2012/06/19

B2ST


Seguindo un pouco a liña da miña compañeira Aryanna falaremosvos do grupo coreano B2ST.

Nos seus comezos foron chamados "grupo reciclado", xa que os membros que o compoñen pertencían anteriormente a intentos fallidos de outros grupos. Son o único grupo novato en vender 100.000 copias do seu álbum chegando a ter o mesmo nivel que outros grupos veteranos como Shinee e Super Junior.

B2ST volveu aos escenarios para o seu tan esperado concerto encore, “Welcome Back to B2STAirline”, unha escapadiña en avión con 12.000 dos seus fans. En setembro do pasado ano participaron como xurado no “KPOP Cover Dance Festival” de España e neste mes, sairá á venda o seu segundo álbum completo.

Agora falaremos un pouco de cada componente de forma individual.

O seu líder e vocalista, Yoon Doo Joon, que participou no reality "M. NET Hot Blood" antes do seu debut xunto cos compoñentes dos grupos 2AM e 2PM.

Jang Hyun Seung é o vocalista e bailarín principal. Foi integrante do grupo BigBang antes do seu debut nun reality , pero remataron botándoo. GD e TOP choraron cando se foi.

Yong Jun Hyung é o rapeiro principal. Foi o primeiro en facer o seu debut no grupo XING. Jun revelou nunha entrevista que as fans o chamaban “Nose-Picking idol” pola súa peculiar tendencia a tocarse a nariz.

Yang Yo Seob é o vocalista principal. No concurso "Immortal Song" adicoulle unha canción a súa nai facendo chorar ao público e ao vocalista principal do grupo Shinee,  JongHyung.

Lee Ki Kwang, vocalista e imaxe do grupo, debutou en solitario co primeiro mini-albume “First Episode” e tan só seis meses despois anunciou que sería parte dun novo grupo, B2ST, e as súas actividades en solitario foron postas en pausa.

O último membro elexido para unirse a este grupo foi Son Dong Woon. É o “maknae” (o menor) do grupo e é coñecido polo seu aspecto máis occidental en comparación cos outros membros. Ademáis, ten varios talentos como falar inglés, chinés ou tocar o piano entre outros moitos.

Esperamos que vos gustase moito este achegamento a música coreana e que ampliedes os vosos horizontes.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.