Mostrar mensagens com a etiqueta Isabel. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Isabel. Mostrar todas as mensagens

2012/06/16

O xabarín máis famoso de Galicia



non é un do monte senón o presentador do Xabarín Club.




Este animaliño foi creado por Miguelanxo Prado e a súa voz tan característica é de Juanillo Esteban, antigo alumno do noso centro. De seguro que moitos disfrubades deste programa, e ao mellor algúns fostes socios e tiñáis o Xabacarnet co cal recibíades unha felicitación especial polo teu aniversario ou participabades nos concursos.

O programa comezou o 18 de abril de 1994 e dende entón, case sen interrupcións leva emitíndose e conseguindo que montón de nenos, chegando nos inicios a 100.000 seguidores, disfrutasen. Neste programa desde os inicios destacou a súa música, como non en galego. Chegou a crearse Á cantar con Xabarín que deu pé a varias Xabaxiras. A súa música non faltaba por ningures, dende o inicio do programa xa empezabamos a cantar, e moitos grupos famosos realizaron cancións para este xabarín como Siniestro Total, Heredeiros da Crus, Os Diplomáticos de Monte Alto e moitos máis que conseguiron unha gran discografía para este clube.


Dende nenos disfrutamos con series tan coñecidas como Doraemon, BayBlade, Erase unha vez... o home, O Detective Conan, As bolas máxicas e moitas más que seguro coñecedes, vanvos soando non?


Todo esto ademais de coa intención de realizarse para o entretemento de cativos, realizouse para a normalización do galego a todo o público. Coa normalización pretendese levar unha lingua, como é o galego, no ámbito social, e é o que se realiza con este programa.

Eu espero que siga moitos anos máis, e se é posible que os meus fillos o cheguen a ver.


2012/05/29

Unha ollada o pasado.

Ruth Matilda Anderson, fotógrafa e etnógrafa, naceu en Nebraska, e foí o seu pai o que o introduxo na fotografía chegando ata Galicia nos anos 20 e outras provincias españolas para poder fotografiar e así incluirnas na súa obra artística.

Está exposición en realizada en España, centrou a súa carreira no estudo dos traxes típicos españois, da cal publicou varios libros e artigos sobre o tema. Máis tarde volveu a España, sendo a última expedición fnanciada pola Hispanic Society. Está sociedade en 1954 nombrou a Ruth M. Anderson conservadora de traxes, un cargo que ocupou ata a súa xubilación. 

Hoxe estas imaxes serven como documentos de tradicións antigas, costumes, e lugares que en moitos casos desapareceron e só 500 son coñecidas e reveladas e  forman parte de ''Galicia Provincies of Spain: Pontevedra and La Coruña''.

 Todos podemos disfrutar destas imaxes e así poder dar unha ollada polo pasado.



2012/05/13

Unha bolsa de canicas.

A historñia comeza cun cativo como Joseph Joffo que xogaba sempre as canicas co seu irmá, Maurice. Dous inocentes nenos que caeron na desgraza de vivir na etapa da Segunda Guerra Mundial e de seren xudeos. 


Eles vivían no tranquilo París, pero a súa situación leuvounos a emprender unha viaxe de fuxida na que a súa infancia remata. Unha viaxe na que teñen que desconfiar de todos, aprender por si mesmos a sobrevivir, escapar dos soldados alemáns e deixar atrás o que sempre lles dixeran que estaba mal, mentir.


Unha historia contada desde a visión dun neno con moitos momentos de tensión e esperanza. A pesar de estar ambientada nunha etapa tan díficil non deixa de ser enternecedora. Sen dúbida recomendovos este libro que che acerca máis a esta parte da nosa historia.


Só decir que se queredes saber sobre o autor leades o libro, xa que a súa vida é a que está contada no libro, toda unha historia real.

2012/04/23

Alez Katz

Alez Katz é un pintor e gravador conocido internacionalmente por un dos maiores precursores do Pop Art, co cual empezou no comezo dos anos 50.


O Pop Art foi un movemento artístico moi importante do século XX, que comeza en Inglaterra e Estados Unidos como reacción artística ao expresionismo abstracto. Este arte baséase no empleo de imaxes e temas tomados da sociedade consumista e da comunicación aplicado na pintura.


Alez Katz chega A Coruña, o MACUF, despois do paso das súas numerosas obras por lugares como o MoMa en Nova York ou a Tate Gallery en Londres, con 22 obras nas que se aprecia o uso do gran tamaño, os seus fondos abstractos, o seu coidado do detalle, e fantásticos retratos propias da súa arte.


Apúntaste?


Vota un vistazo a súa última entrevista.

2012/04/11

Futuro Imperfecto

Xulia Alonso Díaz realizou os seus estudos de Psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela en 1979. Este cambio foi a maiores ao comezar tamen no mundo das drogas. Eran os anos 80 e as drogas marcaban tendencia o que atraía máis os xóvenes a consumir esa nova moda practicamente descoñecida. Foron 3 anos, nos que tamen coñeceu o amor. Ë esta historía, a da súa vida a que ela conta no seu libro Futuro Imperfecto.


Encantoume este libro, ofrecendote a visión do duro munda das drogas e a dificultade de saír delas e todas as súas consecuencias, sen dúbida tráxicas. Pero non todo é malo, xa que o amor tamén é un dos protagonistas nesta obra, o seu amor, Nicolás. Un libro recomendable, dunha historia imperfecta como a vida.

2012/03/31

A nosa terra en perigo.

Imaxes do suceso
Hoxe atopabame en Miño, e mirando pra o ceo viase como pouco a pouco había unha nube de fume polo ceo. Foi por Twitter co hastang, etiqueta, de #sosfragasdoeume cando entereime da noticia.


As Fragas do Eume comezaron a arder sobre as 15:00 do mediodía onde as persoas aloxadas en A Capela, zona cercana a orixe do inendio, deberon ser desaloxadas das súas vivendas, ademaís dos turistas que estaban visitando o mosteiro de Caaveiro. O seu rexidor asegura que o lume afecta o corazón das Fragas do Eume.


Xa van quemadas unhas 200 hectáreas de bosque, e está decretado como incendio de nivel 1 debido a próximidade coas vivendas. Varios medios de efectivos están a traballar para controlar o incendio.


Unha desgraza para un lugar tan fermoso como este que esperemos, non repercuta moito.


Faro de Vigo.
A Voz de Galicia.

2012/03/19

Día de ''A Pepa''

Hoxe, 19 de marzo é o día de San Xosé, o esposo da Virxe María, miles de anos atrás, falecerá e a súa alma pasara da terra o ceo.


Este mesmo día pero non fai tantos anos se non máis cerca, exactamente en 1812 promulgouse a Constitución das Cortes de Cádiz, a primeira Constitución no noso país, e debido ó santo de San Xosé foi chamada con nome de ''A Pepa'' o grito da xente de ''Viva a Pepa''. Nela decretábase: a soberanía nacional, separación de poderes, libertade de expresión, dereito e integridade física, e moitas outras. Algunhas destes principios seguen na nosa constitución.


Felicitar a todos os Xosés e todas as Pepas! 

2012/03/15

Eros.

Escultura de Antonio Canova (1787 - 1800)
Todos coñecedes a o famoso Cupido, pero se os digo Eros a moitos non vos soará nada. Pois ben, Eros, tamén coñecido como Cupido, é o deus do amor na mitoloxía grega. Encárgase do  amor entre homes e mulleres, mentres que a súa nai Afrodita, deusa do amor e a sexualidade. Eros non é o completo un deus senón, un demu, mitade deus e mortal. Dedicábase a levar o amor entre os mortais e el mesmo foi vitima dunha das súas frechas.


Unha das historias máis belas da mitoloxía grega é a de Eros e Psique. Psique era a menor das irmás, fillas dun rei. Era tan fermosa que os habitantes a veneraban a ela en vez de a Afrodita, a deusa da beleza e o amor. Pero aínda toda esta beleza era a única das tres irmás que aínda non casara. Afrodita, celosa, enviou o seu fillo a xunto a Psique e ordenoulle que a unira co ser máis monstruoso e maligno que encontrara. Cando Eros foi a xunto de Psique quedou anonadado coa súa beleza e feriuse cunha das súas propias frechas.


Aínda a súa aparencía dócil era un deus poderoso e a súa nai, Afrodita tiñalle certo respeito e temor.

2012/03/05

Lume na arte.


Steven Spazuk, estudou na Université Laval (Québec) Artes Visuais. Nada máis rematar comezou como calquera outro artista pintando con acuarelas, óleos e outros métodos tradicionais, ata que en 1980 empezou a utilizar o aérografo. Quedou fascinado cós gradientes e degradados que conseguia con este método e pensou en que ocorrería se empleara sobre o liencio o lume. 

E obteou estos impresionantes resultados, convertendose no único artísta que realiza este arte.

2012/03/04

Os libros prestados.

''Os libros prestados'' é unha obra de Xabier López López. Esta obra está formada por varias historias nas que todas elas teñen en común que os protagonistas son os lectores dos libros. Fala da vida que lles envolve e da que forman parte os libros, como a historia dun encontro que comeza cerca dunha blibioteca, ata un home obsesionado con devolver os libros que lle prestaron.


Ao principio pareceume interesante xa que falaba da Segunda Guerra Mundial. Pero logo as historias non me gustaron tanto e nalgunhas partes me desengachaba da historia que estaba lendo. Fixeime na boa descripción que faí o autor, sobre todos das rexurgitacións e do sangue, facendoos moi reais.

2012/02/20

Kurt Cobain.

Hoxe, Kurt Cobain, unha das mellores estrelas de rock, cumpliría 45 años.


Kurt Poupon, más coñecido por Kurt Cobain, naceu en Aberdeen, Washington o 20 de febreiro de 1967. Con 14 anos tivo a súa primeira guitarra, nese momento a música formou parte importante da súa vida e unha forma coa que expresar a súa complexa personalidade. Co tempo formou un grupo có seu amigo, Krist Novoselic chamado Fecal Matter. Máis tarde incorparase un bateria, Dale Croover, co que forman un novo grupo. É en Seatle, nos anos 1985 e 86, onde nacen os primeiros concertos de Nirvana. Ritmos de rock primitivo e desencatado que causaron furor nos xovenes e có que nace o movemento grunge.

En 1988 Dale Croover é substituido por Chad Channing e Nirvana pública o seu primer álbum de estudio Bleach. En 1990 publican o seu segundo álbum Nevermind. Cobain volve cambiar o batería por Dave Grohl. Nevermind convirtese nun dos mellores albums da historia tras vender máis de 15 millóns de copias.


Durante a súa carreira Kurt Cobain sufriu os problemas da adicción a heroína e os problemas de violencia e drogas coa súa muller Courtney Love. En 1922, sale o seu disco Incesticide, que recolle cancións únicas dos concertos e un preludio do seu último disco In Utero.

O 5 de abril de 1994 morre dun disparo na cabeza.

2012/02/12

Ti tamen o dis!

Quen de nós non dixo algunha vez expresios galegas ou as escoitou na casa, como '' Marcho, que teño que marchar'' . Estas son expresións nosas, dos galegos, e coas que moitas veces rimos como con ''Con bragas enxoitas, non pescas troitas'' , porque nós falamos coma o que somos, galegos.

Moitas delas tamen as vemos en camisetas, como as que fai a empresa galega ben coñecida CARAMUXO, 100% producto galego! Votade unha ollada.

Máis expresións no enlace da imaxe.




E na vosa casa, na rúa... ¿que expresións galegas dicides?

Comeza o entroido!


     Onte comezouse a celebrar o carnaval có Concurso de comparsas na modalidade de letra e música. Neste concurso, as comparsas crean a letra dunha canción e logo a cantan. Nas letras falase de todo o actual e sempre con humor, este ano destacou como tema Urdangarín. Participaron 11 grupos, entre eles, a comparsa na que eu formo parte, Pantaleón, na que íamos todos de mosqueteros.


     Levabamos xa ensaiando un mes. Tiñamos os nervios a flor de piel e empezábamos a ter problemas coa primeira canción nos ensaios unhas horas antes. Pero nós podíamos. Saimos sextos, preparados todos para sair en parellas e facer a nosa entrada triunfal, todos pisando forte o chan para que se notase que aquí viña a comparsa Pantaleón...e alí fomos. Un,dos, un, dos... Colocamosnos en filas coas espadas en alto, e por parellas a xente pasando, cunha caida nas escaleras, pero o parecer niguen o viu, buff, tivemos sorte.


     Colocamonos e comezamos:


“Eran uno, dos y tres, los famosos consejeros, el pequeño José Luis siempre va con ellos...”,

     Sainos moi ben. Logo de ver o resto dos grupos, tocabanos esperar, o xurado tivo que deliberar quen serían os gañadores. Mentres tanto puidemos calmar os nervios coa actuación de Pepe Suevos.


     Xa tiñan decidido, e comezan polo tercer premio de 800 euros que resulta ser para....PANTALEÓN! Siii, para nós, conseguimos o tercer premio. Logo o segundo foi para Monte Alto a 100 e o primero para Os Maracos.


     Sen duda unha boa forma de comezar o carnaval! 

2012/02/01

A lingua das bolboretas.

Na miña opinión non creo que haxa mellor película que esta para mostrarte o cambio que sucedeu na Guerra Civil, coa que todo deu a volta, e reflexouse o medo nos ollos dos repúblicanos, dos cales algúns foron detidos e fusilados. Está película esta formada por varios relatos de Manuel Rivas publicados no libro ¿Que me queres amor?, e foi gañadora nos Premios Goya a Mellor Guion Adaptado en 2000. Unha historia entrañable e diferente que merece a pena ver e coa que vives todo dende máis cerca, cun final que para min foi moi impactante e algo insperado. Sen dubida quedeime con ganas de leer as historias que forman esta esplendida largometraxe, así que baste de esperar e a comezar!


E non vós quededes con ganas de saber como é a lingua das bolboretas.


2012/01/29

Unha historia de amor diferente.

Marcela e Elisa é o nome dunha parella homosexual do ano 1901, as cales loitaron con valor polo seu amor e o seu recoñecento como parella.  Este é o caso dunha parrella pero miles delas hoxe en día tamen sofren en silencio debido a forma en que son aceptados na sociedade. En moitos paises aínda hoxe en día a homosexualidade é considerada pena de morte e cadea perpetua, esaxerado verdade?

Dicir que a época que viviron Marcela e Elisa foi moi diferente a de agora. Elas foron detidas, perseguidas e postas en mal lugar na prensa. Nos tempos de agora non se chega a estos estremos pero aínda quedanos un logo camiño para que non haxa descriminacion polas preferencias sexuais das persoas. 

Que un sea homosexual non quere dicir que lle gusten todos os seus amigos ou amigas, se non que ten preferencias polos do mesmo sexo. Non debe haber etiquetas nin burlas, todos somos persoas e todos sentimos. Marcela e Elisa loitaron polo seu amor e ante iso merecen o noso respeto como todos.

Non a homofobía, si ó respeto.

2012/01/21

Atila en Galiza.

"Moitas veces os mártires crean mundos que os herois nin tansiquera son capaces de concebir. E na miña Terra complirase a vontade dos mártires." Castelao.

Esto é o que escribiu Castelao, no seu libro Atila en Galiza pulicado en 1937, lonxe de Galicia, un ano despois de estalar a Guerra Civil Española. Unha época na que en Galicia toda vida política e cultural atópabase paralizada. Neste tempo todas aquelas persoas de pensamento nacionalista ou unidos ó mundo da cultura galega son exiliados como é o caso de Castelao e moitos máis, os cales continuan a recuperación do galego aló.


 El, neste libro representa o que estaba a suceder durante a ditadura, toda a represión a que esta sometido o país. Chamoume a atención sinceramente, xa que cunha imaxe e só unhas poucas palabras, danolo a ver de forma máis cercana. Disfrutade, das imaxes e reflexionade sobre elas neste enlace. 


2011/11/29