Mostrar mensagens com a etiqueta Julio. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Julio. Mostrar todas as mensagens

2012/06/18

                                         O DEPORTE GALEGO 
Este ano foi moi positivo para a nosa comunidade autónoma xa que se lograron acadar moitos obxectivos. Un exemplo claro témolo no balonmán. O Octavio de Vigo conseguiu salvarse na penúltima xornada e clasificarse para a copa do rei. O equipo vigués considera a tempada como moi boa xa que xogadores importantes do equipo sufriron lesións que condicionaron moito ao conxunto vigués, tamén hai que comentar que a primeira división de balonmán ten moito nivel.
Por outra banda, está o baloncesto, o Obradoiro de Santiago tamén conseguiu salvarse na penúltima xornada tras gañar por 76-62 ao Valencia Basket. Polo tanto seguirá un ano máis na liga Endesa, é dicir, na primeira división do baloncesto español.
Pero eu penso que na disciplina do fútbol foi donde máis destacamos. Os dous mellores equipos galegos ascenderon á máxima categoría, á primeira división.
O Real Club Deportivo De La Coruña quedou campeón da segunda división, e polo tanto ascendeu directo. Compre destacar que conseguiu o record de puntos de esta liga, pero con poucos canteiráns nas súas filas. Eu penso que teñen que apostar máis pola canteira xa que Juan Domínguez e Alex Bergantiños, ambos os dous da canteira, son dous piares importantes do equipo da Coruña. Eso si, en canto á afición non hai queixa porque na miña opinión é a mellor de toda España.
Doutra banda, o Real Club Celta De Vigo tamén conseguiu o billete directo para ascender á primeira división española despois dunha gran loita durante todo o ano contra o Valladolid. Esto ten moito mérito porque na súa plantilla militan 9 xogadores da canteira, e todos moi importantes para o equipo. Ao contrario ca o Depor, a afición do celta é moi pobre xa que no estadio hai unha lona que cobre un montón de asentos, e aínda así Balaídos nunca se chea, por eso recibe motes tan graciosos como Lonaídos.
Por último, hai que mencionar ao Club Depotivo Lugo xa que pode lograr o ascenso á segunda división. O equipo lucense xogará a última fase contra o Cádiz. Será un partido moi bonito que enfrontará a dous xogadores que militaron no Real Club Depotivo De La Coruña B , Dioni e Diego Rivas. Todos esperamos que o porteiro do Lugo Diego Rivas gañe o do para que o equipo de Lugo consiga ascender.

2012/05/07

                       OLLOS DE AUGA


Nunha torre residencial xunto á praia, un raparigo saxofonista de ollos claros, Lois Reigosa, apareceu asesinado cunha crueldade que en principio apunta a Dimas, o seu doutor, como asasino. Sen embargo, esto no é así e a casa, limpa de pisadas, non mostra máis que partituras ordenadas nos estantes, saxofóns colgados nas paredes e o libro dun gran filósofo do século XX enriba da mesa de noite.

Leo Caldas, o solitario inspector de policía que compaxina o seu traballo na comisaría cun consultorio radiofónico, farase cargo dunha investigación que o levará a lugares como tabernas e clubes de jazz. Rafael Estévez, un aragonés, é o seu novo axudante. Demasiado impetuoso para una Galicia irónica e ambigua, na que todo se insinúa pero nada realmente se di, e para o investigador Leo.

A verdade acaba saíndo á luz cando Caldas e Estévez encontran morto a Orestes, pinchadiscos dun pub de homosexuais, con fotos de Lois e Dimas. Os investigadores danse conta de que Orestes chantaxeabaos con estas fotos. Máis tarde, Leo descobre que a muller do doutor, qe se sentía traizoada polo seu marido, e o seu amante son os verdadeiros asasinos.



2012/02/13

            SARI , SOÑADOR DE MARES

A historia empeza cando Simbad alquílalle a casa a un primo da nai de Sari . Simbad chega moi elegante e pide un mozo para que lle faiga os recados . A nai mandalle a Sari , que lle acompaña a regatear e abrir contas cos tendeiros . Cando os mariñeiros desesperaban pola ausencia de peixe , Simbad dice que o problema é un calamar xigante , e que a solución é botar bidóns de pementa no mar para que se marche . Os peixes regresaron , polo que o patrón maior prometiulle que tendría todolos días pescado na súa porta . Sari levabao xunto ao libreiro xudío , co que botaba partidas de axedrez interminables mentres el miraba os libros nos que había tantas aventuras , que el non coñecería porque non sabía ler . Cada vez que chegaba un barco , Simbad mandaba a Sari para que investigara . Cando unha chuvia inagotable tiña a todos aburridos , Simbad contoulle a Sari que unha chuvia como aquela o librara a el unha vez dos piratas e aunque outras veces tivo que loitar con eles , nunca foi cruel como eles .

 Un día , chegou e Simbad non estaba , aunque sí os seus nove bauis que nunca abrira e as xaulas cos xilgueiros e ruiseñores . A súa nai explicoulle que fuxira polas deudas . Sari puxose triste porque Simbad convertírase no seu mellor amigo . Sari qedara durmido no patín da casa e despertouse co alguacil e varios acreedores preguntandolle por Simbad . Despois de falar con Sari , forzaron os nove bauis e non encontraron máis que area de diferentes cores . Levaron todo o que habia na casa e solo lle deixaron un estuche de Simbad a Sari , que tiña o seu nome escrito e solo contiña cortezas secas de naranxa . Sari andaba sin rumbo pola vila ata que Ismael , o libreiro , dixolle que tiña que deixar de mirar para o pasado , e deulle un pergamino cun mapa dunhas illas sen nome e unha frase escrita por Simbad : Os mares qe soñes , navegarás . Entón , Sari contou as cortezas de naranxa , eran sete , como as illas Cotovías , que Simbad , frente á incredulidade de todos , sostiña que existían pois el as vira cos seus ollos . Decidiu ir ata as illas , co mapa que lle deixara Simbad , na Preciosa , a dorna do seu pai . Levándolles as compras aos comerciantes do bazar xuntou diñeiro para a comida e para reparar a barca .

Sin despedirse , marchou ao amanecer . Despois de varios días solo , sentía a necesidade de falar con alguén , e para non enloquecer en aquel silecio azul , repetía os ventos cos qe Simbad lle contara qe loitara nas súas travesías . Ao décimo día parou o vento . Sari temiu que fora a rexión das calmas na que enloqueceran tantos mariñeiros , ao estar días sen moverse por non vir o vento . Veu xunto a el un mascato , ao que alimentou e lle contou a súa historia ata que o cuarto día unha brisa fixo andar o barco , e o mascato partiu en dirección a unha bandada de irmás qe se acercaba . Decanove días despois , coa comida e a auga baixo mínimos e o corpo ferido na loita contra as correntes mariñas , e despois de abrirse camiño entre miles de serpes que andaban no mar , un tifón fixo volcar a dorna , que caeu pola cascada do límite do mar . Desmallouse e despertou cando a tormenta desaparecera ,  nunha das illas Cotovías . Na playa , con dous moros e perros con dous rabos , estaba Simbad . Estivo uns días co vello amigo , pero logo dirixiuse a mar aberto onde esperaban por el máis travesías e aventuras .

2012/01/16

A ANIMACIÓN GALEGA DESPUNTA NOS PREMIOS GOYA

A gala dos Goya celebrarase o vindeiro 19 de febreiro , onde Luís Tosar opta á súa cuarta estatuíña con Mentres Durmes , producida por Fílmax . Os premios máis destacados do audiovisual estatal teñen unha cita anterior , a do 28 de xaneiro , onde se entregará o Goya de Honor á cineasta Josefa Molina , no marco da habitual recepción que tera lugar na Real Casa de Correos , sede da Comunidade de Madrid .

A XXVI edición dos Goya ten entre os seus finalistas tres títulos galegos deste xénero : un na categoría de curtametraxe , Birdboy (que tamén foi preseleccionado para os Óscars) e dous títulos na de longametraxe deste xénero (Engurras e O mago dubidoso) . Os grandes favoritos desta edición son a última producción de Pedro Almodóvar , rodada en Galicia , La piel que habito con 16 candidaturas ; No habrá paz para los malvados con 14 ; a coprodución de Benito Zambrano opta a 9 premios .

A diversidade marca a presenza galega nos finalistas aos Goya deste ano . Buried filme dirixido ourensán Rodrigo Cortés é un dos catro filmes que optan a un Goya á mellor película deste ano nos premios que concede a Academia do Cine española . Cortés está nominado ademais á mellor dirección , mellor montaxe e mellor canción orixinal . Luís Tosar compite na categoría de actor protagonista polo seu traballo en También la lluvia . Pola súa banda , A tropa de trapo competirá na categoría de mellor filme de animación , mentres Vicenta pode levar o premio a mellor curtametraxe de animación . Ademais , a produción Chico e Rica , realizada polo Estudio Mariscal , conta co traballo do debuxante galego Alberto Guitián .

2011/11/19

              ALEXANDRE DE FISTERRA 

Naceu en Fisterra ( Costa da Morte) . Despois de un tempo foi a A Coruña e máis tarde a Madrid . Alí traballou corrixindo deberes aos parvulos , na construcción e como bailarín de claqué . Quedou sepultado nun dos bombardeos de Madrid durante a Guerra civil española . Foi curado en Monserrat , alí coñeceu nenos que non podían xogar ao fútbol , entón pensou no futbolín inspirándose no tenis de mesa .

Patentou a invención en Barcelona . Máis tarde iríase a Francia e logo a Guatemala , onde despóis de mellorar o futbolín , comenzou a fabricalos facendo un bo negocio . Chegou a xogar partidas contra o Che Guevara . Axentes especiais españois envarcárono nun avión en dirección a España . No avión , fixo unha bomba de mentira con xabón envolto en papel de aluminio . Fixo desviar o avión a Panamá . Despois de un tempo , regresou a España e veu que o futbolín estendérase. Residiu en Aranda de Duero , Máis tarde iríase a Zamora , onde morreu finalmente .

Algunhas das curiosidades de Alexandre de Fisterra eran : Estaba casado coa cantante lírica María Herrero , malia toda a gran cantidade de facetas , Alexandre dicía que a súa vocación frustrada era ser arquitecto .

2011/11/02

FLANAGAN BLUES BAND

O protagonista é Flanagan , un rapaz que coñece a un detective privado chamado Oriol Lahoz . Un día , Oriol pidelle que recolla o seu coche nunha plaza cercana xa que él non pode facelo porque anda metido nun asunto de faldas . Cando Flanagan disponse a conducir o vehículo hasta o seu bar , comenzan a seguirlle varios coches da policía . Logra chegar ao punto de encontro con Oriol e este marchase no coche , pero pronto é atrapado pola policía . Flanagan empeza a investigar , e descubre que o párroco da iglesia do barrio foi asesinado e que o principal sospeitoso é Lahoz . Flanagan fala coa muller que acusa a Oriol , e lle informa de que o cura asesinado intentaba facer algún tipo de negocio cun anticuario e perista de dudosa reputación . Sigue esta pista con axuda de Blanca , que debería ligarse ao axudante do anticuario para sacarlle toda a información que poida . En esas encontrase Flanagan , cando aparece Martina . Pidelle axuda para liberar ao detective . Flanagan acepta , pero antes ela debe axudarlle co caso do Pingüín Fedorento . Tras realizar este encargito , Flanagan vese metido nunha trampa de Martina para que lle dixese onde están as xoias . Esas xoias das que fala son da muller do dono da antigua Textil . Flanagan volvese a aliar con Martina para axudar a Oriol , pois teñen claro que él non asesinou ao cura e que as xoias deben estar en poder do anticuario . Para chegar a elas preparan un falso concerto xunto a Charcheneguer , Vanesa e Blanca , que acaba de forma violenta , pero que lle leva a descubrir o asesino do párroco , a encontrar as xoias e a liberar a Oriol de toda culpa .

2011/10/11

                     SAN FROILÁN 2011:

Programación do Mércores 5 de outubro:

- 11:00 :Música na Rúa da Raíña con Cé Orquesta Pantasma .
- 11:30 :Gostoso Pa na Rúa San Marcos e proximidades zancudos e percusionistas .
- 12:00 :Pasarrúas no Barrio da Cheda e recinto histórico , Música tradicional galega a cargo do grupo Os Trastiños de Castelo .
- 12:00 :Ofrenda da Corporación a San Froilán na Catedral de Lugo .
- 12:30 :Música no Templete da praza Maior , Concerto da Banda Municipal de Lugo .
- 12:30 :Compañía Malabaranda na Carpa situada nos xardíns da Deputación con Resi dúo .
- 12:45 :Os Pelúdez entre nós na Rúa da Raíña , praza Maior e recinto feiral .
- 17:00 :Gostoso Pa na Rúa San Marcos e proximidades zancudos e percusionistas .
- 17:30 :Teatro nas portas da murallan na Porta Bispo Aguirre , Parápono Teatro : Unha nova porta .
- 17:30 :Música na Rúa da Raíña con Cé Orquesta Pantasma .
- 18:00 :Compañía Malabaranda na Carpa situada nos xardíns da Deputación con Resi dúo .
- 19:00 :Pasarrúas no Barrio da Fonte dos Ranchos e recinto histórico , Música tradicional galega a cargo do grupo A Volta do Agro .
- 19:15 :Concerto Os Pinchacarneiros na Praza de Santa María , Folk - Lugo .
- 19:30 :Animación de rúa no Recinto histórico A cargo do grupo Pelepau .
- 20:15 :Concerto de X.M.Budiño e Kepa Junquera na Praza de Santa María .
- 21:00 :Concerto de Luz Casal e David de Salgado no Pavillón Municipal dos Deportes .
- 21:00 :Actuación do Mago Teto na Praza do Campo Castelo .
- 22:00 :Concerto de Xenro na Praza Horta do Seminario , Indie/rock - Lugo .
- 22:45 :Concerto de El Pescao na Praza Horta do Seminario .
- 23:00 : Verbena na Praza Maior a cargo da orquesta Trovadores .

2011/10/03


                                      MARAVILLOSOS VIAXES

Todo empezou cando estaba no aerodromo , tiña que coller un voo con destino a Madrid . A miña única bagaxe era un macuto . Durante a viaxe non fixemos ningunha escala . Ao chegar á capital de España fun dar unha volta e vin dous hostales , un gran hotel e unhas cantas fondas . Decidín quedarme no gran hotel que se chamaba Julio como o meu nome . Tras pasar varios días na cidade e visitar gran parte do lugar ,  regresei ao meu fogar para facer un cruceiro moi emocionante . No cruceiro coñecín a un romeiro moi simpático que me estivo contando historias a todas horas . Quedeime abraiado polas tantas cousas que vin : había pistas de tenis , canchas de baloncesto , alugueres de bicicletas , piscinas e moitas máis cousas . Tiña un itinerario planeado pero a verdade é que non lle fixen moito caso . Pasei una boa semana e fixen infinidade de cousas que me gustaron moito . Esto chegou ao seu fin un quince de agosto cando arribei no peirao que fixeran fai cinco meses no meu pobo chamado Burela . Estiven varios dias na miña casa coa familia ata que regresei á residencia de A Coruña .