren un maltrato.

Non nin unha máis,non te deixes HUMILLAR abandonao,
deixao que se pudra en soedade,
Ven,sal de ahí,date unha oportunidade
rompe dunha vez as cadeas,vovle a liberdade.
DI NON A MALTRATO DE XENERO.


Aí un libro que fala e conta sobre o maltrato,un libro que eu recomendo a todo o mundo por que así daste conta do que elas chegan a pasar. O libro chamase O inferno de Marta de Pasqual Alapont.

COSMÉTICA E COMPLEMENTOS


2011/11/26

RECEITA DE AMOR


FORON FELICES....


FALA - DENUNCIA - ÁCTUA

Nas noticias son números.
               
                      Na súa familia é unha traxedia.
                               
                                            En nos é unha razón para actuar.

Ela debe saber que  non esta soa.                        
  O QUE MAIS DOE NON SON OS GOLPES

PREME  

STOP

25 N é so unha fecha como o dia dun novo ano. 

Para moitas mulleres un novo ano so é a continuidade do dolor. Como en todas as familias brindase. As propostas que nos facemos para empezar a nova época son para mellorar, somos humanos e temos a necesidade de tirar para delante. 

Non so é un día, son 365 días para mellorar e loitar contra os obstáculos que se nos pon diante.

Not violence against women.


FAMOSOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Non máis dor!

Onte celebramos o 25-N, o día Internacional contra a Violencia. Pero esto non só esta presente ese día se non todos. Esta nas nosas mans cambiar iso. A violencia de xénero non son só moratons, tamén é exclusion social, dano psicolóxico...As violencias son moi diversas: física, psicolóxica, sexual e económica.
Os golpes non son o único que doe.
A violencia de xenero non só pode ser a que un home faille a súa parexa, se non tamen a súa filla, irmá, amiga...
Doe saber que despois de moitos anos non cambiemos esta forma de pensar dunha vez. En todos os paises, a todas horas, incluso neste momento no que estas a leer isto, unha muller esta a sufrir malostratos.
Non nos podemos autoenganar por medo ou polo que sentimos, temos que abrir os ollos. Un home que te quere non te pode facer chorar de dor. Denuncia!
Moitos sitios loitan pola situacion da muller, un exemplo é FMP (Federación de Mujeres Progesistas) unha organización non gubernamental que promoven o cambio das estructuras socias, económicas e culturales para promover a igualdade da muller.



Este video conten imaxes moi fortes, imaxes da situacion de mulleres en Pakistán, país no que a muller ten poucos dereitos e o home esta por riba dela, e esto son os exemplos de ata onde chegamos. REPITO SON IMAXES MOI DURAS.




Música 1, 2, 3

LINGUAXE SEXISTA

INCRIBLE

2011/11/24


DI NON - UNETE ~

Este venres, 25 de novembro, é o día mundial 
contra a violencia de xénero.

A razón de que se celebre xusto ese día é a primeira asemblea recoñecida en América Latina. O primeiro encontro no que grupos de mulleres denunciaban as súas agresións (físicas, psicolóxicas, sexuais ...) Co recordo moi presente das irmans Mirabal, asasinadas un 25 de novembro de 1960 na República Dominicana, onde son máis ca un mito.

O maltrato pode estar en calquera parte.
Se cres que sabes dalgún caso ou o estas sufrindo,    BUSCA AXUDA, SAE DE ALÍ. 
Porque quen o fixo unha vez, farao dúas.

Un maltratador pode ser calquera (un pai, un marido, un fillo ...) Ás veces será alguen ao que queres moito, ou alguén que cre ser máis ca ti. Farache crer que non vales nada, que a culpa é túa e un montón de mentiras máis que ti creras só porque o queres ou porque lle tes medo. 
E tente tan machacada que non ves se non é polos seus ollos.
Ningún ser humano ten ese dereito, ningunha persoa pode facer que outra se sinta inferior.
Nin el, nin ninguén son quen de decirte qué tes que facer,cando e como. 
É a TUA VIDA, só TÚA.

Se pensas o mesmo ca min, se che parece a maior inxustiza do mundo meterse cunha muller só por cresrse máis forte DI NON, UNETE!

Temos que cambiar a mentalidade, en pleno século XXI é unha animalada que unha de cada dez mulleres sexan maltratadas, xeralmente polos seus homes.

Grazas a este tipo de movementos, campañas, 
 asociacións e persoas que se preocupan, 
cada vez quedarán menos mulleres que se asustan cando oen as chaves na porta, menos mulleres que non saen da casa por medo a que cando cheguen este el esperándoas.


APOIEMOLAS TOD@S ESTE VENRES, 25 DE NOVEMBRO!

ACUDE Á CONCENTRACIÓN








PROPIEDADE PRIVADA


Nesta curtametraxe abórdase a violencia que poden sufrir as mulleres na súa vida cotiá nas súas relacións afectivas e como a tolerancia da contorna non axuda a atopar unha saída. 
A verdadeira situación que vive Marta, a protagonista, na intimidade do seu fogar, non se reflexa na posición social que ten nin na amabilidade de Carlos coa familia e as amistades da parella. 
Marta vese fechada nunca dinámica de sometemento, control e continuas agresións físicas e psicolóxicas por parte do seu compañeiro.