Bos dias compañeiros! Aquí estou unha vez máis para falarvos sobre a película dos Nenos Salvaxes, esa da que dín que reflicte a realidade de hoxe día.
Se buscamos o argumento non é moi longo, por iso o único que vos podo dicir é que conta a historia de tres adolescentes que viven excluídos da xente tanto na escola coma na casa e isto fai que se sintan mal xa que non poden expresar o que eles mesmos pensan.
Como vos sentiriades vós se o que vos gusta facer ou adicar os superiores non volo permitiran?
Mostrar mensagens com a etiqueta Miriam. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Miriam. Mostrar todas as mensagens
2012/06/13
2012/05/31
SÉS
Fixo que nos desemos conta de que somos galegos non por casualidade senon por sorte, que cando alguén nos gusta o que realmente pensamos é que nos presta e as rapazas, somos como somos, porque queremos e as fadas so aparecen nos contos.
O outro lado do charco encóntranse os nosos primos ( arxentinos, entre outros...) polos que ela sinte moitísimo cariño e compón cancións cas propias características mezclando blues, rock...
A mín, tamén me gustaría poder chegar o día de mañá a un garito ou instituto (por exemplo, o meu) e expresar o que sinto e os meus recordos, por exemplo, o que aprendín con ese "esquema" que polo que se ve, todo o mundo coñece.
Para iso non vou perde-la esperanza, vou continuar perseguindo os meus soños e non penso deixar que os problemas se interrumpan no meu camiño porque grazas o galego poderéi percorrer medio mundo, ese mundo que as veces non é tan grande como parece pois... Sés é a miña veciña, coñéceme dende que nacín aínda que eu verdadeiramente a coñecín hoxe.
Esperamos que volva pisar o seu instituto e nós o poidamos ver, porque ata agora foi sen dúbida a mellor actividade que tivemos.
Aquí vos deixo a súa páxina e aquí o seu facebook.
Grazas Sés por regalarnos iso tan fermoso que temos: a vida, e con ela a realidade! Un bico e deséxote o mellor.
2012/05/13
MAUS
Pois ben, aquí seguimos lendo e aprendendo neste caso dunha historia real que, Art Spiegelman (autor estadounidense) encárgase de plasmar a modo de comic, para que nós, podamos aprender todo o que aqueles tempos de represións nazis acabaron deixando.
Se nos paramos a pensar nos xudeus, nazis, pixamas a raias, Swasticas... sen máis vensenos a mente mortes, armas, numeros, paises, fronteiras e demais, pero se intentamos alonxarnos podemos ver as historias de personas que deron a vida polos seus e nalgúns casos como é este o conseguiron pero na gran maioría, non.
Este non é tan so un libro que fale sobre a Segunda Guerra Mundial se non que trátase dunha gran fonte de información sobre a vida nas trincheiras, cartas a familiares sen saber se serian respondidas, longos periodos de fame, ratas (neste caso "maus") e moito máis, que por certo, ven moi ben para o tema que estamos a dar de sociais, en relación a vida dos soldados, etc. Por iso o recomendo de verdade, sobre todo para aquelas persoas as que lles guste o tipo de narración histórica como por exemplo O neno co pixama a rais.
Conta a situación real transmitida de Vladek Spiegelman,pai e xudío polaco, o seu fillo Art S. Gustoume especialmente porque cando a estas a ler, aparte de ver os debuxos imaxinaste unha historia paralela da que formas parte e como fai saltos dunha cara a outra nalgúns momentos parece como se acabases de entrar nun soño, igual que pasa nas peliculas. Usa sempre animais aos que personifica, os cales fan referencia os humanos cando son usados como máquinas. Neste caso os ratos traenlle bos recordos da súa infancia cando vía a Tom e Jerry.
Bueno sen sair do tema... contareivos un pouco sobre o libro... ten sobre 300 páxinas e diredes "buaa pero eso é moitísimo!" e non é certo, porque tendes que ter en conta que a maior parte son debuxos. O comezo esto que acabou sendo un libro empezouse repartindo por entregas na revista Raw da que o Propio Art S. era editor. O mellor dicíndovos que gañou varios premios e fixeronse xogos animadesvos mais.
Para rematar deixovos cunha frase de Adolf Hitler:
"Non cabe dúbida de que os xudeos son unha raza, mais non son humanos"
Miriam 4ªB
2012/05/05
De Mondoñedo a Laracha...
Ben! Aquí estou de novo para contarvos a experiencia que tiven. Aparentemente, como case sempre pasa neste tipo de convivencias, o comezo todo o mundo esta un pouco avergoñado sen saber que dicir nen facer pero co paso do tempo isto desaparece.
En xeral ca xente de Mondoñedo tivemos máis entrega e conseguimos antes a confianza que cos da Laracha, isto non quere dicir que foran peores nen nada polo estilo! Todos eles eran persoas encantadoras o que pasa que en Mondoñedo para todos aquelo era novo e tiñamos que axudarnos uns os outros para poder sair adiante, en cambio na Laracha como estaban no seu insti pois non é o mesmo porque eles sabias a onde ir pero nos en cambio non... Pese a iso fixemos pequenas amizades que...
Quen sabe se co paso do tempo irán medrando?
Resumindo, foron unhas experiencias magnificas que sen dubida haberá que repetir, se se pode, claro esta.
Compartimos moitas cousas en tan pouco tempo... reflexábase cariño por todos eles.
En Mondoñedo fixemos amizades en "cero coma" sobre todo con Ainhoa e Noemi, duas rapazas encantadoras! (e as gañadoras do concurso, que por certo, se non fose polas carreiras que nos votamos non o conseguiríamos pero como xa dixemos... valeu a pena! ).
Polo resto pouco podo dicir porque xa que sobre todo o que se viviron foron emocións e para iso sobran as palabras, o feito de pensar o ben que o pasa un traballando con xente da nosa idade e magnífico!
Fancendo a ruta de Mondoñedo a todo gas, preguntándolle a xente sabe onde esta tal sitio? e que che respondan si, sen dicirche nada mais, rindonos entre toma e toma cos programas de radio, os sustos que nos meteron os ordenadores cando desapareceron os traballos... todo foi marabilloso!
E aqui seguiréi esperando o próximo reencontro!
Aquí un pequeno resumo da xornada de Laracha e de Mondoñedo!
Miriam
Quen sabe se co paso do tempo irán medrando?
Compartimos moitas cousas en tan pouco tempo... reflexábase cariño por todos eles.
En Mondoñedo fixemos amizades en "cero coma" sobre todo con Ainhoa e Noemi, duas rapazas encantadoras! (e as gañadoras do concurso, que por certo, se non fose polas carreiras que nos votamos non o conseguiríamos pero como xa dixemos... valeu a pena! ).
Polo resto pouco podo dicir porque xa que sobre todo o que se viviron foron emocións e para iso sobran as palabras, o feito de pensar o ben que o pasa un traballando con xente da nosa idade e magnífico!
Fancendo a ruta de Mondoñedo a todo gas, preguntándolle a xente sabe onde esta tal sitio? e que che respondan si, sen dicirche nada mais, rindonos entre toma e toma cos programas de radio, os sustos que nos meteron os ordenadores cando desapareceron os traballos... todo foi marabilloso!
E aqui seguiréi esperando o próximo reencontro!
Aquí un pequeno resumo da xornada de Laracha e de Mondoñedo!
Miriam
2012/04/10
AGUA-cate
O aguacate é un froito do aguacateiro, orixinario de Perú e México, pertencente á familia do laurel, debido a isto as diversas formas co que é coñecido (avocado, palto/a...) e a gran variedade de prantas (400 máis ou menos).
Cando se cultiva (clima cálido) só se deixa que a pranta medre ata os 5 metros pero en realidade ten a capacidade de medrar ata os 20 metros aproximados de altura.
O Persea Americana ten unhas floriñas verdes moi pequenas dende as cales medran os seus foitos, parecidos as peras na forma e na cor (ainda que un pouco máis oscuros) e no interior unha pulpa amarelenta que protexe o oso central duns 4 cm de diámetro (algunhas especies carecen del pero en cambio chegan a medrar uns dous quilogramos por froito).
O Persea Americana ten unhas floriñas verdes moi pequenas dende as cales medran os seus foitos, parecidos as peras na forma e na cor (ainda que un pouco máis oscuros) e no interior unha pulpa amarelenta que protexe o oso central duns 4 cm de diámetro (algunhas especies carecen del pero en cambio chegan a medrar uns dous quilogramos por froito).
2012/02/23
Verónica Boquete ou ... non era así?
Está é unha rapaza galega de 24 anos de idade, dos cales, a gran maioría deles leva esquivando comentarios machistas. Recoñecida "oficialmente" como a mellor xogadora de España despois de tantos anos perseguindo o soño. Chegou a ser popular no estranxeiro en países como Rusia ou Estados Unidos e conseguíu montóns de títulos a nivel nacional aínda que ten morriña e desexa a volver a xogar algún día nas nosas terras.
Tras unha breve entrevista que lle fixeron esto foi o que contestou (non cas mesmas palabras textuales) :
-Co partido en Santiago completa un soño da infancia?
Desexo xogar en Galicia xa que nunca o puiden facer e cando comezei a perseguir o meu soño, marchei o estranxeiro directamente.
-Pensou algunha vez en chegar a este nivel?
A verdade que nunca pensei que o fútbol feminino tivexe tanto prestixio noutros paises pero pouco a pouco cando fun crecendo dinme conta e é verdaderamente certo que non pensaba onde ía chegar.
-Ten unha nena de hoxe en día esas referencias que vostede non tiña?
Cada vez temos máis referencias. España é un dos paises máis atrasados respecto o deporte feminino de outros países, especialmente en fútbol. O meu caso é especial porque ao ser coñecida chamo a atención de moita xente e intentan facer o que eu puiden.
<Que se decante de que con ser muller non se lle cerran as portas e que se traballan teñen moitas opcións de chegar alto. >
-Pero non parece que poidan chegar tan alto como os homes, polo menos a nivel económico...
Eu teño a sorte de ser profesional e vivir disto, pero o mesmo tempo penso no meu futuro porque sei que isto algún día acabará e eu non teño a vida solucionada como moitos futbolistas, terei que seguir traballando coma unha persoa normal.
-En que categoría masculina xogaría o campión da Superliga feminina?
Non podemos compararnos con eles porque hai moita diferencia física, ata os 14 podes ser igual ou mellor ca eles, eu o fixen ata os 15, pero mais tarde complícase. Podes ser mellor en moitos aspectos pero non fisicamente. Nin a mellor xogadora do mundo o conseguiría. A forza e a técnica son cousas paralelas.
-Se un repara nos comentarios en Internet ás noticias sobre o fútbol feminino, sempre aparecen frases machistas e insultantes. Queda moito por facer aínda?
Por sorte cada vez vaise mellorando pero sempre hai opinións que non cambian. Moitas xa estamos afeitas a ese tipo de comentarios absurdos, eu tiven que escouitar cousas de todo tipo dende pequena pero o final acostúmaste. A quen lle interese a noticia vaina ler e a nós o que nos interesa é "facernos famosas". Supoño que co tempo cambiarán de idea ou se cansarán de escribir parvadas.
-Moitos afeccionados ao deporte descubrírona a vostede e a moitas das súas compañeiras cos partidos da selección galega. Foron tan importantes para o fútbol feminino como parecen?
Aqueles partidos serviron para achegar mais á xente, a sociedade non sabe que hai unha liga a que nós xogamos. Servíannos para promocionarnos e a partir diso aumentaron o número tanto de xogadoras como equipos femininos, xeralmente as nenas fan menos deporte cos nenos pero bueno, todas as facilidades que se nos presenten, benvidas sexan.
-Semella que a vostedes facíanlles máis falta aqueles partidos que aos homes... Si, claro que si. O final acabouse mesturando o deporte e a política e o acabamos pagando, aínda que a nós iso non nos importaba, o importante era xogar ca seleción galega e promocionar o noso deporte para que nos coñecesen.
-O Deportivo tivo nos 80 un equipo feminino pioneiro e moi laureado; o Celta mantén varias seccións deportivas. Por que ningún dos grandes galegos aposta polo fútbol feminino? Porque imos atrasados con respecto doutros estados, pero sobretodo en Galicia. Barcelona, Athletic de Bilbao, etc. apostan por equipos femininos porque aínda que non dean ingresos dan unha boa imaxe o club para poder promocionar o deporte e demais. Se o Deportivo ou Celta apostasen polo fútbol feminino sería un gran paso que é o que lles esta pasando a outros equipos.
E cre que habería afección a eses equipos femininos? Por suposto, porque o mesmo tempo estes equipos fomentan a afección ao teu club. No Espanyol a xente segue o seu equipo e lles da igual que categoria este xogando, e a verdade que creo que aquí en Galicia tería bo resultado.
Porque vostede declárase afeccionada do Espanyol... Son do Compostela é o meu equipo, pero teño sentimentos por todos os anos que estiven alí. Ser do Espanyol e estar en Barcelona ten moito mérito, xa que é un equipo sufridor e non se adoitan celebrar títulos: é un sentimento... familiar e tratáronme moi ben.
Quédalle esperanza de acabar a súa carreira nun equipo galego de alto nivel? Si. Estar fora e moi interesante e se aprende moito, pero mellor que na casa... nada. Por desgraza tiven que emigrar para competir a mellor nivel pero gustaríame estar aquí e competir o mesmo nivel. Oxalá o futuro me traia de volta.
2012/02/12
Ninguén- Fran Alonso
Para que mentirvos?
A verdade, non lle aconsello este libro a ninguén (como xa di o título).
Non se trata nin dos peores nin dos mellores libros que lin pero... non estiven a gusto.
O comezo a simple vista tíñame boa pinta pero despóis pouco a pouco cando o fun lendo xa cambie de opinión.
Por se vos interesa... Cada capítulo componse dunha historieta e dun hoax e moitos de vós preguntaredesvos... Que é un hoax?
Pois ben, un hoax é unha palabra inglesa que se traduce como: farsa.
No libro fala de varios tipos de hoax nas redes sociais como son as típicas mensaxes en cadea que dín:
<Se non mandas isto antes de media hora a vinte contactos morreras> , ou esas de...
<O meu nome é Pilar Blabla e un día encontreime un alienixena pero mandei esta mensaxe e tiven boa sorte, se non queres ter mala sorte mandaá xa, e non a elimines se non a Morte chamará a túa porta>
Rapaces, non, non é verdade nada do que vedes nas redes, todo son hoax!
(Paréceme máis interesante o das farsas que o libro)
En canto a forma de escribir, utiliza tanto vocabulario cotía coma un pouco "rebuscadillo" e as historias para o meu gusto acontecen demasiado despacio.
Quen sabe... igual a vós vos gusta. Se queredes coñecer a vida do autor premede aquí.
A verdade, non lle aconsello este libro a ninguén (como xa di o título).
Non se trata nin dos peores nin dos mellores libros que lin pero... non estiven a gusto.
Por se vos interesa... Cada capítulo componse dunha historieta e dun hoax e moitos de vós preguntaredesvos... Que é un hoax?
Pois ben, un hoax é unha palabra inglesa que se traduce como: farsa.
No libro fala de varios tipos de hoax nas redes sociais como son as típicas mensaxes en cadea que dín:
<Se non mandas isto antes de media hora a vinte contactos morreras> , ou esas de...
<O meu nome é Pilar Blabla e un día encontreime un alienixena pero mandei esta mensaxe e tiven boa sorte, se non queres ter mala sorte mandaá xa, e non a elimines se non a Morte chamará a túa porta>
Rapaces, non, non é verdade nada do que vedes nas redes, todo son hoax!
(Paréceme máis interesante o das farsas que o libro)
En canto a forma de escribir, utiliza tanto vocabulario cotía coma un pouco "rebuscadillo" e as historias para o meu gusto acontecen demasiado despacio.
Quen sabe... igual a vós vos gusta. Se queredes coñecer a vida do autor premede aquí.
2012/02/01
Uxío Novoneyra (19 xaneiro 1930 - 30 outubro 1999)
Naceu en Parada de Moreda, Courel, no 1930, poeta e escritor, fillo dunha familia de labregos. Centra a súa atención e inspírase nesta terra para escribir moitos dos poemas.
1952, coñece a Pedrayo e algúns mais e están de acordo en escribir en galego. Un ano mais tarde enferma de pleuresía o que fixo que ata o 1955 non puidese publicar: Os eidos, máis tarde rematarao cun exemplar chamado Os eidos 2 e tamén escribe Letanía de Galicia e outros poemas (1974) ao mesmo tempo adícase o mundo da radio e televisión e casou cunha muller chamada Elba ca que tivo 4 fillos, pero un deles, só vivíu uns días.
Nos 80, comeza a recopilar ideas para incorporalas nas súas composicións, como: Libro do Courel (1981 dispón de varias edicións).
En 1983 muda a Santiago, escribe o seu primeiro libro de narrativa, e é onde exerce o papel de presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, até 1999 (cando morre e entérrano no cemiterio lugúes de San Froilán).
Publica Poemas caligráficos (textos relacionados a vangarda pictórica de Brais Pinto e ilustrados por Reimundo Patiño).
Publica Poemas caligráficos (textos relacionados a vangarda pictórica de Brais Pinto e ilustrados por Reimundo Patiño).
Na 2ª metade dos 80, reuníu unha coleción de poemas paixonais e amorosos, (Muller pra lonxe-1987) , e pouco despois en, Do Courel a Compostela , de temática política, acompañados dunha crítica.
Foi no 1994, despóis dunha época de silencio, cando publica Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras finalmente, no 98 escribe Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas.
Novoneyra sempre expresa o apoio da lingua galega, sen deixar de facer que os escritos sexan bos a simple vista e utilizando recursos literais para salientar orixinalmente.
No 2010 celebrouse o Día das Letras Galegas a este gran escritor e nós, que non eramos menos tamén o festexamos a nosa forma no IES Elviña, se queredes ver un pequeno resume aquí tendes. Espero que vos guste! (Non vos fixedes moito nas pintas, porque dentro do que cabe... os anos pasan voando).
Mais información! E por se aínda non estades fartos... premede aquí!(Están case todas as obras citadas anteriormente).
2012/01/23
Por que non unha tarde o calorciño?
Mañá a partir das oito da tarde celebraráse na biblioteca pública Miguel González Garcés un centenario en honor a Maruxa Seoane (a viúva de Luis Seoane).
As entradas son gratuítas.
Con esta intentarase recordar o papel importante que desenrolou esta muller axudando o seu marido ( facéndoo mais ou menos famoso).
No acto participarán persoas que tiveron a sorte pa uns (ou desgracia pa outros) de coñecela e farán unha pequena biografía con todo o relacionado da vida ou anécdotas da mesma.
Se queredes saber máis sobre o evento premede aquí e se queredes coñecela mellor aí déixovolo.
2012/01/16
Isaac Díaz Pardo
(Santiago de Compostela, 22 de agosto do 1920 - A Coruña, 5 de xaneiro do 2012)
Rematada a Guerra marchou a estudar a Madrid na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e anos máis tarde pasou a ser profesor da Academia de Belas Artes de Barcelona, a partir deste momento empezou a expoñer as súas obras tanto na península como noutros paises europeos e ata en América.
Co tempo interesouse máis pola cerámica e foi uníndose a diversos grupos de artistas alfareiros, un dos grupos máis importantes é o de Sargadelos (o creador foi Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés )do que foi director e administrador e onde estivo involucrado case ata o último dos seus días, pouco a pouco foi sendo excluído do grupo.
Podemos destacar de entre as súas obras... Xente do meu Rueiro, O ángulo de pedra, Galicia Hoy (xunto con Luis Seoane que tamén aportou a súa axuda no Laboratorio de Formas de Galicia), Paco Pixiñas (con Celso Emilio Ferreiro), El Marqués de Sargadelos, Castelao, etc, ademáis dunha gran cantidade de artículos en periódicos, como a La Voz de Galicia.
Se queredes coñecer un pouco máis de este home premede aquí.
E para aqueles aos que non vos guste ler moito aquí tendes:
Entre outras cousas foi empresario español, pintor, diseñador, editor... algunas destas aficcións herdounas do seu pai: Camilo Díaz Baliño que se reunía na súa casa con Otero Pedrayo, Castelao, Cabanillas, etc. para falar os temas relacionados coa organización das Irmandades da Fala mentres que o seu fillo facía o mesmo pero co Seminario de Estudos Galegos. Camilo foi fusilado ao pouco tempo de comezar a Guerra Civil Española. A partir desto Isaac tivo que ir a vivir a casa do seu tio Indalencio, na nosa cidade e máis tarde adicaríase a rotulación.
Co tempo interesouse máis pola cerámica e foi uníndose a diversos grupos de artistas alfareiros, un dos grupos máis importantes é o de Sargadelos (o creador foi Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés )do que foi director e administrador e onde estivo involucrado case ata o último dos seus días, pouco a pouco foi sendo excluído do grupo.
Podemos destacar de entre as súas obras... Xente do meu Rueiro, O ángulo de pedra, Galicia Hoy (xunto con Luis Seoane que tamén aportou a súa axuda no Laboratorio de Formas de Galicia), Paco Pixiñas (con Celso Emilio Ferreiro), El Marqués de Sargadelos, Castelao, etc, ademáis dunha gran cantidade de artículos en periódicos, como a La Voz de Galicia.
Se queredes coñecer un pouco máis de este home premede aquí.
E para aqueles aos que non vos guste ler moito aquí tendes:
2011/12/15
O diario violeta de Carlota
De novo volvemos as andadas ca violencia de xénero, a simple vista pensaredes que é un libro deses que empezan a falar e falar contando todo sobre a violencia de xénero pero... non, non é o caso, non se trata dun deses libros "tostón" ou "coñazo" , trátase dun libro entretido que transcorre nun período dun ano apróximadamente e relata as cousas cotías diarias das nosas vidas pero visto dende a mente duhna nena de máis ou menos a nosa idade.
Pensades que a violencia está relacionada só cos golpes? Que cada vez que se fala deste tema dinse cousas feministas? Non sei, eso é cousa de cada un de vós, eu o único que vos podo asegurar é que este libro sacaravos de dudas, a parte de que aprenderedes moito con el e descubriredes que a violencia non so é física.
Non vos vou dicir de que vai o libro porque, xa o dixen fala da violencia visto desde os ollos duha nena da nosa idade a que lle di a súa avóa que porque non intenta poñerse unhas lentes violetas e mira a vida dende outro punto de vista. Desta forma e pouco a pouco vai dándose conta de que as cousas máis simples que poden existir van relacionadas ca discriminación maioritariamente cara as mulleres.
Para os que vos interese deíxovos o blog da autora (Gemma Lienas) que como podedes ver é moi moderna. Que máis queredes que conte se como quen di... vale máis unha imaxe que mil palabras, quero dicir, que vendo como é a autora nin vos podedes imaxinar o que está recollido no libro. A parte de que ten unha forma magnífica de escribir que se entende rapidamente.
Bueno os que mais me coñecedes xa sabedes que non so gústame este libro se non que mais ou menos gústanme todos os de este tipo de coleción.
2011/11/27
BELEZA POR DENTRO E POR FORA
Hoxe día existen moitos tipos de xogos tanto como para xogar en grupo, individual, para homes, mulleres, nenos, etc...
Dende pequenos, a gran maioría dos nenos utilizan xogos relacionados con guerras, debates, enfrentamentos, e demais, mentres que as nenas xogan con bonecos, carriños de limpeza, maquillaxe...
a razón? os estereotipos (asociarlle algo a alguén ou algo).
Por que os homes teñen papeis de fortes e mentres as mulleres son relacionadas ca limpeza e o coidado dos seus fillos? Non é que todos somos iguais? Somos o xoguete dos homes?...
Son estas, e moitas preguntas máis que día a día xorden no mundo no que vivimos e son poucas as persoas capaces de contestalas. No que va de ano xa son máis de 60 as victimas que sofren as agresións por parte dos homes ata o punto de chegar a atoparse ca morte. Por que non paralizalos a tempo? Por que ter vergoña para que os demais non se enteren? Se sofres maltratos por parte da túa parella ou dalgunha outra persoa chama o 016 (teléfono contra o maltrato, dispón do servicio de máis de 51 linguas para poder axudarche)
Isasaweis é unha rapaza asturiana que se adica a colgar videos en YouTube sobre maquillaxe ou receitas de cocina, ademáis de dar clases de informática ou inglés para adolescentes. Nun dos seus últimos videos que montou decidiu adicalo a como poder tapar os moratóns e aquí os resultados :
http://www.youtube.com/user/isasaweisEspero que o vexades e recapacitedes.
NON O OCULTES! SE TE SINTES MALTRATAD@ AVISA QUE SEGURO QUE ESTÁS A TEMPO!Non penses que a violencia é xo física, pode ser verbal, psíquica...
TEMOS QUE ACABAR CON ESTO XA!
NON ES MENOS QUE EL!
NON É MÁIS CA TI!
2011/11/20
2011/11/07
Centón- No conxeado frío
Este clima
fíxome chorar
esquivouse o verán.
A auga do mar
reduciuse ao chorar.
O Sol era un paxaro triste
que se pousaba no balcón.
As estrelas
están alí no ceo.
Colgadas polo frío vento.
Senteime a fumar no balcón,
mentres pensaba en tí, corazón.
As pombas menxaseiras
xa non levan as cartas
que che escribo sen faltas.
Se ti non estás
o tempo vai cara atrás.
Soidade Frío Noite
Recordos Lentitude
Recordos Lentitude
Vótame unha man
se non queres
que me de un tantarantán.
O meu barco vaise hundir
e eu so quero fuxir.
Manuel Antonio
2011/11/03
Maruxa Mallo
1922- instálase en Madrid.
Máis tarde ingresa na Academia de Belas Artes , relaciónase con poetas e artistas da Xeración do 27. Coñece a Dalí e á poetisa Concha Méndez, introdúcena na Residencia de Estudiantes, estreita amizade con Lorca, Buñuel e Rafael Alberti, co que mantén unha relación amorosa importante e discreta. Maruxa crea a súa linguaxe artística, (tendo en conta as vangardas: -futurismo, surrealismo, cine-) e arte popular. Mestura todo na súa interpretación.
1928-Ortega y Gasset bríndalle os salóns da Revista de Occidente para realizar a primeira exposición; recibe boa fama. Ca Escuela de Vallecas percorre os exteriores de Madrid. Atraíanlle, "os espazos cubertos por cinzas, as superficies inundadas polo limo habitadas por vexetais ásperos, cloacas empurradas polos ventos, campanarios atropelados polos vendavais".
1931-explora este tipo de paisaxes ,colabora en escenarios teatrais,realiza debuxos para a portada da Revista de Occidente e o deseño de cubertas de libros.
1931-viaxa a París, co seu pai, permanece varios meses e expón a súa obra. Intelectuais e artistas como Picasso e André Bretón visitan e acollen con entusiasmo a mostra.
1932-regreso a Madrid, supón un xiro no seu estilo. Inspírase en elementos da natureza.
Combina o seu traballo artístico cunha actividade de compromiso coa República.
1936-realiza a obra máis importante que presentará no extranxeiro: "La sorpresa del trigo". Cadro mural, da serie "La religión del trabajo", presidirá a súa derradeira exposición en España, promovida polo grupo ADLAN.
1936-realiza a obra máis importante que presentará no extranxeiro: "La sorpresa del trigo". Cadro mural, da serie "La religión del trabajo", presidirá a súa derradeira exposición en España, promovida polo grupo ADLAN.
1937-permanece ata este ano en Galicia debido as Misións Pedagóxicas.Viaxa a Bos Aires donde é moi ben recibida para facer entrevistas, conferencias, obras , etc. Viaxa moito a Latinoamérica. Coincide en Chile co seu amigo Pablo Neruda.
1942- Ramón Gómez de la Serna e Atilio Rossi adícanlle un libro editado pola Editorial Losada. Comeza a debuxar mulleres de perfil, elementos latinos,etc. (Gravados, debuxo e óleo)
1960- Volta a España
A súa obra é cada vez máis valorada por galeristas e críticos, sobre todo por xente nova. Tras a morte de Franco chégalle o recoñecemento total;
1982-recibe a Medalla de Ouro de Belas Artes,
1993-Centro Galego de Arte Contemporáneae adícanlle unha exposición antolóxica.
6 de febreiro de 1995-morre na residencia de anciáns Menéndez Pidal de Madrid.
Máis sobre Maruxa Mallo e algunhas das súas obras
Subscrever:
Mensagens (Atom)
