Mostrar mensagens com a etiqueta POESÍA. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta POESÍA. Mostrar todas as mensagens

2012/06/24

Outro xeito


¿Cómo transmitir a lingua galega de maneira orixinal? ¡No instituto sabemos como facelo!
E senón que nolo digan aos que participamos no club de lectura. Artistas como César Morán véñenos incautar no mundo galego a través da súa música, que se básea nos poemas de Álvaro Cunqueiro como os que nos ofrece no seu libro.



Na nosa opinión é un cantautor que quizáis para os máis novos sexa un tanto incomprensible, pero sabemos que se tratas de entender o seu punto de vista comprenderás mellor a súa maneira de ver o mundo e transmitirnolo tal e como o sente; mostrándonos así novas sensacións dende unha obxectividade galega. Sabemos que non é o tipo de música que adoitamos escoitar, pero precisamente por iso é tan importante, porque toda cultura a canta poidamos aceder é pouca neste mundo difícil no que é tan importante.

2012/03/21

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

ODA Á BELEZA DA PALABRA

Só a palabra vale. Unicamente 
ela ilumina o mundo,
dalle claridade ás cousas
e fai nídia e intelixíbel
a confusa escuridade do noso
ser, mortal e indeciso.
Todo muda. Somente a palabra 
permanece, na súa infinitude,
se leva dentro de si a chama 
que un día queimou, con
lúcida paixón e con verdade, 
a desolada flor da nosa vida. 

Manuel María.
                  

A Coruña: recitado poético en homenaxe a Antón Avilés de Tamarancos e ao Día Internacional da Poesía

2012/03/17

Antoloxía poética de Uxío Novoneyra.

Este poemario é un conxunto de temáticas totalmente diferentes. Publicado en 1997 reune un milleiro de poemas collidos das súas anteriores publicacións.


Comeza con un pouco do seu libro "Os eidos", co que tras a súa publicación a voz de Novoneyra converteuse de inmediato nunha das máis intensas,renovadoras e salientables da poesía galega. Está composto por poemas escritos entre 1952 e 1953 nos que as rocas, a toponimia e a rotación das estacións resoan como estados de ánimo dun ser vivo chamado Terra.


Logo, atopamos fragmentos de "Tempo de elexía" cos que este autor chegou ao cume da súa creatividade e inspiración. Estes versos buscan os estados límite do home diante do amor e a morte, a angustia e a distancia interior.


En tan só duas reducidas páxinas atópanse tres exemplos de "Poemas caligráficos", obra publicada en 1979 e ilustrada por Reimundo Patiño.


No espazo de "Muller pra lonxe" reúnense diversos poemas de amor xa publicados anteriormente e outros inéditos, ilustrados con debuxos de Carlos Pardo Teixeiro.


O espazo que máis me gustou deste libro é o adicado aos poemas "Do Courel a Compostela". É un dos libros fundamentáis da obra poética de Novoneyra onde deixa ver a forza das montañas do Courel, o vencello do poeta coa terra e o seu compromiso coa cultura galega e cos pobos do mundo.


Finalmente, o libro péchase con "Poemas da doada certeza" publicado en 1994.


Sen lugar a dúbidas unha gran mestura da obra de Uxío Novoneyra do que estou segura que disfrutaredes todos.

Luz Pozo Garza


  
 UNHA GRAN POETA

Dende os seus inicios Luz Pozo Garza sufriu a Guerra Civil, ela e mais a súa familia 
exiliaronse. E grazas a o seu irman Gonzalo, conseguiron refuxio en Marrocos. Despois da morte do unico irman de Luz, voltaron a Viveiro onde comezou a dar os seus primeiros pasos como poeta. Luz termina o bachiller e ten tres fillos co profesor Francisco Vázquez Ramudo. Licenciada en Filologia Románica, e catedrática en 1980, casa en segundas co poeta Eduardo Moreiras. Trasladase a Vigo onde se xubila pero non abandona a súa faceta lieteraria. Ademas de poeta Luz Pozo Garza ten estudos musicais, pronunciase en varias conferencias e forma parte da Real Academia den 1996.

A poesia de Luz caracterízase pola presenza da musica e da pintura, pero sobre todo pala sua sensualidade e  plasticidade.

aqui vos deixo a suas obras princiapis
  • O paxaro na boca.
  • Concerto de outono.
  • Diálogos con Rosalía.
  • Ondas do mar de Vigo: erotismo e conciencia mítica nas cantigas de amigo.
  • Tres poetas medievais da ría de Vigo.

POEMA EROTICO

Ansiamos máis amor
Amor perdura eternamente
Tocarme coma só ti me tocabas
Que era a min soamente a quen buscabas
Os teus dedos patinan nas miñas medias
Parece inecesario falar do amor
Constrúo un leito de cravos para matar o tempo
Teño sorte... de que me teñas
Que alegría notar o rebento que nace
Amar non é delito
Biquei os teus dedos un por un
Agardo que volvas

2012/03/15

Poema erotico.


No amor nos instalamos,
o amor calma o que sufrimos.
Aquel verán  dixeches
que te tocara como só eu sabia.

Os teus dedos esvaraban sobre min,
amámonos con terca  intensidade.
Matamos o tempo, reducímolo,
mais todo tempo era pouco.
 
Apetecíame ser amado e amarte,
co corazón espido.
Non me importaba o que de min comentasen,
estaba no medio dun soño,
un soño do que non quería  espertar.

Espero que regreses este verán,
un verán que espero consumir
ao teu carón .

2012/03/14

20 de marzo do 2012: Sorpresa!

EROS E PSIQUE


FACEMOS ENTRE TODOS 
elixe a diapositiva que che guste
 escribe o teu poema
e o teu nome



2012/03/05

Poema Erótico


Ven e vai o amor
cando buscaba nos teus beizos
o desexo,
como a cura dunha enfermidade

Vai e ven o amor
coa intensidade dos meus soños
nos que o corazón é todo
e os nosos corpos un xogo

bicas como se non houbera un mañá
o teu corpo espido
prodúceme trabas na voz...
delirio insoportable

mato o tempo
pensando no roce dos teus dedos,
meu corazón ; pero sempre saberei que...
o amor, vai e ven