Mostrar mensagens com a etiqueta Joyce. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Joyce. Mostrar todas as mensagens

2012/06/24

Refeiçoes portuguesas

Para empezar, refeiçoes significa comida en portugués, así que, claro está, imosvos deleitar cunhas cantas maravillas dos nosos veciños.



Alheira é un cocido que leva carne de porco, polo, aceite, manteca de porco, allo e especias. É parecido ao noso caldo, e pódese facer de diversos xeitos. 

Os ovos moles de Aveiro, a fermosa Venecia portuguesa, é un doce típico desta cidade. Trátase dun doce rexional e tradicional que apareceu nas feiras dos conventos existentes ata o século XIX.

A súa preparación consta tan só de tres ingredientes básicos:
                         - xemas de ovo                                             
                         - azúcar                                         
                        -  fariña de arroz         
cos que se fai unha masa coa que logo se enchen uns moldes de diferentes formas e que tamén se comen.
                                                                                                                       
Os Pasteis de Belém son moi populares en Portugal, só sabemos que levan nata e son espulverizados con canela ou azucre, a receita orixinal é un segredo da Fábrica de Pastéis de Belém, así que se os queres probar, este verán tócache facer unha visita a Portugal.

2012/06/07


Recife PERNANBUCO on PhotoPeach

2012/06/06

A música como terapia

   


A músicoterapia consiste no uso da música dentro da estrutura
organizada de traballo cun fin terapéutico.

Os seus obxectivos inclúen restaurar, potenciar ou manter a saúde das persoas. Para iso utilízanse técnicas e procedementos específicos da disciplina. Dentro desta pódense atopar distintas correntes de pensamento e diversas influencias doutras disciplinas como a psicoloxía, a pedagoxía musical, o medicamento, a filosofía, a musicoloxía, etc.Incluída dentro das Terapias Creativas, recoñécese a existencia da musicoterapia como profesión.

Actualmente a musicoterapia estúdase no ámbito universitario en países como Arxentina, Brasil, Inglaterra e moitos outros. En España existe a titulación de máster ou posgrao, se ben non é unha carreira universitaria como tal. Así mesmo, o Ministerio de Traballo non a recoñece a día de hoxe como Profesión.

Pode ser un tipo de terapia en si mesma, aínda que o seu carácter interdisciplinario favorece a súa integración con outras modalidades terapéuticas.

A musicoterapia contempla aconteceres musicais e estéticos que promoven o desenvolvemento e recoñecemento de distintos aspectos da comunicación emocional das persoas. O musicoterapeuta debe comprender e non xulgar como de maior ou menor calidade as producións dos seus pacientes en tanto calidades técnicas dos mesmos

Entre as diversas técnicas usadas pódese distinguir primeiramente entre técnicas pasivas e activas segundo a música sexa escoitada ou executada en vivo. A musicoterapia aplícase tanto na práctica clínica como na social ou a educativa.


2012/02/22

                                             Quen foi Lorenzo Varela?

Foi un escritor e poeta galego que viviu a meirande parte da súa vida no exilio. Militou no Partido Comunista de España e durante a Guerra Civil española tivo un papel relevante nas Milicias da Cultura. Produciu a súa obra en galego e en Casteláe foille dedicado do Día das Letras Galegas en 2005.

Lorenzo Varela nace a bordo do vapor La Navarre en chegando ao peirao da Habana, destino da longa travesía que os seus pais iniciaran en Vigo tras abandonar Monterroso na procura dunha vida mello. De volta en Galicia, Lorenzo aprende o galego. Tres anos despois, os tres embárcanse a camiño de Bos Aires.
En 1931, o mozo Varela volve a Galicia e se instala en Lugo. Alí, Lorenzo estuda bacharelato e funda o Ateneo Popular. Nestes anos coñece a Ánxel Fole. No 32 intégrase nas filas do nacionalismo e, xunto a nomes como Ramón Piñeiro, Fernández del Riego, Celso Emilio Ferreiro e Carvalho Calero, participa na creación das Mocedades Galeguistas, ocupando un cargo directivo. O grupo radicalizará os seus posicionamientos até declararse “arredista”. Con todo, Lorenzo Varela será expulsado por se afiliar a unha agrupación trotskista.

En 1934 marcha a Madrid para abeirarse da represión e estudar Filosofía e Letras. Alí móvese nos círculos trotskistas e contacta co grupo PAN (Poetas Andantes e Navegantes). Participa nas tertulias de Gómez de la Serna e nas de La Granja del Henar; mantén relación con Pablo Neruda, Maruja Mallo e Rafael Dieste, entre outros; e coñece a artistas novos como Granell, Laxeiro, Maside e Colmeiro. Exerce como crítico literario no xornal El Sol, e participa nas Misións Pedagóxicas. Tamén escribe o libro de poemas Diario dun fauno, que nunca chegará ao prelo porque Varela o xulga carente de calidade e remata por destruílo.

2011/10/26

 O diario vermello de Carlota ( Gemma Lienas)


Este libro non trata de un diario, nin unha novela senón dos coñecemento da sexualidade. Un libro para as rapazas se coñezan mellor e para que os rapaces saiban entender a sexualidade das mozas.


Carlota é unha repaza que está na adolescencia e que ten moita dúbidas sobre a sexualidade. Un día, na clase comezou a falar este tema, asi que Carlota decidi a escribir un diario rojo donde escribir todas súas dudas, resultado e súas esperiencias persoais. Por casualidade Carlota coñeci un rapas chamado Flanagan, na estacion do metro. Os dous vivirán una historia sexual que Carlota nos contará detalle por detalle. Pouco a pouco, o diario comeza a ter informacion moi útil, e sobre as experiencias de Carlota.


É un libro que me gustou moito. O que máis chamou me a atencion foi o xeito que foi escrito, de un xeito tan natural, fresco e directo como este. A relaions entre Carlota con os amigios, a nai e a avoa son moi próxima, unha cousa que hoxe en día os adolecentes non son tan proximos.


Eu recomendo este libro para todas as repazas que están nese periodo de idade tan dificil como a adolecencia.jajajajaja
Con este libro vos apredereis máis cousas. 
             
    

2011/10/24

RECIFE 


Recife é a capital do estado de Pernambuco e está situada no litoral brasileiro. Tiña una poboación de 1.422.905 habitantes segundo o censo de 2000. É unha cidade moito bonita, as noite sempre esta con moitas luzes sobre as pontes do centro da cidade.

                                   Cento da Cidade


Recife ten un clima tropical con alta humidade relativa do ar. As súa temperatura varía pouco durante o ano pola súa proximidade ao mar. Xaneiro é o mes máis quente, co temperaturas máximas de 40 °C e mínimas de 25 °C e sol intenso. Xullo é o mes máis frío, con temperaturas máximas de 27 °C e mínimas de 23 °C e moita chuva.
Esta cidade conquista a todos os que visitan a pluralidade das sùas atracións, que o fan un lugar único.Recife é unha metrópole crecemento, se pode ver paseando pola praia de Boa Viaxe de negocios ou a visitar a área de complas sofisticada. Ao mesmo tempo, ten un rico patrimonio histórico e arquitectónico, constituído por numerosos edificios dos séculos XVII e XVIII, llegada polos colonizadores Portugués e Holandés.

Recife tem moitas datas comemorativas unha das datas que non pode esquerce é o carnaval, que non ten o samba como música, pero si o frevo, un ritmo rexional de Pernambuco.
O frevo naceu no municipio hai máis de cen anos; é o ritmo musical máis común con bloques como o Galo da Madrugada(a festa mas grande de carnaval).









Os lugares mas turístico de Recife son: teatro Santa Isabe, Forte Cinco Pontas, Fortaleza do Brum, Casa da Cultura, Marco Zero, Museo de Arte Moderna Aloísio Magalhaes ,Museo de Estado de Pernambuco, Recife Antigo, Atelier de Arte Cerámica de Francisco brennand e moito mas.










O Recife ten tres praias: Boa Viagem


(Boa Viaxe), Pina e Brasília Teimosa.








 Esta é a miña cultura!