Mostrar mensagens com a etiqueta Nicolás. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Nicolás. Mostrar todas as mensagens

2012/06/15

Coidado na rede

Na vida cotia, igual que na natureza prodúcense cambios. Antes as cousas vendíanse na rúa e agora vendense na rúa e máis na rede, a medida que avanza a vida tamén o fan os criminais por iso debemos ter moito coidado na rede onde delincuentes e grupos organizados dedícanse a roubar e estafar a xente.


Os metodos máis comuns son o phising e o farming aínda que hai outro tipo de estafas. Se queredes saber de que van estos tipos de estafa e queredes saber como evitalo non tedes máis que facer click neste prezi que fixen en informática.



Polémica no mundo do fútbol

Hai xa case máis dun mes en Madrid xogouse a final da Copa do Rei, lembrádevos non si?
Neses días, como xa sabedes houbo moita polémica polos comentarios de Esperanza Aguirre e a posterior pitada o himno.
Pero a que non sabedes que eses días no congreso Siaeiros Galegos, Esait per Catalunya e o colectivo vasco intentaban revocar a a lei instaurada por Aznar, que prohibía a participación das seleccións autónomas en competiciones internacionais .
Pois ben, estes colectivos conseguírono e a partir de 2013 poderán participar en competicións internacionais sempre que non participe España e os xogadores poderán elexir se ir coa española ou coa súa selección autónoma sen supoñerlles unha sanción.
Vós credes que que a selección galega podería participar e facer algo ante seleccións como Alemaña?
Este problema tamén afecta a outro deportes pero nós (os galegos) temos unha pequena diferenza cos cataláns e vascos, que é que o noso presidente (Feijoo) non quere apoiar a selección autónoma. As súas razóns son que a única nación é España e que a selección galega é unha imposición.
Por iso, optou pola eliminación da seleccións galegas en tódolos deportes, como por exemplo as de remo, nas que somos os claros denominadores a nivel nacional e internacional.
Estades a favor de Feijoo? Credes que non debemos ter selección galega? A resposta témola nós porque a selección galega forma parte de Galiza e non é unha imposición.

2012/05/20

Marcha un CAMPIÓN


Como xa saberedes todos e en especial os afecionados o motociclismo, o pasado xoves o bicampeón mundial de Moto GP, actual lider do mundial e para min un dos mellores pilotos da historia, Casey Stoner anunciaba que o remate desta tempada deixará o motociclismo.
 Será unha gran perda para o motociclismo e sobre todo para o espectáculo. Os seus motivos para deixalo son: Que non sente a mesma paixón que sentia antes e que o mundial xa non é o que era, ademais de que quere pasar tempo coa súa filla que naceu hai pouco. Vouvos contar un pouquiño da súa vida.
Casey Stoner naceu en Australia o 16 de Outubro de 1985. Dende moi pequeno demostrou un gran amor polas motos e con tres anos xa estaba os mandos dunha Pee Wee de 50 cc. Con tan só seis anos xa era campión de Australia e os catorce xa acumulaba máis de cen títulos.
Como en Australia non se pode competir ata os dezaseis anos, os seus pais decidiron viaxar a Inglaterra. Non 200 gañou o campionato de 125cc de Apprilia. Participou nalgunhas carreiras no noso país e foi aquí onde Alberto Puig (actual manager de Pedrosa) fixouse nel e ofreceulle correr nos campionatos de España co equipo Telefónica Movistar.
Finalmente no 2006 deu o salto definitivo e comenzou as suas andaduras en Moto GP. Neste ano compartiu equipo cun grande como é Loris Capirossi. Os lomos da Ducati Desmosedici conseguiu nada máis e nada menos que dez grandes premios, sumou catro podios máis e logrou a pole cinco veces ademais don ansiado Campeonato do Mundo, co que se converteu no segundo piloto australiano máis novo en gañar un mundial.
No 2008 ainda que fixo unha gran tempada non puido facer nada para evitar que para mi o mellor piloto da historia: Valentino Rossi quedara campión e relevou a Stoner o subcampionato.
Tras unhas tempadas algo malas debido a problemas fisicos e problemas coa Ducati ficha, no 2011 por Honda. Neste ano realizará unha tempada histórica, na que gañará o seu segundo título mundial ademais de nove victorias, once poles e quince podios. Os seus mellores momentos no 2011.Como di o dito: unha retirada a tempo é unha victoria pero creo que se non se retira lograra moitas máis victorias pero se é o mellor para el adiante.

2012/05/11

ai vai un video

Durante estas últimas dúas semanas no grupo que damos informatica con Xulio. Tiñamos que facer un video, co obxectivo de promocionar un lugar, se podia ser Galicia mellor.

Aqui vos deixo o meu video:

un pouquiño de misterio xuvenil

Queres ler unha novela de misterio pero adaptada o misterio ¿si? pois aconselloche ler Alfagann é Flanagan. Este libro foi escrito por Andreu Martín e Jaume Ribera en 1996.
Obtivo o premio columna jove polos dous primeiros libros desta triloxía.

Alfagann é Flanagan narra a historia de Flanagan un xoven de dazaseis anos que, dedicase a resolver pequenos crimenes no seu instituto.
Nesta ocasión, Flanagan terá que investigar a desaparición dunha compañeira de clase, Nieves Mercadal, que se fugou de casa sen motivo aparente. Coa axuda dunhas amigas, Blanca e Vanessa, e a peculiar colaboración de Charche e dos demais compañeiros intentaran resolver o misterio.

Conseguirá o detective Flanagan e os seus compañeiros resolver a desaparición de Neves? Descubreo lendo este fantástico libro

2012/04/09

Atención aficionados os videoxogos

A raiz das entradas públicadas no blog sobre videoxogos decidinme a investigar un pouco e atopei esta páxina.
Memoria pixelada.

Nesta páxina poderedes atopar un infin de analises, artigos videos etc ¡En galego! sobre os xogos máis actuais  e sobre outros un pouquiño mais antingos. Nesta páxina tamén hai sitio paras a xente que non lle gustan moito os videoxogos con entradas con imaxes graciosas ou xogos surrealistas que buscan facer rir a todo tipo de persoas como por exemplo: Chuck Norris V.S Angry birds.

Tamén ofrecenos unha sección onde poderemos descargar dende  emuladores a videos cos que poderemos disfrutar das consolas de cando eramos pequenos e lembrarnos da nosa infancia.
A parte incluen un foro onde podes dar a túa opinión dos artigos da páxina e dos videoxogos actuais.

Deixovos aqui o enlace dalgún dos videos da páxina cos que vos poderedes rir un bo rato:
Rap do zelda
Entrevista a super mario
Xogo de tronos na snes

2012/03/18

Un movemento moi orixinal

Nas primeiras décadas do século XX xorden en Europa movementos que pretenden unha renovacion total da arte. Ditos movementos difúndense a través de diversos manifestos nos que propoñen unha ruptura coa tradición cultural, buscando asi novos camiños expresivos.

Un destes movementos foi o surrealismo: Este movemento nace en Francia no ano 1924 cando André Breton, tras desmarcarse do movemento Dadaista, no que participaba intensamente, xa que o consideraba previsible e mecánico. Para realizar o manifesto surrealista inspirouse no traballo de Sigmund Freud a que estudou durante a guerra nun hospital psiquiatrico onde traballaba.
O surrealismo xordeu como unha resposta dialéctica á destrucción estéril dos dadaistas. Neste movemento salienta un compoñente irracional do proceso de creación e ,como dixen antes, teñen unha presenza importante as ideas de psicoanalise de Freud como  o mundo onírico e o subconsciente.
 No plano literario supuxo unha renovación da linguaxe e achéganos ás novas técnicas de composición :  a escritura auntomática na que o autor escribe o que pensa sin ter en conta ningunha coacción moral co  propósito de vencer a censura mediante actos non provocados ou planeados e demostrando que o poeta  exprésase libremente.

Este novemento tamén apareceu no mundo da pintura cara a 1923 por medio de Masson que adoptou as ideas revolucionarias de Breton facendo a pintura de modo automático. Puco tempo despois tamen adoptou estas ideas Miro ó que Bretón considerou o mais surrealista de todos.


Todas estas ideas foron impulsadas pola revista Litterature que funda Andre Bretón xunto a Louis Aragon e Philippe Soupault.

2012/02/24

Para os amantes do misterio

Se che gustan as novelas políciacas e de misterio aconselloche que leas Svea Kött. Este ibro foi escrito por Domingo Tabuyo (Pontevedra 1959) que tamén é político, de feito foi candidato a alcaldia de Cambados polo PSG e deputado por Pontevedra.

Posee varios premios como o da Cidade de Ourense co libro Manual de Urxencias e o premio Avelina Valladares coa obra Nos Tempos da Invernía.

Svea Kött fala sobre o comisario xefe da Seccion de Investigación Especiais de Madrid: Sindo Romero, é un especialista nos casos complexos e que parecen difíciles de resolver xa que fixase en cousas que  aparentmemente non son importantes.

Neste caso o axente Romero e a súa unidade poñeranse mans a obra cuns asesinatos que transcurriron en Madrid e outro en Cambados. Aparentemente non teñen nada en común pero co paso do tempo iranse descubrindo probas que demostran que teñen cousas en común. Descubrir o asesino e encontrar probas solidas  non sera nada doado xa que o asesino e moi cuidadoso e parece ter experiencia.

Conseguirá Sindo Romero e o seu equipo descubrir o asesino descubreo lendo este interesante libro para resolver o enigma.


Na miña opinión o libro é moin entretido e ameno xa que ata o final non se sabe quen realizou os crimes o que incrementas o misterio e as ganas de acabar o libro para sabelo.

2012/02/22

E xa van 500 episódios

Todos nós crecímos vendo as dúas da tarde Os Simpson ¿ou non?, pois ben a nosa familia amarela preferida estrenouse o pasado domingo 19 nada máis que o seu capítulo 500.
 Neste episodio a xente de Springfield reunirase e decidirá votar a Homer, Marge, Bart, Lisa e Magie da cidade, a familia Simpson marcharan de Springfield e verase obrigada a vivir nos suburbios onde con ocasión do capítulo 500 aparecera de invitado famoso o fundador de Wikileaks: Julian Asange, o que sera preguntado por como chegou ali e el contestara que non pode dicir nada xa que só lle concierne a el.

Os Simpsons existen desde o ano 1987 no que formaban parte do show the Ulman no que tiñan un espacio, tras o peche deste programa en 1989 Os Simpsons teran a sua propia serie e levan asi vinte e tres anos nos que 150 millons de persoas conectanse a suas televisions para velos, cada media hora emitese un episodio dos Simpsons no mundo. Teñen preparadas minimo 3 tempadas máis.

O máis importante desta serie e que son tanto para adultos como para nenos e teñen ese humor irreverente que os fai especiales a parte teñen o aliciente de que de vez en cando aparencen famosos como: Cristiano Ronaldo, Ronaldo Nazario, Mark Zukenberg, George Bush etc.
O exito dos simpson e tal que teñen a sua propia pelicula, vinte e sete emis, trinta annie e a sua estrela da fama en holliwood.

Foron creados por Matt Groeming que tamen creou Futurama. A serie ten varios detalles moi curiosos como a forma do pelo e as orellas de homer que forman a M e a G en honor a seu creador, o nome dos persoaes esta inspirado nas calles de Pordland, Bart foi incluido na lista de persoas mais influintes do ano 1998 pola revista time, cando magie pasa na intro pola caixa aparece o prezo 847,63$ que era o que costaba a manutención dun neno en Estados Unidos no ano 1989, para os adictos o gimp o color da sua pel e sempre o mesmo RGB 255/217/15 e Marge foi o primeiro ser de animacion que apareceu na revista playboy.

Por suposto os creadores non revelaron o onde esta situada Springfield para que nadie se sinta ofendido actualmente hai 35 estados con ese nome.

Para os amantes do cine

Se fai moito que non vas ó cine porque non queres pagar tanto diñeiro por unha pelicula que ó mellor no che vai gustar, aconsélloche que en canto podas vaias a ver: Ós descendentes.

Esta pelicula dirixida por Alexander Payne e protagonizada nada menos que por George Clooney é unha comedia dramática que fala dun home adinerado da illa de Hawai -Matt King. A súa muller debátese entre a vida e a morte a causa dun accidente de barco en Waikiki. Isto obrígalle a recompoñer a súa vida pero sobre todo a relación coas suas fillas Scotie e Alexandra coas que sempre estivo moi distante.
 Para colmo a sua filla comunicalle que a sua nai tiña un amante o que Matt terase que enfrentar, polo cal decide irse coas suas fillas a illa de Hawai. A partir deste momento Matt embarcarase nunha busca do amante da sua muller, estar mais presente na vida das suas fillas e algo máis complicado: vender as suas propiedades nas illas como os territorios virxenes.

Esta película esta nominada os oscar nas categorias de: mellor actor (George Clooney) que xa conquistou nos globos de ouro, mellor director, mellor película  tamen conquistou nos globos de ouro como mellor película de drama, mellor guión adaptado e mellor montaxe.

Na miña opinión teñen poucas posibilidades nos oscar, menos no de mellor actor que agas unha sorpresa será para George Clooney. No de mellor película o ten moi dificil xa que a sua maior oponente The Artist (premio goya a mellor película europea) esta mellor colocada xa que e a película máis laureada do ano.

2012/02/02

Marcela e Elisa

Antes as dificultades que no ano 1901 habia para que dous persoas dun mesmo sexo casaran, duas mulleres, Marcela e Elisa, decidiron loitar polo seu amor. Como non podian casar decidiron que unha se disfrazara de home e, asi poder casarse. Pero descubrironas. Isto causou un gran revuelo e custoulles que as perseguiran e as encarcelaran..
Esta historia é unha mostra enorme de valor e loita polo que un quere. Non lles importaban a opinion dos demais. Esta historia serve de exemplo para ver o antiga que é a xente cando non acepta na actualidade as relacions homosexuais.
A excursión, dende o meu punto de vista, non me gustou moito xa que foi algo aburrida e tampouco nos deu tempo a velo todo o habia na exposicion.

Se queres saber algo máis desta historia fai click neste enlace do periodico A Voz de Galicia que ainda que está en castelán conta a historia con moito detalle.

2012/02/01

A Lingua das Bolboretas

Se queres saber como foi a vida durante a guerra civil non hai nada mellor que ver A lingua das bolboretas.
Esta película é unha adaptacion nos relatos da obra ¿Que me queres amor? de  Manuel Rivas, foi levada o cine polo director Xosé Luis Cuerda que tamen levou o cine a película O Bosque Animado que seguro todos coñecedes.
Na lingua das bolboretas contase como era a vida nesa epoca dende a vista de Moncho un neno ao que todo o mundo o chama "pardal" e a sua familia. Na miña opinión esta é a largometraxe perfecta para entender como foi a guerra civil e as nefastas consecuencias que trouxo. Nas vilas comeza a sembrar o terror os republicanos son perseguidos e os mestres cesados ou sustituidos, podemos ver como os nenos pasan de querer con locura ao seu profesor a lanzarlle pedras e insultalo, pero esto non é culpa dos nenos xa que son os máis influenciables e os qe interesa controlar xa que o non falarselles da liberdade e dicir que os "malos" son os republicanos non se revolucionara en contra do rexime senon que o apoian.
Nesta historia pode é moi entretida e podes aprender algo de historia sen ser o pesadas que se fan as veces as clases de historia.

2012/01/18

Luís Seoane

 Vida:

Nado en Bos Aires no ano 1910, fillo de emigrantes, veu de neno a Galicia. Fixo o bacharelato na Coruña e Dereito en Santiago de Compostela, onde participou na actividade política e cultural estudiantil. Sendo aínda estudante universitario demostrou a súa vocación artística ilustrando libros e publicando debuxos en revistas e xornais.

De 1931 a 1936 exerceu de avogado laboralista na Coruña e foi membro do Partido Galeguista, así como da Masonería. Tras a sublevación do 18 de xullo de 1936 mantívose agochado durante uns meses ata que en 1937 puido exiliarse a Bos Aires. Alí fixou a súa residencia e traballou no consulado republicano.

Foi o promotor de moitas empresas culturais, da emigración e do interior (revistas como Galicia Libre, Galicia Emigrante , a imprenta Resol en Santiago de Compostela xunto a Arturo Cuadrado; editoriais como a Losada. Non deixou nunca de afrontar proxectos e participar activamente na recuperación da cultura galega.
Regresou a España en 1960. 
Nas últimas décadas da súa vida, alternou a residencia en América con viaxes a Galicia. Morreu na Coruña en 1979.

Obra:

Na sua obra escribiu tanto poesía, como narración e teatro.  Na poesía cabe destacar a obra Na Bretema de San-Iago que foi publicada no ano 1956. Nesta obra aparece o poema "Oración do artista que volta" no que conta como imaxina que retorna a Galicia para entrar na catedral e crocar a súa cabeza na testa de pedra do mestre Mateo.



O poema está formado por tres estrofas e ten como tema principal a emigración que el mismo sufriu en Arxentina durante moitos anos. Nas duas primeiras estrofas expresa o desexo por volver a Galicia.Na última dase o caso na realidade ainda que só é para morrer.
 Tamén pubricou obras como Eiroa, O Irlandés ástrologo, Tres follas de ruda e un allo verde ...

 A parte de escribir tamen realizou diferentes gravados e debuxos con textos literarios : O meco, O conde asesino de sobrado, Homenaxe a un paxaro...

2011/12/14

LOCKOUT



Dende o verán toda a prensa deportiva ven falando do lockout da NBA. ¿pero que é o lockout?

O Lockout non é nin máis nin menos que o peche patronal, é dicir, representantes dos xogadores e dos clubs non se puxeron de acordo na negociación de condicións, e, se non hai acordo, na NBA bótariase o peche ata que o haxa, sen prórrogas nin nada polo estilo.

Isto sucedeu porque na NBA cada equipo ten unha cota de diñeiro para facer o seu equipo, e, cando se pasa, ten que pagar un "imposto de luxo", que é un extra ademais do soldo do xogador, ademais, os xogadores, dependendo dos anos que leven na liga cobran un rango de salario entre un máximo e un mínimo establecido e, se é o seu primeiro ano, dependende da posición que o escolleran no draft.
 Ademais disto, como vos podedes imaxinar, os clubs teñen que pagar todos os gastos asociados ao equipo, como son o pavillón, a seguridade, viaxes, estanzas, e un longo etcétera.
Pois ben, o problema principal radica en que a maioría das franquícias da NBA están a perder diñeiro co sistema actual, e claro, iso non lles gusta aos seus donos; e basicamente non se poñen de acordo porque os donos cren que o que teñen que recortar é o salario dos xogadores, e estes, con Derek Fisher (base dos lakers) a cabeza non tragan. Segundo calcularon os donos, agora mesmo se lles vai un 57% do total do presuposto do equipo en salarios, e queren baixalo ata o 45%, o cal sería unha baixada nun só ano do 12% nos soldos dos xogadores, unha auténtica burrada, e máis coas cifras que se manexan.

Algún puide pensar: "si xa, iso non vai pasar nin en broma", pero xa houbo un precedente, no ano 98 houbo acordo, pero tarde, tanto é así que a tempada regular foi de 56 partidos en lugar de 82.

Por sorte o lockout solucionouse hai duas semanas e por fin habera NBA despois de navidad.

Os dous de sempre

Este libro foi escrito por Castelao e publicado en 1934 pola editorial Nós. O que lin eu atopase no libro Obra completa de Castelao  publicada en 1981 pola editorial Akal editores.

Resumo:
Os dous de sempre trata sobre dous nenos Pedriño e Rañolas. Son amigos dende pequenos malia a ter unha procedencia totalmente diferente: Pedriño proven dunha familia acomodada mentres que Rañolas proven dunha familia moi pobre. Pedro vive coa sua tia que non lle gusta que o seu sobriño ande co Rañolas xa que non é unha boa compaña. O longo da historia os dous iranse distanciando pero mentres Rañolas esforzase moito para cambiar a sua vida e vivir mellor aunque lle coste moito Pedro que sempre foi un folgazan non fai nada e vive do diñeiro que ten a sua familia. O final podese apreciar como o que aparentemente tiña a mellor vida dos dous era o menos feliz.

Opinión Persoal:
Este libro gustoume moito ainda que é bastante antigo, e moi entretido e facil de ler. Ten momentos de humor bastante graciosos. Nesta historia podese ver como o que máis ten non é sempre o máis feliz.


2011/12/07

Aperece un peixe como o dos simpson


Seguro que todos veriades o capítulo dos Simpsons no que encontran un peixe mutante de tres ollos xusto ao lado da central nuclear onde dita central tira todos os seus residuos. Para aqueles poucos que non o virades, aconsellovos que o busquedes.

Isto é porque, na cidade de Córdoba ( a de Arxentina) encontraron este precioso exemplar de pez con tres ollos tamén ao lado de onde a central nuclear de Córdoba(Arxentina) tira os seus residuos "un pouquiño" radiactivos. Como acontece sempre, a poboación divídese en tres grupos: Os que lles dá igual, os que se alarman, e os se rin da asombrosa coincidencia.

Pola súa banda, as autoridades cordobesas (Arxentina) están a tratar de descubrir se a causa desta estraña mutación ten algo que ver co dos residuos radioactivos  e se e por outra causa.


Ainda que é unha espectacular coincidencia e faranos moita graza a todos isto é un exemplo mais do dano que fai o ser humano o medio ambiente e de como o acabaremos por destruirlo.

Un Bosque Cheo de Faias

Este libro foi publicado por Francisco Castro (Vigo 1966) e ilustrado por Manuel Craneo en 2004. Este libro pertence a editorial Everest Galicia. Francisco Castro traballa como cronista cultural en varios medios galegos, co libro Un Bosque Cheo de Faias conseguiu o premio Frei Martín Sarmiento en 2004.

O libro Un Bosque Cheo de Faias trata sobre unha pandilla de amigos entre eles Nelson un rapaz inmigrante é agredirono xunto  co seu pai  por unha banda de neonazis que anda facer pintadas, e palizas pola cidade. Os rapaces o saber de que agrediron o seu amigo poñense a investigar en segredo quen poden ser os integrantes desa banda. Esta historia desenvolvese sobre todo no Grapas un bar que frencuentas os rapaces protagonistas desta historia.

Na miña opinión este libro estivo bastante ben agás o principio costoume entendelo un  pouco. O que mais me gustou de esta historia é que tiña partes bastante graciosas e era bastante entretida de ler.Nesta historia reflexase algo que perfectamente podería ser real, porque quen non viu na tele ou leu no xornal quealgún rapaz levava unha paliza por unha banda deste tipo.  

2011/10/25

IPHONE 4S


Seguramente xa vos decatastes de que hai uns dias, a empresa californiana Apple, presentou o seu novo teléfono móbil, o iPhone 4 S. Todos eses rumores sobre un iPhone 5; fakes, fotos, mesmo artigos, foron desmentidos.

O novo smartphone, lévanos un paso máis alá no mundo da telefonía. Entre o destacable encóntrase o novo procesador de dobre núcleo, que lle achega moita máis potencia ao aparato e ata 7 veces máis procesamento en canto ao tema dos xogos. Tamén cabe a destacar, a nova cámara de 8 mpx, con gravación en Full HD, recoñecemento facial, estabilizador, e a mellora de captar ata un 73% máis de luz entre outras calidades.
 

O teléfono traerá incorporado o novo sistema iOS 5, que incorpora máis de 200 novas funcións con respecto ao seu predecesor o iOS 4, algúns exemplos son, as integracións con redes sociais, como twitter, que agora son moito mais abertas, e sobre todo o novo software Siri.
 

Siri é a aplicación de control por voz máis avanzada do momento, o teléfono responderanos a preguntas tan cotiás e útiles como, ' ' hoxe necesitarei un abrigo? ' ' . Tamén sobre bolsa, cambiar o espertador, como esta o tempo en xeral, ditar mensaxes de texto ou buscar información en internet, o malo é que por agora só esta dispoñible en inglés, francés e alemán, pero pronto poderemos gozalo en español.
 

Quizais simplemente sexa unha actualización do iPhone 4 GR, pero os amiguitos da empresa da mazá, teñen un ás na manga que sacaron a relucir, e é, o prezo. O novo iPhone custará 199 dólares para a versión de 16 GB, 299 dólares para a de 32GB e 399 dólares para a versión de 64 GB cun contrato de permanencia de 24 meses, ademais haberá unha versión de 8 GB para o iPhone 4 por 99 dólares e o iPhone 3GS pasa a estar dispoñible gratis co mesmo tipo de contrato de 24 meses.
Como conclusión, o iPhone 4 S é un gran teléfono, pero que non é máis que a mellora do anterior. Apple podería ter presentado o iphone 5? Seguramente se, pero non sería máis que facerse competencia a si mesmo. Mentres as outras grandes marcas (xeneralizando un pouco), ao ter o SUDOESTE Android, teñen que compertir mellorando aspectos de hardware, Apple vai por libre tendo o seu propio mercado de harware e software, e a verdade é que non lles vai nada mal, a ver se non se nota tanto como dicían a perda de Jobs e seguen estando á altura.