2012/06/19

A EUROCOPA E ESPAÑA

Como xa sabedes, a Eurocopa estase a celebrar. Pero o que seguramente non sabedes é que comezou a celebrarse no ano 1960 e a súa primeira sede foi Francia. 


A idea dunha copa para as seleccións europeas xa viña dende o ano 1927. O precursor desta idea foi Henri Delaunay, un francés membro da FIFA por eses anos. Na primeira Eurocopa houbo moitos problemas e só participaron 17 seleccións entre as que non se encontraba nin Alemania, Inglaterra e tampouco Italia. España participou pero, por culpa de Franco, foi eliminida no último partido da fase de grupos. O que pasou foi que Franco non deixou pasar a fronteira á selección da URSS e España foi eliminada por este feito.

Catro anos despois celebrouse a segunda Eurocopa e a súa sede foi España. A nosa selección chegou ata a final e ganoulle á URSS grazas a xogadores como Amancio, Luís Suárez, e Marcelino o cal marcou o gol da victoria. Despois foi pasando o tempo e as Eurocopas ata hai catro anos. Na Eurocopa do 2008 volvimos a chegar á final, esta vez contra Alemania. Un gol de Torres deunos a victoria e outra copa máis.

Este ano estase a celebrar en Polonia e Ucrania, onde España pode conseguir a súa terceira Eurocopa. A maioría dos xogadores son os que gañaron o mundial hai dous anos. Xa estamos en cuartos e de camiño a volver a conseguila! Que pensades vós? Podemos volver a gañala? Pois eu creo que si!

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.