Mostrar mensagens com a etiqueta EXILIO. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta EXILIO. Mostrar todas as mensagens

2012/02/06

Lorenzo Varela

Naceu nun barco camino a Cuba no ano 1916, anos mais tarde regresa a Galicia de onde eran orixinarios os seus pais. Ao reamtar os estudos do bacharelato trasladase a Madrid, no periodo da Guerra Civil. Lorenzo Varela forma parte desta guerra e incluso chega a comandante de Brigada.
Durante o que durou a Guerra Civil escribiu para varias revistas republicanas. No ano 1937 participa no Segundo Congreso de Intelectuais Antifascistas. Ao rematas a Guerra Civil Lorenzo Varela dirixese cara Francia para emigrar a america pero e recuido a un campo de concentración ata que logra fuxir e emigrar cara Veracruz ande chega a reanudar a súa actividade literaria. En 1941 parte hacia Bos Aires onde escribe as obras: Torres de Amor; Catro poemas pra catro gravados e Lonxe, estes tres libros ilustraos Luis Seoane.
No ano 1976 regresaa España e morre.

2012/02/03

Daniel Varela Buxán

Daniel Varela Buxán e considerado unha das grandes figuras do exilio galego.


Naceu en Lamas no ano 1909 onde traballou de zoqueiro e músico. No ano 1930 viuse na obriga de embarcar cara Arxentina, unha vez que chega a capital ponse a traballar en diversas profesións como por exemplo: vendedor de libros, garda de tranvía e corrector de probas nunha editora. Formou parte do coro "Lembranzas da Terra" a partir do cal fundaría "Aires da Terra"con Fernando Iglesias e a actriz Maruxa Villanueva, coa que casa anos máis tarde. En 1938, estrearon o primeiro texto dramático: "Se o sei... non volvo a casa". No ano 1942, Castelao asistiu a representación da obra de Varela Buxán "Pola Nosa Culpa" e Castelao maravillado polo éxito que tivo a obra confíalle a súa obra "Os vellos non deben enamorarse".


No ano 1950, Daniel Varela Buxán volveu a Galicia e púsoxe a estudar o Bacharelato Elemental en Ourense e a Carreira de Técnico Sanitario en Santiago de Compostela, profesión que exerceu o resto da súa vida e que compaxinou coa representación e publicación das súas obras teatrais, as cales non gozarán de edicións escritas ata a década de 1970. Finalmente despois de ser considerado como o "Patriarca do Teatro Galego", falece en Lalín o 25 de setembro de 1986.

2012/01/27

SILVIO SANTIAGO


Escritor galego, Silvio  Santiago viviu de primeira man o exilio dos intelectuais galegos, xa que el era un deles. Logo da morte do seu irmán e coa chegada da Guerra Civil, Silvio decidiu marchar a Portugal e dende alí a Cuba e posteriormente a Venezuela.


Casa Galicia, fundada por S. Santiago

Aqui foi onde Silvio comezou a desenvolver a súa actividade ca cultura galega. Primeiro creou o Centro Galego e dirixiu a Casa Galicia. Tamén un programa radiofónico chamado Hora de Galicia. Participou en varias revistas como, por exemplo, Galicia ,do Centro Galego de Caracas (1952).   Publicou Vilardevós, obra que rapidamente se converteu nun clásico da narrativa galega, tamén publicou   O silencio redimido. E posteriormente Noticia Previa e Reencontro co lector obras menos recoñecidas cas anteriores.
No comezo dos anos sesenta ca fin da Guerra Civil, Silvio regresa a Coruña, e máis tarde a Santiago. No 1974 morre en Santiago Silvio Santiago unha das figuras da literatura galega no exilio .

2012/01/26

Antón Alonso Ríos

    Antón Alonso, ou tamén coñecido como o Siñor Afranio, foi unha das grandes figuras do exilio galego.

    El cursou maxisterio na universidade de Santiago. En 1908 chegaría a Bos Aires e exercería de maestro en Mendoza. É moi coñecido porque foi un dos fundadores das Sociedades Galegas tanto Agrarias como Culturais. Tan pronto se proclamou a II República, foi enviado a España para ser maestro en Tomiño, ademais de ser proclamado diputado pola Federación Agraria, cando se iniciou o alzamento dispuxose a resistir, internándose nos montes e adoptando o nome de Afranio de Amaral, para así non ser cazado facéndose pasar por un portugués. Tras estar en Portugal no ano 1938, embarcaría para Arxentina un ano máis tarde, donde exercerá de comisionista de comercio e se interesaría pola resistencia ó franquismo.

   Elexín facer o traballo sobre Antón xa que a súa historia me parecía moi interesante, e espero que a vós tamén vos guste. Se queredes saber algo máis sobre el podedes velo aquí.

2012/01/24

Ramón de Valenzuela



Seguro que escoitáchedes este nome máis dunha vez, sóavos verdade? Pois resulta que Ramón de Valenzuela é unha das principais figuras do exilio.

Nace en Silleda, estuda dúas carreiras, pero non pode adicarse ao ensino debido ao comezo da Guerra Civil. Ademáis, organiza unha escola na que se imparten as clases en galego. 
Debido á súa participación no Seminario de Estudos Galegos e no Partido Galeguista, detérono, ao saír militarizouse no bando franquista, no 1937 pasou ao republicano. Mandárono a un campo de concentración a Francia e dende alí escribiu para solicitar axuda; pouco despois de ser libre, condénano a morte e conseguiu o indulto. 
Despois de todo isto emigrou a Bos Aires e colaborou en revistas como "Galicia Emigrante" e por se fose pouco, impartiu clases de xeografía. Alí tamén participou en Institucións Galegas e escribiu os seus primeiros libros, dos que destacan "As bágoas do demo" e "Historia do galeguismo político" entre outros. 
Regresa a España no ano 1966 e dedícase á docencia en Madrid no Círculo de Estudos Galegos. Finalmente falece en Sanxenxo no 1980.



A partir de agora cando volvamos a escoitar o seu nome, xa non só nos soará, porque este home merécese máis que iso.

2012/01/23

EXILIO


Cando falamos de exilio, estamos a falar dun periodo de silencio e represión, que obrigou a moitas persoas a abandoar o que máis querían. Obrigandoos a elixir entre o exilio e o fusilamento.

O medo carcomiu os corazóns da xente, asoballounos e calou os seus pensamentos. A vergoña enmudecía aos ''vencedores'' e a dor afogaba aos ''vencidos''.Era imposible seguir escribindo en galego e moito menos pensar en publicalo naquela España. Pero aínda así, os nosos artistas fuxidos non se deron por vencidos. E dende o exilio, fundamentalmente americano, seguiron o seu soño, a sua loita pacifista, a sua revolución con pinceladas de morriña da sua casa; e desprecio a ditadura que terminara con todo polo que eles loitaran.
Para poder explicar mellor de que tratou o exilio, gustaríame falar de Antón Alonso Rios, moito máis coñecido como o señor Afranio.
Ese alcume foi o seu pasaporte para escapar da morte.
Disfrazado dun naturalista brasileiro, vagou polas ruas durante tres anos pedindo esmola e traballando como criado desde a sua Silleda natal ata Ourense. Camuflouse ante os seus verdugos coma un simple mendigo cando en realidade foi un idealista que loitaba polos dereitos dos labregos e o campeseiñado.
Coa proclamación da II República no 1931,  volveu a Galicia levando a cabo no noso país unha intensa carreira política en favor da República.
Autobautizouse co nome de Afranio, pra poder seguir vivindo en Galicia, despois da victoria de Franco.
O seu personaxe consistia nun brasileiro que mendigaba dende que morrera o seu pai. Levou a cabo o traballo de criados das casas e mesmo chegou a facer de frade. O seu unico obxetivo fora fuxir con vida, e estabao conseguindo. Aínda que non todo foi tan sencillo, polo camiño tivo que presenciar como ian asasinando e torturando a todolos seus amigos.
Cando finalmente consegue saír por Portugal, vai ata  Marrocos dende onde viaxa en barco ata Bos Aires, onde é recibidio como un símbolo de triunfo da resistencia. Unha vez alí, o “siñor Afranio” convértese outra vez en Alonso Ríos e traballará con xente como Castelao ou Suárez Picallo, na defensa de Galicia.
O siñor Afranio foi un dos moitisimos casos dos que podería falar, escollino porque non é moi coñecido entre a mocidade, e despois de todo o que pasou, mereceoo.
O exilio só é unha proba máis do afan de superación e o espiritu de loita dun pobo. É iso non hai golpes de estado, nin falanxistas, nin conservadorismo, nin ningún concepto ou idea que poda paralo ou destruilo.
Os republicanos non deixaron de loitar nin un só momento.Por iso mesmo os recordamos.

2012/01/21

ENSAIANDO FERRAMENTAS

Aquí tedes o meu pequeno poster virtual do exilio en Galicia.



Fixen esta entrada con Glogster unha rede social na que fas os teus posters dixitais e amosalos a todos os teus amigo via twitter, facebook, blogues ou correo electronico.
Ao principio custoume un pouquiño por que non sabia como funcionaba e era moi dificil atopar boa información para os enlaces , pero ao cabo de 15 minutos, afasche e todo comeza a sair ben.
Un das cousas que mas me gustou de Glogster é que podes buscar as imaxes tanto de google como de facebook, que facilita o rollo que é buscalas imaxes e copialas ou descargalas.

Espero que probedes esta maneira tan divertida de comunicarvos na rede.

Recoméndovolo

2012/01/19

Silvio Santiago García

Naceu o 18 de outubro de 1903 en Vilardevós. En 1937 durante a Guerra Cívil, Silvio Santiago fuxe a   Portugal despois de que o seu irmán Jacinto sexa asesinado, dende alí vai a Cuba e máis tarde a Venezuela, onde reside gran parte da súa vida.


Na larga tempada que estivo en Venezuela funda o Lar Galego, o Centro Galego e a Casa de Galiza e varias revistas; tamén crea a emisora de radio Hora de Galicia e colabora en diversos diarios ao mesmo tempo que escribe as que serán as súas dous aportacións máis importantes á nosa literatura: Vilardevós e O silencio redimido, ademais doutras dous obras menos coñecidas Noticia Previa e Reencontro co lector postreiro.

A principios dos anos sesenta vaise a vivir á Coruña, visitando de cando en vez a súa vila natal, ata que o 12 de setembro de 1974 morre en Santiago de Compostela.

Vilardevós, publicada en 1961, é unha novela autobiográfica da súa mocidade, unha serie de personaxes e anécdotas que compoñen o retrato da súa vila.
O silencio redimido, foi censurada durante moito tempo polo franquismo e por iso non foi publicada ata tres anos despois da morte de Silvio Santiago.Tamén autobiográfica, esta novela relátanos acontecementos relacionados coa Guerra Civil. O libro obtivo o Premio da Crítica en 1977.

Non encontrei gran cousa na Web do escritor pero aquí podes saber algo máis del e da súa obra. Criticalia é unha páxina creada por un profesor onde hai entrevistas de escritores e algo de información da literatura galega.

2012/01/18

Luís Seoane

 Vida:

Nado en Bos Aires no ano 1910, fillo de emigrantes, veu de neno a Galicia. Fixo o bacharelato na Coruña e Dereito en Santiago de Compostela, onde participou na actividade política e cultural estudiantil. Sendo aínda estudante universitario demostrou a súa vocación artística ilustrando libros e publicando debuxos en revistas e xornais.

De 1931 a 1936 exerceu de avogado laboralista na Coruña e foi membro do Partido Galeguista, así como da Masonería. Tras a sublevación do 18 de xullo de 1936 mantívose agochado durante uns meses ata que en 1937 puido exiliarse a Bos Aires. Alí fixou a súa residencia e traballou no consulado republicano.

Foi o promotor de moitas empresas culturais, da emigración e do interior (revistas como Galicia Libre, Galicia Emigrante , a imprenta Resol en Santiago de Compostela xunto a Arturo Cuadrado; editoriais como a Losada. Non deixou nunca de afrontar proxectos e participar activamente na recuperación da cultura galega.
Regresou a España en 1960. 
Nas últimas décadas da súa vida, alternou a residencia en América con viaxes a Galicia. Morreu na Coruña en 1979.

Obra:

Na sua obra escribiu tanto poesía, como narración e teatro.  Na poesía cabe destacar a obra Na Bretema de San-Iago que foi publicada no ano 1956. Nesta obra aparece o poema "Oración do artista que volta" no que conta como imaxina que retorna a Galicia para entrar na catedral e crocar a súa cabeza na testa de pedra do mestre Mateo.



O poema está formado por tres estrofas e ten como tema principal a emigración que el mismo sufriu en Arxentina durante moitos anos. Nas duas primeiras estrofas expresa o desexo por volver a Galicia.Na última dase o caso na realidade ainda que só é para morrer.
 Tamén pubricou obras como Eiroa, O Irlandés ástrologo, Tres follas de ruda e un allo verde ...

 A parte de escribir tamen realizou diferentes gravados e debuxos con textos literarios : O meco, O conde asesino de sobrado, Homenaxe a un paxaro...