Mostrar mensagens com a etiqueta VANGARDA. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta VANGARDA. Mostrar todas as mensagens

2015/08/10

Obradoiros de videoarte..

    

Un obradoiro... creación contemporánea como a acción , a performance, a poesía e o vídeo...   cadáveres exquisitos…texto en grupo en clave actual. 

Despois do traballo como guionistas os rapaces converteranse en actores e actrices para interpretaren ese texto a través da imaxe empregando recursos variados, a través de elementos moi básicos na caracterización.

Este proceso será gravado, producido e finalmente proxectado na sala de exposicións de NORMAL como un elemento máis da mostra que poderá ser contemplado por calquera visitante e por suposto polos seus protagonistas.


2012/03/19

A RUPTURA CO TRADICIONAL



Dende os comezos, o ser humano tratou nas súas pinturas asemellarse o máis posible á realidade, dende as pinturas rupestres da cova de Altamira, pasando pola Gioconda, ata as esculturas góticas que adornan moitas das catedrais do noso país. Pero... cando se comezou a buscar outras maneiras de representar a realidade? Quen foi o primeiro en facelo? Pois todo isto comeza a principios do século XX.

Todo comezou en Francia, cando certos artistas empezaron a pasar da perspectiva para representar as cousas desde varios puntos de vista, xuntando os planos horizontal e vertical, ou o plano de fronte co de perfil, empezábase a representar o Cubismo. Como dicía Picasso: "Eu pinto os obxectos como penso que son, non como os vexo" esa maneira de pensar revolucionou o mundo, a xente empezou debuxar, esculpir, escribir, para que os espectadores puidesen reconstruíla obra e darlle diferentes interpretacións e non só se quedasen contemplándoa sen mais.


A partir de este punto na historia comezaron a aparecer distintas Vangardas, Surrealismo, Dadaísmo, Futurismo, Existencialismo... pero todos posuían en común construír unha nova maneira de arte, e expresarse de maneira máis libre.

2012/03/18

Un movemento moi orixinal

Nas primeiras décadas do século XX xorden en Europa movementos que pretenden unha renovacion total da arte. Ditos movementos difúndense a través de diversos manifestos nos que propoñen unha ruptura coa tradición cultural, buscando asi novos camiños expresivos.

Un destes movementos foi o surrealismo: Este movemento nace en Francia no ano 1924 cando André Breton, tras desmarcarse do movemento Dadaista, no que participaba intensamente, xa que o consideraba previsible e mecánico. Para realizar o manifesto surrealista inspirouse no traballo de Sigmund Freud a que estudou durante a guerra nun hospital psiquiatrico onde traballaba.
O surrealismo xordeu como unha resposta dialéctica á destrucción estéril dos dadaistas. Neste movemento salienta un compoñente irracional do proceso de creación e ,como dixen antes, teñen unha presenza importante as ideas de psicoanalise de Freud como  o mundo onírico e o subconsciente.
 No plano literario supuxo unha renovación da linguaxe e achéganos ás novas técnicas de composición :  a escritura auntomática na que o autor escribe o que pensa sin ter en conta ningunha coacción moral co  propósito de vencer a censura mediante actos non provocados ou planeados e demostrando que o poeta  exprésase libremente.

Este novemento tamén apareceu no mundo da pintura cara a 1923 por medio de Masson que adoptou as ideas revolucionarias de Breton facendo a pintura de modo automático. Puco tempo despois tamen adoptou estas ideas Miro ó que Bretón considerou o mais surrealista de todos.


Todas estas ideas foron impulsadas pola revista Litterature que funda Andre Bretón xunto a Louis Aragon e Philippe Soupault.

2011/11/17

A miña construcción


Encadearemos adeuses de escuma.
Baixan puntas d'estrelas.
Rin os piñeiros ensinando os dentes,
na lameira da rúa.


Xuntaremos cadernos en branco
sobre o torso rebelde das tormentas.
Este oucéano desatracou das costas, 
no cuadrante estantío das estrelas.


O mariñeiro descoñecido.


O vaso derradeiro.


O minuteiro.
            Tic             Tac
                                   Canta ao luar e ao mencer

CENTON


Euxenio Montes - Neve
Amado Carballo - Taberna
Manuel Antonio - Intencións 
Manuel Antonio - SÓS
Manuel Antonio - NAVY BAR 
Manuel Antonio - Travesia

2011/11/16

ALDAO/LADO

CIDADES

AMANTES

CONSTRÚE UN CENTÓN

Un centón é unha peza literaria composta de frases, versos ou fragmentos alleos. Pode ter unha finalidade paródica ou de homenaxe ao autor ou autores nos que se basea.


unha  PISTA
   outra
e

SURREALISMO POST-PUNK