A praia das Catedrais recibe este nome debido á apariencia de acantilados e sitúase no noreste de Lugo, preto de Ribadeo. É unha zona de gran interese paisaxístico e xeomorfolóxico (rama que vén da xeografía e da xeoloxía) e é unha das praias máis visitadas turísticamente do litoral galego.
Este precioso monumento natural (declarado pola consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia) exténdese ata a rasa cantábrica, unha plataforma de abrasión mariña emerxida durante o Terciario, era que abrangue dende hai 65 millóns de anos ata a actualidade, e mide 10-20 m de alto e ten 2Km de lonxitude, no que se pode encontrar pequenos cantís mariños e praias de area intercaladas con illotes, promotorios, arcos e fumas de diferentes formas debido ao derrumbamento de bóvedas de antigas grutas mariñas.
Cando a marea está baixa pódese pasear sobre as praias da zona ou sacar fotografías espectaculares (como a que vedes enriba na dereita).
Aínda que a maior parte de espazo natural limítase ao dominio marítimo-terrestre, tamén inclúe na súa proporción occidental unha extensiónn do brezo e do toxo, que caracterizan aos matorrais costeiros.
Cada ano son moitos os visitantes que se acercan para contemplar o fermoso traballo que fixeron o vento, mar e tempo.
Mostrar mensagens com a etiqueta Mónica. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Mónica. Mostrar todas as mensagens
2012/06/19
A praia das Catedrais
2012/06/13
Un cómic alucinante!
Eu na miña presentación falei de Trazo de xiz, un cómic feito por
Miguelaxo Prado
, un dos mellores debuxantes europeos.
Con este libro Miguelanxo gañou moitos premios, tanto nacional coma internacionalmente. Por exemplo, en Francia, gañou o premio ao mellor Álbum no festival de Angoulême, e non só iso, senón que foi o cómic máis brillante da época dos 90.
Pero agora unha pregunta: Non vos resultaría frustrante que se publicase antes en castelán aínda que fora escrito en galego? Pois iso é o que ocorreu e ata despois de 18 anos non tivo a súa publicación na súa lingua orixinal, alucinante, non si?
O libro non conta unha historia moi longa, resumindo, trata dun home que chega embarcado nun veleiro de recreo a unha illa no medio do océano, onde só podes encontrar un faro sen funcionamento e unha pensión escasamente habitada.
Aínda que a historia non sexa moi longa non quere dicir que careza de interese porque a verdade a min o que máis me apasionou do cómic foron os debuxos e a intensidade das cores que amosa, e como unha IMAXE vale máis que mil palabras, xuzgade por vos mesmos.
Para rematar quería ensinaros unha longametraxe que fixo este brillante debuxante coruñés para que vexades como é o seu traballo e o esforzo que debe de custarlle facer isto, porque a min persoalmente me resulta unha tarefa moi complicada. A longametraxe titúlase De Profundis.
Isto é todo o que vos podo contar, se queredes facerme algunha pregunta xa sabedes, comentade a entrada. " SOMOS GALEGOS, NON POR CASUALIDADE, SENÓN POR SORTE "
Miguelaxo Prado
, un dos mellores debuxantes europeos.
Con este libro Miguelanxo gañou moitos premios, tanto nacional coma internacionalmente. Por exemplo, en Francia, gañou o premio ao mellor Álbum no festival de Angoulême, e non só iso, senón que foi o cómic máis brillante da época dos 90.Pero agora unha pregunta: Non vos resultaría frustrante que se publicase antes en castelán aínda que fora escrito en galego? Pois iso é o que ocorreu e ata despois de 18 anos non tivo a súa publicación na súa lingua orixinal, alucinante, non si?
O libro non conta unha historia moi longa, resumindo, trata dun home que chega embarcado nun veleiro de recreo a unha illa no medio do océano, onde só podes encontrar un faro sen funcionamento e unha pensión escasamente habitada.
Aínda que a historia non sexa moi longa non quere dicir que careza de interese porque a verdade a min o que máis me apasionou do cómic foron os debuxos e a intensidade das cores que amosa, e como unha IMAXE vale máis que mil palabras, xuzgade por vos mesmos.
Para rematar quería ensinaros unha longametraxe que fixo este brillante debuxante coruñés para que vexades como é o seu traballo e o esforzo que debe de custarlle facer isto, porque a min persoalmente me resulta unha tarefa moi complicada. A longametraxe titúlase De Profundis.
Isto é todo o que vos podo contar, se queredes facerme algunha pregunta xa sabedes, comentade a entrada. " SOMOS GALEGOS, NON POR CASUALIDADE, SENÓN POR SORTE "
2012/05/13
Ollos de auga
É unha novela escrita por Domingo Vilar, unha das grandes obras que ten xunto con "A praia dos afogados", segundo libro deste. Combina nela suspense e algo de humor.O protagonista desta historia é Leo Caldas, un inspector de policía que, xunto con Rafael Estévez, investigará á morte do saxofonista homosexual Lois Reigosa, encontrado xa morto na illa de Toralla. Eles dous investigarán e percorrerán os pubs e os sitios onde o saxofonista estaba metido. Ao principio todo apuntaba a que o seu asasino era Dimas, o doutor del, pero ao transcorrer a historia daranse conta de que estaban equivocados, e non vos decataredes de quen o matou ata rematala.
É unha historia moi interesante e con moito suspense, como xa dixen é moi dificil saber quen foi de verdad o asasino, pero xa sabedes, nestas historias o que menos pensas que é, foi.
Recoméndovola, se tendes tempo libre, non o dubidedes.
2012/03/06
Maria Wonenburger
Naceu na Coruña en 1927 nunha familia culta e económicamente acomodada. Seus pais, Julio Wonenburger e Amparo Planells, apoiarona sempre nos estudos polo que os comezou aos 4 anos, pasando por distintos colexios da cidade, ata rematar o bacharelato no Eusebio da Guarda, obtendo moi bos resultados.En 1945 trasládase á Universidade de Madrid para rematar de estudar. Fixo unha brillante carreira e coñeceu, durante esos anos, importantes matemáticos: Ernst Witt e Julio Rey Pastor.
Máis tarde, en 1953, resultou ser a primeira matématica española capaz de conseguir unha beca Fullbright, beca que so adquirían os estudantes de EE.UU. motivo polo que marchou á Universidade de Yale, onde recibiría a tese do doutoramento.
Finalmente, nos anos 60, comeza a traballar coma docente en diversas universidades ( Queen University, Buffalo, Bloomington...) sendo a única muller profesora de matemáticas.
Nos últimos anos, Maria ocupouse do estudo dos grupos finitos, publicou moitos artigos en revistas importantes, dirixiu varias teses de doutoramento e considerouse a nai da teoría Kac-Moody (teoría que fixo xunto Robert Moody e que foi unha das máis importantes da Alxebra dos 70).
2012/02/13
As sete mortes
Este libro é dun escritor galego nado en A Coruña chamado Carlos Vila Sexto, nel combina unha serie de misterios, intriga e terror.
Todo comeza cando Xacobe, o protagonista, recibe un pergamiño dun home que morrerá no mesmo intre de entregarllo, este contén unha lenda no que se ven involucrados el e os seus irmáns. Xacobe na procura de encontrar solucións vai coñecendo a unha infinidade de persoas que lle axudarán a resolver ese gran misterio, aínda que tamén irán sucedendo cantidade de situacións peligrosas.
Non vos vou contar nada máis xa que perdería toda a intriga que este ten. É un libro de gran grosor pero de lectura fácil, pode que ao principio vos resulte un pouco raro pero pouco a pouco vos enrolará nun mundo imaxinario no que até a última páxina vos terá coa cabeciña en pensamento.
OPINIÓN: Non é o libro que mellor lin pero é un libro que non carece de interés dado que é unha historia que a todo o mundo engancha. Recomendar volo recomendo, por suposto, pero xa sabedes: "para gustos, cores".
Interesante
O pasado mes de xaneiro do 2010 celebrouse o centenario do colexio Salesianos, polo que antiguos alumnos, públicamente coñecidos, quixeron estar presentes naquel día.
Persoas como Diego Amexeiras, Xosé Carlos Caneiro e Xosé Manuel Pacho, todos eles importantes escritores de Galicia, foron os máis destacables naquel acto, no que a gran prioridade foi a defensa da cultura galega.
Se queredes saber máis, premede na imaxe...
2012/01/17
As mulleres no primeiro terzo do século XX
No primeiro terzo do século XX e, principalmente, na Primeira Guerra Mundial, produciuse unha gran evolución para as mulleres na sociedade. Despois das catástrofes que trouxo esa época as femias foron igualadas políticamente aos homes, nunha das partes onde se recoñeceron eses dereitos foi na Galicia de 1918, no que algúns galeguistas ( Porteiro Garea, Vilar Ponte...) fixeron publicacións dende "A Nosa Terra" transmitíndo a defensa da instrucción e do traballo da muller, o que suporá a independencia destas.Agora xa non había tantas polémicas no posicionamento a favor ou en contra da educación para elas como antes, xa que as porcentaxes femininas nos centros educativos ían en aumento, agás na Universidade de Santiago onde o proceso ralentizouse. Foi no curso 1913-14 cando por primeira vez matriculáronse mulleres, dúas delas irmás, Elisa e Jimena Fernández de la Vega Lombás, finalizando os seus estudos cun brillante expediente.
A partir daquela, os debates que se plantexában eran outros, como pode ser o traballo remunerado, a adaptación das mulleres en certas profesións ou en ocupar certos postos de traballo no que, por dicilo dalgunha maneira, estában máis afeitos aos homes.
Isto é unha pequena introdución que espero que vos sirva para que os desedes conta de como evolucionou a muller na sociedade, se queredes máis información premede aquí.
2011/11/12
O diario vermello de Carlota

A autora do libro
é Gemma Lienas, escritora catalana nacida en 1951, é licenciada en
filosofía e letras, antes de ser escritora exerceu de profesora e
editora.
A protagonista desta historia é Carlota, unha adolescente inqueda por saber que é a sexsualidade.
Un día coñece nunha estación de tren a Flanagan, e xuntos deciden facer un diario no que poñan todo o que aprendan sobre o tema. Carlota pide axuda as súas amigas, aos seus profesores, á nai, á avoa, á sua tia Octavia... e grazas a iso pode encher o seu diario, ademáis de poñer as experiencias dos demáis tamén pon as súas, Flanagan fai o mesmo.
Eles dous de tanto falar e estar xuntos acaban sentido unha atracción o un ao outro e pasan a ser algo máis que amigos.
É unha trama moi interesante para ás nenas e tamén para os nenos, que sei que algún que outro pensan que é unha tontería, pero non o é, sobre todo co que está a pasar hoxe en día, cada vez máis nenas de 16 a 20 anos quedan embarazadas por culpa de ter mala información sobre o sexo, asique xa sabedes antes de actuar, preguntar.
Con este libro aprenderás moitas cousas e o máis importante, non te aburrirás, é certo que é un libro cun gran grosor pero leese moi fácil, xurovolo. Eu vin a pelicula antes de ler o libro e sinceramente a min gustoume máis o libro, non é que a peli esté mal, senon que o libro ten moitísima máis información.
Opinión persoal:
Como xa dixen pareceme un libro moi interesante, atractivo e facil de ler. Animovos a todos os que non o lestes ao que o fagades.
2011/10/16
Remedios caseiros
Remedios caseiros contra a dor menstrual :Aos rapaces moito non vos vai interesar esta entrada pero ás rapazas ao mellor si. Aínda que hai rapazas que cando ten a regra non lle doe nada, nin sequera o nota, a min si e por iso quixen facer isto.
Entre infinidade de remedios caseiros contra a regra encontrei un que parece interesante:
·Consiste en tomar unha infusión quente de canela. A súa preparación é moi doada, só tendes que botar dúas ramiñas de canela en duas tazas e despois quentalas, cando rompa a ferver deixala reposar 5 minutos, endulzala ao gusto e tomala ben quentiña. Ten boa pinta, non si?
Ao mellor nos vos gusta a canela ou sodes alérxicas, pois para iso o mellor e o máis caseiro que podedes facer é moito exercicio e comer ben.
Aínda que a maioría das persoas toman unha aspiriña ou algo parecido, non está de máis que provedes cousas novas, non credes?
Espero que vos servira de algo a miña información
2011/10/03
A miña viaxe
Bos días, vouvos falar da viaxe que fixen nas miñas vacacións. O meu destino era Las Palmas de Gran Canaria, precioso lugar, teño que engadir.
Primeiro fun en avion, dende Santiago ata Madrid, preguntáronnos a min e a miña nai que foi a que me acompañou se queriamos ir en clase preferente ou en clase turista, aínda que os prezos eran moi diferentes fumos na clase preferente porque unha vez é unha vez. Chegamos a Madrid, e, a que non sabedes o que me pasou?...Perdéronme a miña bagaxe e claro sen ela eu non podo viaxar polo que puxemos unha queixa e dixéronnos que á mañá seguinte estaría ahí. Buscáronnos un hotel ou algo polo estilo e encontraron unha fonda que é o que máis cerca nos quedaba do aeroporto para hospedarnos esa noite. Á mañá seguinte fumos ao aeroporo e collín a miña bagaxe e fumos correndo a coller o ave para viaxar ata Málaga e de alí coller un barco para levarnos ao noso destino, si a verdade é que a viaxe foi moi cansa. O primerio que vimos ao chegar á vía férrea foi un aluguer de bicicletas, que xa me dirás ti que fai un aluguer de bicicletas nunha vía férrea. Metimonos no cercanías e alí fomos rumbo a Málaga. Ao chegar alí fumos ao peirao pra coller o barco e irnos para Canarias. Moi cerca do peirao había un rompeiro precioso e bastantes aduanas, tamén moi bonitas. Collimos o barco e nos fumos por fin a Las Palmas de Gran Canaria.
Subscrever:
Mensagens (Atom)
