
Onte, fomos de visita a Santiago de Compostela.Visitamos a cidade da cultura, unha estrutura arquitectónica demasiado grande, (segundo o meu gusto), nunha cidade demasiado pequena. Ademais, é unha pena, que este a medio construír aínda, dado que lle faltan, dous edificios, e un deles o máis grande.A idea desta cidade é basearse, no centro histórico de Santiago, facendo que teña as mesmas cinco rúas que se encontran no centro.
A verdade é que a idea está tan pensada, que a maioría da xente, se non llelo explican, o entendería.Véxoo, un espazo bastante amplo, para tan "pouca cousa" que se encontra no interior, e podendo facelo, nun sitio máis miúdo.
Despois, saíndo desta cidade cultural, fomos, ao auditorio de Galicia, no cal teñamos unha exposición fotográfica, de Chema Amadoz. Digamos que é un fotógrafo, excepcional, en cousas de casa. Refírome, a que, é capaz de crear composicións realmente extravagantes a partir, de utensilios de fogar.
Estivo ben, aínda que a curiosidade matou ao gato, polo tanto ,yo ía vendo máis á présa as fotos, que o resto do grupo, debido a que a intriga me mataba, e a varias explicacións non lles puxen atención, porque estaba a intentar darlles o meu enfoque, sen que me explicasen o que eran.
E finalmente soltáronos , por Santiago. Andamos vendo todo o que se encontraba ao noso paso, e fotografando. Encontrámonos cun parque realmente bonito, pero debido á chuvia repentina por minutos, e á nosa paixón polas fotos, non fomos nin sequera a ver a catedral.
Polo resto, foi divertido pasar tempo cos nosos compañeiros.
E tamén, perder clase. (como a todos as persoas á nosa idade).

