2012/06/20

Acabouse o que se daba.






Este venres como todos sabedes remata o curso, un curso que non sei a vós, pero a min fíxoseme duro de ca...llo, aínda que cunha clase como a que teño todo se fixo mais livián.
Remata un curso no que tivemos centos de excursións, moitas actividades, e proxectos, como o de Radio Elviña que segue a dar guerra.



Pola miña parte, dicirvos que foi un auténtico pracer, coñecín a xente que xuraría que era peor do que parecía e resulta que estaba mais equivocado que Rajoy cos recortes en educación e sanidade, tamén me gustaría darvos as grazas por axudar, non só a min, se non a todo aquel que o precisaba.Bueno, non sigo que se non non paro, se vos sona a despedida estades no certo, é moi probable que o ano que ven non oiades o nome de Paco con tanta frecuencia como este, pero cada un debe seguir o seu camiño e pretender conseguir o que quere.



Grazas por lerme e como dixo Doc Brown de Regreso ao Futuro:



''Vémonos no Futuro''


4 comentários:

  1. Botarémoste moito de menos Paco, pero como dís ti, esto se acaba e cada un ten que tirar por un camiño diferente. Grazas por este fermoso ano.
    Mónica

    ResponderEliminar
  2. Encántame o ton desenfadado que usas sempre nas túas entradas, vémonos no futuro!
    Rosalía

    ResponderEliminar
  3. Xenial a entrada Paco!! Voute extrañar moito grandullón :)Grazas por esta ano.

    Darío M

    ResponderEliminar
  4. que todo che vaia ben... manténnos informados...
    tamén hai vida fóra de Elviña... saudiños e unha aperta

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.