![]()
O Festival de Cans é unha cita alternativa e divertida coas mellores curtametraxes galegas. Ao mesmo tempo, é algo máis que un festival de curtas: aquí hai estreas de documentais e longametraxes, coloquios con cineastas e presentacións audiovisuais, pero tamén hai concertos, un concurso de videoclips, desfiles de chimpíns, senderísmo e todo tipo de actividades que se espallan por toda a parroquia de Cans, no concello do Porriño.
Pois todo este rollo do festival de Cans, vén doutro festival súper glamuroso, o de Cannes en Francia, xa que, despois de que varias anos de facer as bromiñas co nome, coas axudas do guionista Alfonso Pato se celebrou a primeira gala do festival no ano 2004, obtendo éxito tras éxito ata chegar este ano, onde cada vez mais se lle vai dando máis importancia sobre todo para á popularización das obras cinematográficas galegas.
Pero como nunha pequena aldea se vai facer un festival, onde necesitas salas de proxección, audiovisuais, tarimas, teatros, pavillons,etc. Pois a solucións dos veciños foi...
Mostrar mensagens com a etiqueta DaríoG. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta DaríoG. Mostrar todas as mensagens
2012/06/16
O Festival de Cans
2012/05/24
2012/05/14
GAME OVER
Esta
A verdade é que a historia dá moitas voltas sendo o suspense o único que sobe niveis sen parar, aparecen matóns de Europa do leste, impresionantes fortunas, cartas misteriosas, ameazas de asasinato, unha sogra pesada, isto e moitísimas cousas máis.
Facédeme caso, se queredes pasar un bo rato nas paradas do bus ou cando esperas pola quenda no medico, éche unha excelente elección.
2012/03/19
A RUPTURA CO TRADICIONAL

Dende os comezos, o ser humano tratou nas súas pinturas asemellarse o máis posible á realidade, dende as pinturas rupestres da cova de Altamira, pasando pola Gioconda, ata as esculturas góticas que adornan moitas das catedrais do noso país. Pero... cando se comezou a buscar outras maneiras de representar a realidade? Quen foi o primeiro en facelo? Pois todo isto comeza a principios do século XX.
Todo comezou en Francia, cando certos artistas empezaron a pasar da perspectiva para representar as cousas desde varios puntos de vista, xuntando os planos horizontal e vertical, ou o plano de fronte co de perfil, empezábase a representar o Cubismo. Como dicía Picasso: "Eu pinto os obxectos como penso que son, non como os vexo" esa maneira de pensar revolucionou o mundo, a xente empezou debuxar, esculpir, escribir, para que os espectadores puidesen reconstruíla obra e darlle diferentes interpretacións e non só se quedasen contemplándoa sen mais.
A partir de este punto na historia comezaron a aparecer distintas Vangardas, Surrealismo, Dadaísmo, Futurismo, Existencialismo... pero todos posuían en común construír unha nova maneira de arte, e expresarse de maneira máis libre.
2012/02/24
Galiza Bravú
Foi un movemento musical galego que comezou nos anos 90, Galicia era gobernada por un partido de dereitas, un partido conservador. No panorama musical todo viña de América ou Inglaterra, na Coruña o único rock ou punk que se escoitaba viña de fora de Galiza.
Esta situación deu lugar a numerosos grupos de punk galegos que buscaban ter unha personalidade propia, dicindo: Tamén se fai musica neste currunchiño do mundo ! reivindicando a súa terra e cantando no idioma que lles ensinaron os seus pais, facendo a sua propia música. Foi tal este movemento que naceron moitísimos grupos por toda Galicia: Os Skornabois, Os Inpresentables, Os Diplomáticos, Os Papaqueixos, etc. Moitos non tiñan parecido no tipo de música pero a maioría falaba do que lles pasaba, que lles preocupaba, como se sentían, en que crían...
Ata agora ningún destes grupos coñecíanse ben entre eles a si que un dia xuntáronse en Chantada, e puxéronse o nome de Bravú, o cal lle deu mais forza para expandirese, tiveron moitísimo éxito pero nunca chegaron a ter discos propios nin fama multitudinaria, xa que en Galicia non había empresas discográficas e a radio a televisión non estaban moi da cordo cos temas que falaban.
Ao final o movemento Bravú rematou xa que tiñan bastantes retractores e a xente comezou a ter outros gustos musicais.
2012/01/28
Peaxes de Santiago Lopo
Algunha vez pensaches como é o traballo da persoa que cobra nas peaxes ? Que fai cando ninguén pasa pola súa cabina? Pois este libro conta a maneira tan divertida que ten un cobrador para pasalo tempo. Esta persoa, que non nos din o seu nome, escribe historias da xente que pasan a diario: A teoría dun traficante con contas pendentes, o amor da súa vida, o conflito dunha parella na relación.... pero pouco a pouco vai coñecendo mellor a os personaxes e resulta que a súa imaxinación non estaba moi afastada da realidade...Para min foi un libro moi fácil de ler e moi entretido, xa que pasan polo camiño innumerables vehículos estraños, e sempre din que canción anda a escoitar o condutor. Encantoume a actitude prexuiciosa que demostra con cada un dos que pasan fronte a súa cabina e o mellor sen dúbida foi o final, no que cumpre por fin o seu soño.
2012/01/26
As grandes ditaduras
Agora que estamos a falar da ditadura en España, investiguei e coñecín outros réximes similares en países moi importantes, todas tiñan en común a gran represión por parte do exército, que limitaban os dereitos individuáis dos cidadáns, e así a persoa que esté no poder poda ter controada a poboación, retrasando a cultara e mais a economia.
Vou empezar por unha das mais coñecidas da historia, é a protagonista na II Guerra Mundial, O tercer Reich. A ditadura nazi tivo moita influencia en Europa xa que intentaba expallarse e derrotar a seu principal obxetivo: os xudeus, caso similar a necesidade de Franco por acabar cos "roxos".
Outra ditadura, esta vez actual é a de Corea do Norte,
Na actualidade de Europa non parece que vaia a xurdir ningún destes casos, pero calquer político poderia, aproveitando este fraxil estado da economia, en proclamarse Xefe totalitario dun pais, ou non?
2012/01/25
Marcela e Elisa
Pareceume unha exposición bastante interesante, xa que a importancia que lle deron os medios daquela época foi extraordinaria, e máis o que tiveron que facer para que non as recoñecesen: disfrazarse, mudarse:pareceume un acto de moita valentía. Creo que foi unha desas historias que axudan a xente a reflexionar sobre os erros que se cometeron antes e os que debemos solucionar, xa que todos somos iguais e que non se pode tratar peor a xente por ter gustos sexuais diferentes a maioría.
Aquí vos deixo a súa boda.
2012/01/21
ENSAIANDO FERRAMENTAS
Fixen esta entrada con Glogster unha rede social na que fas os teus posters dixitais e amosalos a todos os teus amigo via twitter, facebook, blogues ou correo electronico.
Ao principio custoume un pouquiño por que non sabia como funcionaba e era moi dificil atopar boa información para os enlaces , pero ao cabo de 15 minutos, afasche e todo comeza a sair ben.
Un das cousas que mas me gustou de Glogster é que podes buscar as imaxes tanto de google como de facebook, que facilita o rollo que é buscalas imaxes e copialas ou descargalas.
Espero que probedes esta maneira tan divertida de comunicarvos na rede.
Recoméndovolo
2011/12/13
¡ Viva el Sancris !
![]()
O San Cristobal das Viñas é un club de futbol coruñés, que posúe no seu plantel, gran cantidade de xogadores de Elviña, o que quere dicir que moitos deles estudan no instituto. Este club está a ter unha enorme evolución ao largo destes anos, onde pasasou de ser un club medianamente humilde a ter equipos en divisions autonómicas, como é o caso do equipo infantil (12-13 anos).
Fundouse no ano 1983, o pioneiro desta entidade foi Manuel Pereira Seoane e na galería de ilustres xogadores,convén destacar a Braulio, que chegou a enfundarse a camiseta blanquiazul nun partido oficial da Copa da UEFA. Actualmente o seu presidente é Francisco Manuel Ramos Pérez.
Darío González.
Pabellón C.F.
Foi fundado en 1924, formado polo Concello de Ourense para cos chavales poidesen disfrutar do futbol . Actualmente conta cun equipo nas máximas ligas inferiores, e dous xogadores na segunda división española; ambos no Deportivo ( Seoane e Borja). Non posee equipo modesto, pero moitos dos seus xogados terminan no Ourense C.F. ou nas ligas limitantes, xa que posee un dos plantéis mais prometedores de Galicia e do que se aproveitan tanto o Deportivo da Coruña como o Celta de Vigo.
O campo onde xogan chamase Miguel Anxel, xogador que militou no Real Madrid e na selección española.
2011/11/29
2011/11/24
O Misterio do Grial
É un pequeno libro que garda un gran misterio: a desaparición dun Grial, o mesmo que foi protagonista da odisea do Rei Arturo, e que agora poderedes vivir ao detalle, da man de Suso Espada, un detective galego con moita intuición, que ten que facerse cargo do caso, pola ausencia do seu xefe. Na carreira por resolvelo, Suso Espada vai coñecendo varios personaxes entre eles, unha estudante, que lle axuda a sobrepoñerse a os problemas e seguir adiante, aunque despois a historia cambia un pouquiño...
Volo recomendo, xa que describe fermosos rincons do Courel, inpresionantes igrexias do Camiño de Santiago e apaixonantes relatos de cabaleiros medievais...
2011/11/17
Angry Birds
É o xogo máis popular para móbiles este ano, o máis vendido, e para min ¡o mais divertido !
O xogador controla unha bandada de paxaros a os que lanza cun tiracroios, para destruir as diferentes estruturas e recuperalos ovos que lles foron roubados por uns cerdos piratas. Vas pasando niveis pouco a pouco, e cada vez vai sendo mais dificil.
Podes disfrutar de infinidade de niveis e desbloquear novos paxaros, poderes e lugares.
O xogador controla unha bandada de paxaros a os que lanza cun tiracroios, para destruir as diferentes estruturas e recuperalos ovos que lles foron roubados por uns cerdos piratas. Vas pasando niveis pouco a pouco, e cada vez vai sendo mais dificil.
Podes disfrutar de infinidade de niveis e desbloquear novos paxaros, poderes e lugares.
Eu ando a xogar nos buses, cando espero a alguén, ou a veces na casa cando non teño nada que facer, se vos gusta a idea o podedes descargar gratis na tenda on-line de Google Chrome.
Subscrever:
Mensagens (Atom)




