2012/06/19

A outra cara da moeda


A outra cara da moeda


Na miña presentación falei dun tema un pouco difícil de tratar nesta zona de Galicia. A rivalidade entre o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña é un enfrontamento xa histórico. Coruña e Vigo loitan por ter o equipo que represente Galicia, esta batalla lidéraa o Depor, de momento.Pero a miña intención era a de convencer os meus compañeiros de clase, deportivistas de corazón, que lle deran a importancia que ten que tanto o Depor como o Celta conseguiran o ascenso á máxima categoría.




O Deportivo foi o lider da categoría pero o Celta tamén fixo unha tempada magnífica, e máis mérito ten aínda se nos damos de conta dos problemas económicos que pasou o equipo Vigués e como conseguiu superalos coa xente da canteira, algo moi valorado no mundo do fútbol. A cidade de Vigo botouse as rúas para celebrarlo, foi unha gran festa en toda a cidade.

Pero eu non quería soamente alabar o ascenso do Celta de Vigo senón de decatarse o beneficio que acarrea que os dous equipos representantes de Galicia ascenderan a Liga BBVA. Tanto beneficio económico como a importancia que se lle dara a Galicia cando compita no fútbol de alto nivel. Os galegos témonos que dar conta que isto axuda a Galicia e ao galego e temos que conseguir un boa relación entre ambas afeccións deixando a rivalidade aparte.

Aqui vós deixo unha reportaxe sobre o ascenso do equipo vigués.


Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.