Este venres como todos sabedes remata o curso, un curso que non sei a vós, pero a min fíxoseme duro de ca...llo, aínda que cunha clase como a que teño todo se fixo mais livián.
Remata un curso no que tivemos centos de excursións, moitas actividades, e proxectos, como o de Radio Elviña que segue a dar guerra.
Pola miña parte, dicirvos que foi un auténtico pracer, coñecín a xente que xuraría que era peor do que parecía e resulta que estaba mais equivocado que Rajoy cos recortes en educación e sanidade, tamén me gustaría darvos as grazas por axudar, non só a min, se non a todo aquel que o precisaba.Bueno, non sigo que se non non paro, se vos sona a despedida estades no certo, é moi probable que o ano que ven non oiades o nome de Paco con tanta frecuencia como este, pero cada un debe seguir o seu camiño e pretender conseguir o que quere.
Grazas por lerme e como dixo Doc Brown de Regreso ao Futuro:
''Vémonos no Futuro''
Mostrar mensagens com a etiqueta Francisco. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Francisco. Mostrar todas as mensagens
2012/06/20
Acabouse o que se daba.
2012/06/19
Rally de Narón, rally de polémica.
O Rally "Cidade de Narón 2012" na súa vixésima quinta edición concluíu con vitoria de Luís Vilariño aos mandos do seu Mittsubishi Lancer Evo X, moito máis eficiente en auga que o Porsche 911 GT3 de Ivan Ares que aguantou o líderato durante unha parte do Rally, pero non puido facer nada para aguantar o ataque de Vilariño.
A xornada comezara co liderado de Pedro Burgo (Ford Focus WRC), que se retirou no quinto tramo a causa dunha saída de pista. A continuación, fíxose co mando da carreira Iván Ares (Porsche 911 GT3), e finalmente logrou o liderado de forma definitiva Luís Vilariño (Mittsubishi Lancer Evo X).
Luís Vilariño, piloto da Escuadra Lalín-Deza, co seu Mitsubishi Lancer Evo X, mantívose ben situado pola mañá e marcou o mellor tempo en cinco dos seis tramos da tarde. Chegou ao último treito con case 45 segundos de vantaxe sobre Iván Ares, e 51 sobre Alberto Meira (Mitsubishi Lancer Evo X), e evitou riscos levantando o pé. Ao final, venceu na proba puntuable para o Galego con 44 segundos de marxe sobre Ares, vixente campión galego, e 48 sobre Meira.
A Polémica:
2012/06/13
2012/06/04
Video feito en informática.
Aqui vos deixo o vídeo que fixemos eu e Darío na clase de informática, as fotos son da 1º Festa do motor interparroquial que tivo lugar en Cacheiras, ao ladiño do meu pobo, por iso puiden ir botar unha ollada e unhas fotos.O máis sorprendente da festa é que estivo organizada, entre outros, polo cura, un rapaz novo ao que lle gustan moito os coches e por iso montou a festa, co permiso do Arcebispo de Santiago, claro está. Bueno, ai o deixo; que vos parece?
2012/06/01
Xa está aqui o Barricas folk rock!!
Como ben di a súa paxina, xa quedan menos de sete dias para poder disfrutar de boa musica da nosa terra, e este ano poderemos disfrutar de diversos grupos de Rock e Folk no Concello de Ames onde se organiza o festival. Este ano será Milladoiro a cidade que acollerá os días 8 e 9 de xuño un maratón de música en vivo e en directo no segundo Barricas Folk Rock Festival un dos mellores festivais en Galicia en 2012
O Venres 8 xuño é o Día do folk coa actuación de Berrogüetto, o gaiteiro moañés Anxo Lorenzo, Manolo Tena e a Banda de Nash, Coanhadeira, Abóbriga, Maghúa, Maianas ou Doutor Snob entre outros; e o Sábado 9 de xuño Día do Rock coa actuación estelar dos Suaves que repasarán os seus éxitos sobre o escenario de Milladoiro e ademais, entre outros, o ex Sinistro Total, Miguel Costas, Brothers in Band, dos que xa vos falei, os ferroláns Riff Raff ou os santiagueses Medomeda.
Na súa web www.barricasfolkrock.com cóntannos moitas máis cousas como os servizos previstos:
+ZONA DE ACAMPADA, GRATIS E VIXIADA
+BARRAS E BOCATERÍAS, CON PREZOS POPULARES!!!
+ACCESO MINUSVÁLIDOS
+GARDARÍA GRATUÍTA, CON LOCAL REAL ACONDICIONADO
+POSTOS DE ARTESANÍA
+PULPERÍA CHURRASQUERÍA
+ZONA LECER CON ATRACCIÓNS
Esquecíame de dicir que tódolos beneficios deste Festival, unha vez pago ou seu custe, serán destinados e repartidos as persoas máis necesitadas do Concello de Ames mediante bonos para consumir en supermercados, clínicas dentais, etc... A repartición levarase a cabo coa colaboración do Voluntariado do Concello de Ames.
Eu seguro que vou, aínda que só séa por ver os Brothers in Band.
PD:
Prezos entradas:
Abono 1 dia de festival: 15 Euros
Abono 2 dias de festival: 25 Euros
O Venres 8 xuño é o Día do folk coa actuación de Berrogüetto, o gaiteiro moañés Anxo Lorenzo, Manolo Tena e a Banda de Nash, Coanhadeira, Abóbriga, Maghúa, Maianas ou Doutor Snob entre outros; e o Sábado 9 de xuño Día do Rock coa actuación estelar dos Suaves que repasarán os seus éxitos sobre o escenario de Milladoiro e ademais, entre outros, o ex Sinistro Total, Miguel Costas, Brothers in Band, dos que xa vos falei, os ferroláns Riff Raff ou os santiagueses Medomeda.
Na súa web www.barricasfolkrock.com cóntannos moitas máis cousas como os servizos previstos:
+ZONA DE ACAMPADA, GRATIS E VIXIADA
+BARRAS E BOCATERÍAS, CON PREZOS POPULARES!!!
+ACCESO MINUSVÁLIDOS
+GARDARÍA GRATUÍTA, CON LOCAL REAL ACONDICIONADO
+POSTOS DE ARTESANÍA
+PULPERÍA CHURRASQUERÍA
+ZONA LECER CON ATRACCIÓNS
Esquecíame de dicir que tódolos beneficios deste Festival, unha vez pago ou seu custe, serán destinados e repartidos as persoas máis necesitadas do Concello de Ames mediante bonos para consumir en supermercados, clínicas dentais, etc... A repartición levarase a cabo coa colaboración do Voluntariado do Concello de Ames.
Eu seguro que vou, aínda que só séa por ver os Brothers in Band.
PD:
Prezos entradas:
Abono 1 dia de festival: 15 Euros
Abono 2 dias de festival: 25 Euros
2012/05/09
Trailer.

O libro que eu lin desta vez é ''Trailer'', un libro que creo que podedes atopar na biblioteca pero o exemplar que eu lin é de meu irmán e prestoumo. É unha obra de Francisco Alonso, un dos escritores máis coñecidos da nosa literatura e grazas a Trailer, a súa primeira obra, gañou o Premio Blanco Amor en 1991.
O libro sitúanos nun período de tempo comprendido entre o 27 de febreiro e o 1 de marzo de 1991, mentres transcorre a guerra do Golfo. Narra de xeito paralelo a vida nun camión de tres choferes galegos: Lino (que vén de Sevilla), Pepe (que vén de Alacante) e Xenaro (que vén desde Frankfurt).
O 1 de marzo terá lugar preto da Gudiña unha importante festa ao que están convidados moitos colegas do camión, organizada por Falconetti, outro chofer que celebra o seu vinte e cinco aniversario na estrada. Os tres protagonistas intentarán, malia as inclemencias do tempo e as complicacions propias do traballo, chegar a tempo ao convite.
Ademais de aspectos profesionais e mecánicos, a obra fala con profundidade doutros asuntos moito máis profundos e persoais, como as relacións de parella e familiares, os problemas económicos, a fe relixiosa... e son tamén revisados moitos mitos da profesión, como os hostais e puticlubs ou a relación coa
Garda Civil e fálase tamén de traballos anteriores, tanto na propia estrada, con viaxes a Italia, como noutros traballos, como andar embarcado.
Para min foi un libro moi o, Alonso non anda a velas vir e conta todo moi directamente, sen amariconamentos (perdoade a expresión) é iso e o que me gusta do libro, aparte de que reflicte moi ben a vida dos camioneiros no papel, sen dubida un libro que lle recomendaría a calquera.
2012/04/18
Chegan os coches ''a pilas''
O Renault Twizy presentouse oficialmente no Salón de París do ano pasado, onde puidemos coñecelo. Unha das cousas que mais chama a atención, ademais do seu deseño, é o seu prezo de só 4.950 euros, un prezo moi por baixo dos demais eléctricos.
Grazas á subvención podería saír máis barato que un scooter de tres rodas. Moitos estaredes pensando onde esta a trampa, pois ben Renault non vende as baterías, alúgaas, co cal é moitísimo máis barato, xa que sae a 45 euros ao mes por batería (con IVE) para contratos de 7.500 quilómetros anuais.
Este cuadriciclo eléctrico ten unha autonomía media de 100 quilómetros, pero dependendo das condicións de circulación pode facer só 55 km ou chegar a 115 km. Nun enchufe normal recargaríase por completo (desde cero) en só tres horas e media. É un vehículo pensado para cidade e periferia fundamentalmente.
Está á venda dende finais de ano, e fabricase en exclusiva na pranta de Valladolid. É o terceiro vehículo eléctrico que saca Renault ademais do Fluence Z.E. e o Kangoo Z.E. A vantaxe do Twizy é o seu prezo, tamaño reducido e axilidade en zona urbana.
2012/04/06
Morre o creador do 911
![]() |
| Ferdinand coa sua creación |
Hoxe lendo o xornal lin unha noticia que a máis dun amante dos superdeportivos non lle gustou nada; morreu o creador do Porsche 911. Por iso hoxe é un día triste, pero máis para os amantes deste coche.
Ferdinand Alexander Porsche morreu aos 76 anos de idade en Salzburgo (Alemaña). Máis coñecido como Ferry Butzi Porsche, conseguiu converter a oficina de enxeñaría do seu avó e do seu pai na marca de coches deportivos que hoxe todo o mundo coñece.
O Porsche 911 que por méritos propios conseguiu converterse nun dos mellores coches deportivos da historia, por non dicir o mellor, saíu da súa cabeza e do seu papel, houbo quen dixo que poñer o motor detrás do eixe traseiro era unha loucura pero grazas a iso o Porsche 911 conseguiu ser un superventas. Ademais do 911 tamén deseñou o orixinal Porsche 901 de 1962 e o actual 991.
Pasaron xa sete xeracións deste deportivo co que moitos rapaces e vellos continúan soñando. D.E.P
![]() |
| Tanto para circuito como para o día día o 911 é perfecto |
2012/03/20
2012/03/19
E ti que opinas?
A nosa dependencia enerxética do exterior sempre foi un problema económico e estratéxico para España. Con todo, as cousas poderían cambiar substancialmente coa posta en marcha dun proxecto que leva parado desde 2004.
Fálovos dun xacemento de hidrocarburos, situado en augas canarias, que desde este venres Respsol YPF ten a posibilidade de explorar. As prospeccións deberían comezar axiña, e deberían servir para concretar o potencial da zona. Ademais a compañía ten que determinar aínda a viabilidade técnica e económica do xacemento, e unha vez realizados estes traballos, deberá esperar a contar cunha nova licenza para a explotación da zona, cousa que o Goberno apoiou expresamente.De feito, en palabras de Xosé Manuel Soria, titular do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo: ''O Goberno non vai mirar a outro lado cando se detecten oportunidades de diminuír a dependencia enerxética''.
E non é para menos, xa que o tamaño estimado de xacemento fai que a plataforma mediterránea de Casabranca, que nos anos oitenta chegou a producir 40.000 barrís diarios, pareza unha minucia tendo en conta que se se explota este xacemento podería chegar a producir 100.000 barrís diarios. E non acaba aquí a cousa por que ademais de producir riqueza económica e enerxética tamén se producirían 5000 empregos,cousa que non viría mal.
Pero como en todo hay xente que non esta dacordo como e o caso do Presidente do Goberno de Canarias, Paulino Rivero, que sa mostrou a súa postura ''anti-petroleo'' así como tamén o fixeron ecoloxistas e diversas personalidades, pero... nun momento como o que estamos a pasar en España podemos escoller se isto é bo ou malo? Eu penso que non, un xacemento destas dimensións traería moitos cartos e postos de traballo, e iso é o que fai falta en España.
E ti que dis? es ''Pro-petroleo'' ou ''Anti-petroleo''?
2012/03/15
Poema erotico.
No amor nos instalamos,
o amor calma o que sufrimos.
Aquel verán dixeches
que te tocara como só eu sabia.
Os teus dedos esvaraban sobre min,
amámonos con terca intensidade.
Matamos o tempo, reducímolo,
mais todo tempo era pouco.
o amor calma o que sufrimos.
Aquel verán dixeches
que te tocara como só eu sabia.
Os teus dedos esvaraban sobre min,
amámonos con terca intensidade.
Matamos o tempo, reducímolo,
mais todo tempo era pouco.
Apetecíame ser amado e amarte,
co corazón espido.
Non me importaba o que de min comentasen,
estaba no medio dun soño,
un soño do que non quería espertar.
Espero que regreses este verán,
un verán que espero consumir
ao teu carón .
co corazón espido.
Non me importaba o que de min comentasen,
estaba no medio dun soño,
un soño do que non quería espertar.
Espero que regreses este verán,
un verán que espero consumir
ao teu carón .
2012/03/12
Os Dire Straits de A Coruña.
![]() |
| Dire Straits |
Por iso, e polos máis de 60 concertos por toda España ''bROTHERS iN bAND'' presumen de ser o auténtico son dos Dire Straits, pasando por salas tan míticas como o “Kafe Antzokia” de Bilbao ou a “Sala Heineken” de Madrid, ata prazas de concellos (María Pita) e teatros (Rosalia de Castro).
O seu repetorio de máis de dúas horas presenta un formato único (dúas guitarras, baixo, batería, percusión, saxo, dous teclistas e un "pedal steel guitar"), e revive unha das mellores xiras de toda a historia do rock: a xira de 1992 "On The Night" coa que os Dire Straits se despediron dos escenarios para sempre.
Este singular "viaxe no tempo" quedou recollido no seu DVD ''bROTHERS iN bAND - On The Night 2011'' gravado no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña, no que a banda colgou o ''ENTRADAS ESGOTADAS'' con varios días de antelación.
Milleiros de fans de todas as idades, ansiosos de concertos e vellos recordos, volven gozar de temas como Sultans Of Swing, Money for Nothing, Brothers in Arms ou Walk of life .... grazas a esta máquina do tempo.
2012/02/21
Lume de Cobiza.

Miguel Anxo Fernández tráenos unha nova aventura do seu personaxe máis coñecido, Frank Soutelo, que decide pasar as súas vacacions en Galiza a terra da que eran seus pais, pero o noso protagonista non vai pasar unhas vacacions normais, gran culpa disto téñena a súa prima e os incendios que calcinaron Galiza no 2006, así comeza Lume de Cobiza.
Frank reside en Los Angeles, onde ten a súa axencia de investigador privado, a Frank Soutelo Detective, pero no verán de 2006 marcha de vacacions a Galiza para poder estar afastado do traballo de sabuxo pero nesta ocasión a xogada saíulle mal,pois súa prima Sara pídelle que vaia a ver a unha amiga súa a que lle acaba de morrer o fillo, supostamente de sobredose pero os país néganse a créelo e contratan ao noso protagonista. Frank acepta o caso por cortesía pero sen contactos en Galiza e sen o seu material pouco vai poder facer, aínda así animase e tómao como un xogo. Rexistrando as cousas do defunto atopa varias pistas, unha delas é o móbil, pero ao estar apagado ten que esperar a que o pai do defunto consiga unha listaxe das ultimas chamadas realizadas desde aquel móbil, outra pista e a nome da moza, a que Frank vai a ver e cóntalle no que andaba metido Lardo, o morto. Frank segue máis pistas que lle facilitan os nomes que a moza lle deu e así chega a saber que, como os pais supoñían, o rapaz fora asesinado, pero agora queda saber quen foi e para que o quería morto.
Ao parecer as construtoras no 2006 andaban a facer chalés como tolas, importáballes pouco a vexetación e as leis urbanísticas, por iso un grupo ecoloxista ,ao que Lardo pertencía, intenta pararlle os pés a todas,pero en concreto a Mardacons, a constructora máis importante e a que máis obraba.A forma de actuar era sinxela,unha vez que sabían os terreos nos que ían edificar os ecoloxistas prendíanlle lume para que non se puidera edificar ata pasados 30 anos, de hay veñen,ou alomenos iso da a entender o libro, os lumes de Galiza no 2006.Con toda esta información Frank faise pasar por un inversor interesado en Mardacons para saber o que había de legal na empresa, en Mardacons coñece a Anxélica, a man dereita de Marcial Dalama, o xefe, ao parecer a tal Anxélica e unha desas mulleres que se non fora por elas a empresa non era nin a metade do que é, así que Frank interesase nela, tanto que ata acaban deitándose xuntos, pero vamos ao que interesa, Frank pídelle colaboración ao pai de Lardo e este acepta de inmediato, o que tiña que facer era poñer 300.000 Euros en efectivo para pagarlle a Mardacons para que edificara nuns terreos previamente mercados, os tres van a ver os terreos e alí e onde Frank, despois de moito investigar pola súa conta descobre que a asesina de Lardo era Anxélica, Frank cóntallo todo ao pai e déixaos sós no monte, ao pai dálle a pistola de Anxélica e dille que faga o que queira, mentres el marcha co peto ben cheo,pois un traballo destos costa moitos cartos.
Para min foi un dos mellores libros que lin nunca, sen querelo ti somérxeste na lectura e nas aventuras de Frank, que ademais conta todo cun bo sentido do humor.Outra cousa que me gustou deste libro foi a situación xeográfica na que se ambienta todo, nas aforas de Santiago, ata pasa pola miña aldea!!, en definitiva,recoméndovolo, ao principio asusta de gordo que é, pero unha vez empezado xa non hay quen pare.
PD:O libro conten moitísimos máis personaxes e historias, pero se volos poño todos non acabo hoxe, iso si son todos moi ben escollidos e moi ben encaixados.
A novela levarase ao cine Lume de Cobiza na gran pantalla.
2012/02/01
Morre Xosé Seivane
Nacido en Fonmiñá, A Pastoriza (Lugo), en 1921, foi o creador do Selo Seivane e o iniciador de "unha das sagas de artesáns e artistas máis recoñecidas dentro do mundo da gaita".
No seu taller de Cecebre (Cambre, Galicia) construíu gaitas reclamadas desde os máis remotos lugares do mundo. Xosé Manuel Seivane, falecido a piques de cumprir os 91, foi gaiteiro e artesán desde que, con 18, decidiuse por un oficio alleo á súa tradición familiar. Aos 15, tras recibir unha gaita dos seus pais como agasallo, fíxose cunha enciclopedia de artesanía e un torno de ballesta e probou a fabricar outra. De forma autodidacta foi mellorando o instrumento e achegándolle un grao de perfección antes descoñecido.
Pero o apelido Seivane non deixara de soar no mundo, dado que a súa neta, Susana Seivane é unha das mellores gaiteiras do mundo.
Este 2012 esta vindo cheo de mortes non vos parece? Díaz Pardo, Fraga e agora Seivane, esperemos que remate aquí.
No seu taller de Cecebre (Cambre, Galicia) construíu gaitas reclamadas desde os máis remotos lugares do mundo. Xosé Manuel Seivane, falecido a piques de cumprir os 91, foi gaiteiro e artesán desde que, con 18, decidiuse por un oficio alleo á súa tradición familiar. Aos 15, tras recibir unha gaita dos seus pais como agasallo, fíxose cunha enciclopedia de artesanía e un torno de ballesta e probou a fabricar outra. De forma autodidacta foi mellorando o instrumento e achegándolle un grao de perfección antes descoñecido.
Pero o apelido Seivane non deixara de soar no mundo, dado que a súa neta, Susana Seivane é unha das mellores gaiteiras do mundo.
Este 2012 esta vindo cheo de mortes non vos parece? Díaz Pardo, Fraga e agora Seivane, esperemos que remate aquí.
2012/01/16
As mil e unha frases de Manuel Fraga
![]() |
| Manuel Fraga |
Estas son algunhas das súas opinións, frases polémicas ou declaracións que pronunciou ao longo dos seus máis de 60 anos de carreira política:
-Sobre Francisco Franco, o día da súa morte: "Un gran home,o maior e máis representativo dos españois do século XX,un dos maiores gobernantes que tivemos na nosa historia".
Co paso do tempo dixo: "permaneceu demasiado tempo no poder".
-Sobre a Monarquía: "Romper cunha tradición que permitiu a España resolver un famoso 23 de febreiro e tantas outras cousas nestes anos de transicións difíciles, é desvariar".
-Sobre o Rei e o 23-F: "Só o Rei podía resolver esa situación", e de don Juan Carlos: "Moitas grazas polo que fixo por España".
-Sobre España: "Dediquei a miña vida enteira a España".
-Sobre o ex-presidente do Goberno Adolfo Suárez:''Creo que o Rei "acertou" ao apostar por Suárez.''
-Sobre a legalización do Partido Comunista: "A legalización do Partido Comunista é un verdadeiro golpe de estado".
-Aos golpistas do 23-F: "Eu xa non aguanto máis.... Disparen contra min".
-Sobre os nacionalismos: "Pódese ser galeguista sen ser nacionalista, que é unha traizón a España e á Constitución".
-Sobre os matrimonios gays: "Iso non é un matrimonio, poderá ser unha unión de feito. Ao min paréceme que as persoas que nacen así teñen dereito a un recoñecemento, pero matrimonio por definición é que poida haber unha nai". "Iso non é un matrimonio, é outra cousa, respectable, pero outra cousa".
-"A rúa é miña", cando era ministro da Gobernación nun momento en que se estaban producindo manifestacións na rúa.
-"Toda a miña vida dixen verdades sen condón e penso morrer sen poñer un", dixo Fraga tras coñecer a postura do Vaticano contraria o uso do preservativo.
-"Traballar é vivir", fixo súa a frase de Voltaire, tras sufrir un desmaio no parlamento galego
![]() |
| Fraga con Carrillo no aniversario do 23-F |
2011/11/15
Manuel Senra, idolo do motor galego.
Manuel Senra.
Falar de rallys en Galicia é falar de Manuel Senra, o piloto máis querido, admirado e popular de Galicia.
Comezou moi novo en 1984 cun Renault 5, que lle deu máis desgustos que alegrías, facendo o Campionato Galego de Rallys, proseguiu con este coche un par de tempadas máis pero acabou cambiándoo por un Peugeot 205 co que gañaría o Campionato de Montaña Galego e quedaría no top ten da clasificación xeral galega, en vista disto decidiu cambiar a un coche máis competitivo,un 309 da mesma marca,co que quedaría 2º na xeral e conseguiría outro campionato de montaña . Proseguiu con este coche ata atopar un coche que lle daría todo o que quería, o seu coñecido Peugeot 306 Kit Car, co que gañaría dende o 2001 ata o 2005 o campionato galego de rallys e o galego de montaña.
Peugeot 306 de Senra
En 2006 retirase debido a que o seu copiloto decide rematar a súa carreira deportiva facendo que Senra so poida competir no campionato de montaña moi esporadicamente, onde hoxe en día fai vibrar ao publico en cada rally no que está presente.
2011/11/11
Regreso ao futuro.
Se eres un fan dos 80 tes que coñecer á forza a película da que vou falar, Regreso ao Futuro, que para min e unha das mellores películas de ciencia-ficcion que se puido facer na historia ,pero menos leria e máis contar un pouco de que trata é como foi a súa andaina polo mundo do cine.
Regreso ao futuro (Back to the Future en inglés) é unha película de ciencia ficción e comedia de 1985 dirixida e escrita por Robert Zemeckis. A trama relata as aventuras de Marty McFly, un adolescente que é enviado accidentalmente de volta no tempo nunha maquina do tempo que o seu amigo Doc construirá nun DeLorean DMC-12 facendo que ao chegar aos 140Km/h faría unha viaxe no tempo de 1985 a 1955. Tras alterar os sucesos ocorridos en 1955, aqueles nos que os seus pais se coñeceron e namoraron, Marty debe tentar reunir aos seus pais de novo para asegurar a súa propia existencia e conseguir volver ao seu tempo pedíndolle axuda a o Doc de 1955.
Tras a súa estrea, Regreso ao futuro converteuse na película máis exitosa dese ano, ao recadar máis de 380 millóns de dólares a nivel mundial e obter críticas positivas na súa gran maioría. Así mesmo, fíxose acredora a un premio Hugo na categoría de «Mellor produción dramática» e un galardón Saturn como «Mellor película de ciencia ficción», ademais de varios nomeamentos aos premios Óscar e Globos de ouro. O éxito de Regreso ao futuro deu lugar á produción dunha triloxía de películas, Regreso ao futuro II (1989) e Regreso ao futuro III (1990).
Espero que vos gustase e xa sabedes,vémonos no futuro.
2011/11/10
Nun lugar chamado guerra.
Nun lugar chamado guerra,aínda que miredes nos mapas non atoparedes ningún lugar chamado así,basicamente por que non existe,pero o que si existe son as guerras,esta vez co significado de toda a vida,matar por algo ou alguén,e por desgraza non son poucas as que temos na actualidade.Para min o titulo dun libro non di moito,para saber de que vai hay que infiltrarse no fondo das paxinas e ver se nos gusta ou non, e Jordi Sierra i Fabra,o autor , logrou facer que me gustase o seu libro só coas primeiras paxinas.
O ibro conta a historia de Nestor, un xornalista que vai a Tuzbestán (república imaxinaria) como correspondente do xornal onde traballa. Alí coñece a Milo, un neno nativo do país que se converte no seu intérprete e coidador, xa que Néstor non sabe que facer ao non coñecer o lugar nin o idioma e non sabe desenvolverse só. Coa súa axuda consegue sobrevivir nun mundo que non coñece e conséguelle entrevistas que satisfán ao seu esixente xefe, aínda que eles dous non saben que os protagonistas desas entrevistas son en realidade parentes de Milo. Milo e Néstor vanse facendo amigos aos poucos e necesítanse mutuamente o un ao outro.Á vez que se desenvolve esta amizade, vanse introducindo personaxes e historias que o autor usa para describir un escenario de dura guerra.
Narrada en primeira persoa, en boca do xornalista, que nos vai contando paso a paso todo o que ve a modo de diario persoal. Non é cruel na linguaxe pero si no contido, facéndonos reflexionar sobre a crueldade da guerra por medio do personaxe de Milo e doutros moitos, como a súa curmá e tamén polos pensamentos que ten o propio Néstor en canto compara a súa vida coa súa de todos os días. Reivindícase o dereito dos nenos a ter unha infancia mediante a figura de Milo, que tivo que aprender a valerse en por si se quería sobrevivir e que viu como se desfacía a súa familia pola guerra.
Esta é unha obra que consegue meterte de cheo na acción, pero por desgraza a realidade supera con fartura á ficción.A parte xornalística que nos mostra esta obra vén dada polo correspondente de guerra. A tarefa dos xornalistas que cumpren as súas funcións informativas en zonas de conflito bélico levan os riscos de traballar nesas circunstancias.
Xa no remate,cando a guerra esta mais viva ca nunca os xornalistas toman a decisión de marchar,facendo que Nestor se separe de Milo e non sepa mais de el nunca máis.
Se tedes oportunidade estaría ben que o leades,a min gustoume e creo que a vos gustarabos igual ou máis ca min.
Subscrever:
Mensagens (Atom)
















