2012/06/19

A praia das Catedrais




A praia das Catedrais recibe este nome debido á apariencia de acantilados e sitúase no noreste de Lugo, preto de Ribadeo. É unha zona de gran interese paisaxístico e xeomorfolóxico (rama que vén da xeografía e da xeoloxía) e é unha das praias máis visitadas turísticamente do litoral galego.

Este precioso monumento natural (declarado pola consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia) exténdese ata a rasa cantábrica, unha plataforma de abrasión mariña emerxida durante o Terciario, era que abrangue dende hai 65 millóns de anos ata a actualidade, e mide 10-20 m de alto e ten 2Km de lonxitude, no que se pode encontrar pequenos cantís mariños e praias de area intercaladas con illotes, promotorios, arcos e fumas de diferentes formas debido ao derrumbamento de bóvedas de antigas grutas mariñas.

Cando a marea está baixa pódese pasear sobre as praias da zona ou sacar fotografías espectaculares (como a que vedes enriba na dereita).
Aínda que a maior parte de espazo natural limítase ao dominio marítimo-terrestre, tamén inclúe na súa proporción occidental unha extensiónn do brezo e do toxo, que caracterizan aos matorrais costeiros.

Cada ano son moitos os visitantes que se acercan para contemplar o fermoso traballo que fixeron o vento, mar e tempo.

1 comentário:

  1. demasiado "copy" e pouca creación persoal... polo menos colle información de varias fontes

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.