2012/06/20

Dengeki Daisy



Esta entradiña voulla adicar ao manga que estou a ler, Dengeki Daisy. A historia é unha comedia romántica shojo que actualmente se publica en Xapón.

Cando o irmán maior de Teru (principal personaxe) morreu, ela quedouse soamente con un movil que lle permitiría contactar con un personaxe difícil e descoñecido chamado Daisy, que o irmán de Teru dixera que sería "o seu apoio cando xa non fora capaz de facelo". Dende aquel momento Daisy pasou a ser o único e gran apoio para Teru, á cal xa lle enviara palabras de alento a través do teléfono, xa que tras a morte de seu irmán enfrentábase a súa vida sola.

Unha tarde, a protagonista rompe accidentalmente unha ventá da escola, e como resultado terá que "pagar co seu corpo a ventá", realizando diversos labores para o cruel e malhumorado porteiro da escola Tasuku Kurosaki. A relación entre ambos empeza a superar á de amo e criada, e ela comeza a cuestionarse a verdadeira identidade de Daisy. ¿Podería ser Kurosaki o seu amado Daisy? E mentres tanto, Kurosaki encontrase constantemente atraído por Teru, ¿conseguirá alcanzala?

1 comentário:

  1. jajaja moi bo manga este jajaja aparece nas miñas recomendacións.É moi divertido
    Quedate calvaaaa!!
    David

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.