Mostrar mensagens com a etiqueta DEPORTE. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta DEPORTE. Mostrar todas as mensagens

2012/06/19

A EUROCOPA E ESPAÑA

Como xa sabedes, a Eurocopa estase a celebrar. Pero o que seguramente non sabedes é que comezou a celebrarse no ano 1960 e a súa primeira sede foi Francia. 


A idea dunha copa para as seleccións europeas xa viña dende o ano 1927. O precursor desta idea foi Henri Delaunay, un francés membro da FIFA por eses anos. Na primeira Eurocopa houbo moitos problemas e só participaron 17 seleccións entre as que non se encontraba nin Alemania, Inglaterra e tampouco Italia. España participou pero, por culpa de Franco, foi eliminida no último partido da fase de grupos. O que pasou foi que Franco non deixou pasar a fronteira á selección da URSS e España foi eliminada por este feito.

Catro anos despois celebrouse a segunda Eurocopa e a súa sede foi España. A nosa selección chegou ata a final e ganoulle á URSS grazas a xogadores como Amancio, Luís Suárez, e Marcelino o cal marcou o gol da victoria. Despois foi pasando o tempo e as Eurocopas ata hai catro anos. Na Eurocopa do 2008 volvimos a chegar á final, esta vez contra Alemania. Un gol de Torres deunos a victoria e outra copa máis.

Este ano estase a celebrar en Polonia e Ucrania, onde España pode conseguir a súa terceira Eurocopa. A maioría dos xogadores son os que gañaron o mundial hai dous anos. Xa estamos en cuartos e de camiño a volver a conseguila! Que pensades vós? Podemos volver a gañala? Pois eu creo que si!

Rally de Narón, rally de polémica.



O Rally "Cidade de Narón 2012" na súa vixésima quinta edición concluíu con vitoria de Luís Vilariño aos mandos do  seu Mittsubishi Lancer Evo X, moito máis eficiente en auga que o Porsche 911 GT3 de Ivan Ares que aguantou o líderato durante unha parte do Rally, pero non puido facer nada para aguantar o ataque de Vilariño.


 A xornada comezara co liderado de Pedro Burgo (Ford Focus WRC), que se retirou no quinto tramo a causa dunha saída de pista. A continuación, fíxose co mando da carreira Iván Ares (Porsche 911 GT3), e finalmente logrou o liderado de forma definitiva Luís Vilariño (Mittsubishi Lancer Evo X).
Luís Vilariño, piloto da Escuadra Lalín-Deza, co seu Mitsubishi Lancer Evo X, mantívose ben situado pola mañá e marcou o mellor tempo en cinco dos seis tramos da tarde. Chegou ao último treito con case 45 segundos de vantaxe sobre Iván Ares, e 51 sobre Alberto Meira (Mitsubishi Lancer Evo X), e evitou riscos levantando o pé. Ao final, venceu na proba puntuable para o Galego con 44 segundos de marxe sobre Ares, vixente campión galego, e 48 sobre Meira.



A Polémica:

Foi unha xornada marcada pola choiva, a elección de pneumáticos e tamén con algunha polémica entre os pilotos, desconfiando das bridas do turbo do coche de Vilariño polo súa espectacular remontada; con todo comprobouse que estaban correctas ao finalizar o Rally. Vilariño lanzou o seu ataque definitivo pola tarde, marcando scratch nos cinco primeiros tramos e asegurou no último. Fíxose co liderado no tradicional tramo de Ferreira, ao que chegou con tres segundos de vantaxe respecto de Ares e do que saíu con 1,9 ao seu favor.




2012/06/15

Polémica no mundo do fútbol

Hai xa case máis dun mes en Madrid xogouse a final da Copa do Rei, lembrádevos non si?
Neses días, como xa sabedes houbo moita polémica polos comentarios de Esperanza Aguirre e a posterior pitada o himno.
Pero a que non sabedes que eses días no congreso Siaeiros Galegos, Esait per Catalunya e o colectivo vasco intentaban revocar a a lei instaurada por Aznar, que prohibía a participación das seleccións autónomas en competiciones internacionais .
Pois ben, estes colectivos conseguírono e a partir de 2013 poderán participar en competicións internacionais sempre que non participe España e os xogadores poderán elexir se ir coa española ou coa súa selección autónoma sen supoñerlles unha sanción.
Vós credes que que a selección galega podería participar e facer algo ante seleccións como Alemaña?
Este problema tamén afecta a outro deportes pero nós (os galegos) temos unha pequena diferenza cos cataláns e vascos, que é que o noso presidente (Feijoo) non quere apoiar a selección autónoma. As súas razóns son que a única nación é España e que a selección galega é unha imposición.
Por iso, optou pola eliminación da seleccións galegas en tódolos deportes, como por exemplo as de remo, nas que somos os claros denominadores a nivel nacional e internacional.
Estades a favor de Feijoo? Credes que non debemos ter selección galega? A resposta témola nós porque a selección galega forma parte de Galiza e non é unha imposición.

2012/06/06

" Airsoft " en terras Galegas


O airsoft é un xogo ou deporte baseado na simulación militar. Non é unha actividade violenta como pensa a xente, se non unha via de escape para expulsar o estrés do traballo, dos estudos etc, e tampouco perigoso se dispoñemos das proteccións adecuadas.



As "marcadoras" que se utilizan son réplicas de armas reais, que poden estar fabricadas do mesmo ou diferente material que estas. Un mecanismo interno chamado "gear box" é o que permite accionar unha cámara de aire que expulsa as bolas a unha velocidade aproximada de entre 110 - 130 km/h (Dentro da normativa) ainda que tamén existen réplicas que funcionan a gas.

Xógase en espazos habitados para este tipo de eventos ainda que moitas veces esta regra incúmprese, e logo pasa o que pasa. En definitiva é un deporte onde soltas moita adrenalina, divírteste cos amigos, aprendes a xogar en equipo...

Preme aqui a páxina do meu equipo por se tedes dúbidas ou simplemente por ver un pouco do que trata o asunto mais a fondo.

E tamén unha páxina onde podes comprar réplicas os mellores prezos, é fiable : Airsoft Itaca.

2012/05/20

Marcha un CAMPIÓN


Como xa saberedes todos e en especial os afecionados o motociclismo, o pasado xoves o bicampeón mundial de Moto GP, actual lider do mundial e para min un dos mellores pilotos da historia, Casey Stoner anunciaba que o remate desta tempada deixará o motociclismo.
 Será unha gran perda para o motociclismo e sobre todo para o espectáculo. Os seus motivos para deixalo son: Que non sente a mesma paixón que sentia antes e que o mundial xa non é o que era, ademais de que quere pasar tempo coa súa filla que naceu hai pouco. Vouvos contar un pouquiño da súa vida.
Casey Stoner naceu en Australia o 16 de Outubro de 1985. Dende moi pequeno demostrou un gran amor polas motos e con tres anos xa estaba os mandos dunha Pee Wee de 50 cc. Con tan só seis anos xa era campión de Australia e os catorce xa acumulaba máis de cen títulos.
Como en Australia non se pode competir ata os dezaseis anos, os seus pais decidiron viaxar a Inglaterra. Non 200 gañou o campionato de 125cc de Apprilia. Participou nalgunhas carreiras no noso país e foi aquí onde Alberto Puig (actual manager de Pedrosa) fixouse nel e ofreceulle correr nos campionatos de España co equipo Telefónica Movistar.
Finalmente no 2006 deu o salto definitivo e comenzou as suas andaduras en Moto GP. Neste ano compartiu equipo cun grande como é Loris Capirossi. Os lomos da Ducati Desmosedici conseguiu nada máis e nada menos que dez grandes premios, sumou catro podios máis e logrou a pole cinco veces ademais don ansiado Campeonato do Mundo, co que se converteu no segundo piloto australiano máis novo en gañar un mundial.
No 2008 ainda que fixo unha gran tempada non puido facer nada para evitar que para mi o mellor piloto da historia: Valentino Rossi quedara campión e relevou a Stoner o subcampionato.
Tras unhas tempadas algo malas debido a problemas fisicos e problemas coa Ducati ficha, no 2011 por Honda. Neste ano realizará unha tempada histórica, na que gañará o seu segundo título mundial ademais de nove victorias, once poles e quince podios. Os seus mellores momentos no 2011.Como di o dito: unha retirada a tempo é unha victoria pero creo que se non se retira lograra moitas máis victorias pero se é o mellor para el adiante.

2012/04/27

Manuel Rivas



"Eu tamén son “negro de merda  

Até cando a federación de fútbol de Galicia
 vai permitir a vergoña dos insultos racistas?

2012/02/23

Verónica Boquete ou ... non era así?




Está é unha rapaza galega de 24 anos de idade, dos cales, a gran maioría deles leva esquivando comentarios machistas. Recoñecida "oficialmente" como a mellor xogadora de España despois de tantos anos perseguindo o soño. Chegou a ser popular no estranxeiro en países como Rusia ou Estados Unidos e conseguíu montóns de títulos a nivel nacional aínda que ten morriña e desexa a volver a xogar algún día nas nosas terras.

Tras unha breve entrevista que lle fixeron esto foi o que contestou (non cas mesmas palabras textuales) :
-Co partido en Santiago completa un soño da infancia?
Desexo xogar en Galicia xa que nunca o puiden facer e cando comezei a perseguir o meu soño, marchei o estranxeiro directamente.
-Pensou algunha vez en chegar a este nivel?
A verdade que nunca pensei que o fútbol feminino tivexe tanto prestixio noutros paises pero pouco a pouco cando fun crecendo dinme conta e é verdaderamente certo que non pensaba onde ía chegar.
-Ten unha nena de hoxe en día esas referencias que vostede non tiña?

Cada vez temos máis referencias. España é un dos paises máis atrasados respecto o deporte feminino de outros países, especialmente en fútbol. O meu caso é especial porque ao ser coñecida chamo a atención de moita xente e intentan facer o que eu puiden.

<Que se decante de que con ser muller non se lle cerran as portas e que se traballan teñen moitas opcións de chegar alto. >

-Pero non parece que poidan chegar tan alto como os homes, polo menos a nivel económico...

Eu teño a sorte de ser profesional e vivir disto, pero o mesmo tempo penso no meu futuro porque sei que isto algún día acabará e eu non teño a vida solucionada como moitos futbolistas, terei que seguir traballando coma unha persoa normal.

-En que categoría masculina xogaría o campión da Superliga feminina?

Non podemos compararnos con eles porque hai moita diferencia física, ata os 14 podes ser igual ou mellor ca eles, eu o fixen ata os 15, pero mais tarde complícase. Podes ser mellor en moitos aspectos pero non fisicamente. Nin a mellor xogadora do mundo o conseguiría. A forza e a técnica son cousas paralelas.

-Se un repara nos comentarios en Internet ás noticias sobre o fútbol feminino, sempre aparecen frases machistas e insultantes. Queda moito por facer aínda?

Por sorte cada vez vaise mellorando pero sempre hai opinións que non cambian. Moitas xa estamos afeitas a ese tipo de comentarios absurdos, eu tiven que escouitar cousas de todo tipo dende pequena pero o final acostúmaste. A quen lle interese a noticia vaina ler e a nós o que nos interesa é "facernos famosas". Supoño que co tempo cambiarán de idea ou se cansarán de escribir parvadas.

-Moitos afeccionados ao deporte descubrírona a vostede e a moitas das súas compañeiras cos partidos da selección galega. Foron tan importantes para o fútbol feminino como parecen?

Aqueles partidos serviron para achegar mais á xente, a sociedade non sabe que hai unha liga a que nós xogamos. Servíannos para promocionarnos e a partir diso aumentaron o número tanto de xogadoras como equipos femininos, xeralmente as nenas fan menos deporte cos nenos pero bueno, todas as facilidades que se nos presenten, benvidas sexan.

-Semella que a vostedes facíanlles máis falta aqueles partidos que aos homes... Si, claro que si. O final acabouse mesturando o deporte e a política e o acabamos pagando, aínda que a nós iso non nos importaba, o importante era xogar ca seleción galega e promocionar o noso deporte para que nos coñecesen.

-O Deportivo tivo nos 80 un equipo feminino pioneiro e moi laureado; o Celta mantén varias seccións deportivas. Por que ningún dos grandes galegos aposta polo fútbol feminino? Porque imos atrasados con respecto doutros estados, pero sobretodo en Galicia. Barcelona, Athletic de Bilbao, etc. apostan por equipos femininos porque aínda que non dean ingresos dan unha boa imaxe o club para poder promocionar o deporte e demais. Se o Deportivo ou Celta apostasen polo fútbol feminino sería un gran paso que é o que lles esta pasando a outros equipos.

E cre que habería afección a eses equipos femininos? Por suposto, porque o mesmo tempo estes equipos fomentan a afección ao teu club. No Espanyol a xente segue o seu equipo e lles da igual que categoria este xogando, e a verdade que creo que aquí en Galicia tería bo resultado.

Porque vostede declárase afeccionada do Espanyol... Son do Compostela é o meu equipo, pero teño sentimentos por todos os anos que estiven alí. Ser do Espanyol e estar en Barcelona ten moito mérito, xa que é un equipo sufridor e non se adoitan celebrar títulos: é un sentimento... familiar e tratáronme moi ben.

Quédalle esperanza de acabar a súa carreira nun equipo galego de alto nivel? Si. Estar fora e moi interesante e se aprende moito, pero mellor que na casa... nada. Por desgraza tiven que emigrar para competir a mellor nivel pero gustaríame estar aquí e competir o mesmo nivel. Oxalá o futuro me traia de volta.

2011/12/14

LOCKOUT



Dende o verán toda a prensa deportiva ven falando do lockout da NBA. ¿pero que é o lockout?

O Lockout non é nin máis nin menos que o peche patronal, é dicir, representantes dos xogadores e dos clubs non se puxeron de acordo na negociación de condicións, e, se non hai acordo, na NBA bótariase o peche ata que o haxa, sen prórrogas nin nada polo estilo.

Isto sucedeu porque na NBA cada equipo ten unha cota de diñeiro para facer o seu equipo, e, cando se pasa, ten que pagar un "imposto de luxo", que é un extra ademais do soldo do xogador, ademais, os xogadores, dependendo dos anos que leven na liga cobran un rango de salario entre un máximo e un mínimo establecido e, se é o seu primeiro ano, dependende da posición que o escolleran no draft.
 Ademais disto, como vos podedes imaxinar, os clubs teñen que pagar todos os gastos asociados ao equipo, como son o pavillón, a seguridade, viaxes, estanzas, e un longo etcétera.
Pois ben, o problema principal radica en que a maioría das franquícias da NBA están a perder diñeiro co sistema actual, e claro, iso non lles gusta aos seus donos; e basicamente non se poñen de acordo porque os donos cren que o que teñen que recortar é o salario dos xogadores, e estes, con Derek Fisher (base dos lakers) a cabeza non tragan. Segundo calcularon os donos, agora mesmo se lles vai un 57% do total do presuposto do equipo en salarios, e queren baixalo ata o 45%, o cal sería unha baixada nun só ano do 12% nos soldos dos xogadores, unha auténtica burrada, e máis coas cifras que se manexan.

Algún puide pensar: "si xa, iso non vai pasar nin en broma", pero xa houbo un precedente, no ano 98 houbo acordo, pero tarde, tanto é así que a tempada regular foi de 56 partidos en lugar de 82.

Por sorte o lockout solucionouse hai duas semanas e por fin habera NBA despois de navidad.

2011/12/13

¡ Viva el Sancris !

     
O San Cristobal das Viñas é un club de futbol coruñés, que posúe no seu plantel, gran cantidade de xogadores de Elviña, o que quere dicir que moitos deles estudan no instituto. Este club está a ter unha enorme evolución ao largo destes anos, onde pasasou de ser un club medianamente humilde a ter equipos en divisions autonómicas, como é o caso do equipo infantil (12-13 anos).

Fundouse no ano 1983, o pioneiro desta entidade foi Manuel Pereira Seoane e na galería de ilustres xogadores,convén destacar a Braulio, que chegou a enfundarse a camiseta blanquiazul nun partido oficial da Copa da UEFA. Actualmente o seu presidente é Francisco Manuel Ramos Pérez.



Darío González.

Pabellón C.F.

       Foi fundado en 1924, formado polo Concello de Ourense para cos chavales poidesen disfrutar do futbol . Actualmente conta cun equipo nas máximas ligas inferiores, e dous xogadores na segunda división española; ambos no Deportivo        ( Seoane e Borja). 


      Non posee equipo modesto, pero moitos dos seus xogados terminan no Ourense C.F. ou nas ligas limitantes, xa que posee un dos plantéis mais prometedores de Galicia e do que se aproveitan tanto o Deportivo da Coruña como o Celta de Vigo.


       O campo onde xogan chamase Miguel Anxel, xogador que militou  no Real Madrid e na selección española. 



2011/11/15

Manuel Senra, idolo do motor galego.

Manuel Senra.


Falar de rallys en Galicia é falar de Manuel Senra, o piloto máis querido, admirado e popular de Galicia.
Comezou moi novo en 1984 cun Renault 5, que lle deu máis desgustos que alegrías, facendo o Campionato Galego de Rallys, proseguiu con este coche un par de tempadas máis pero acabou cambiándoo por un Peugeot 205 co que gañaría o Campionato de Montaña Galego e quedaría no top ten da clasificación xeral galega, en vista disto decidiu cambiar a un coche máis competitivo,un 309 da mesma marca,co que quedaría 2º na xeral e conseguiría outro campionato de montaña . Proseguiu con este coche ata atopar un coche que lle daría todo o que quería, o seu coñecido Peugeot 306 Kit Car, co que gañaría dende o 2001 ata o 2005 o campionato galego de rallys e o galego de montaña. 

Peugeot 306 de Senra

En 2006 retirase debido a que o seu copiloto decide rematar a súa carreira deportiva facendo que Senra so poida competir no campionato de montaña moi esporadicamente, onde hoxe en día fai vibrar ao publico en cada rally no que está presente.

2011/11/13

BILLAR , DEPORTE DE MESA.



Hola , vouvos falar do billar deporte de mesa dos mais coñecidos (dudo que existan moitos maís agás a futbolín) , tamén consideranse o ``hobby´´ dalgunhas persoas , entre as que me atopo eu . Quero empezar falando da súa historia xa que moitos o consideran descoñecido.


O billar é un xogo de destreza que se executa impulsando con tacos bolas de marfil nunha mesa rectangular forrada de paño, rodeada de barandas elásticas e con troneras o sen elas.


Os gregos xa xogaban no s. IV a un xogo de bolas, sobre o chan, que alguns consideran como un precedente do billar . Ainda que os franceses e ingleses se disputan a invención do billar moderno parece que corresponde lles corresponde a invención aos franceses , pois tense a noticia de que o rey Luís XI (s. XV) xogaba xa no salón sobre unha mesa: A mesa de billar como moble fixo hizo a súa aparición hacia o1510. Tamén cultivouse en Inglaterra baixo o nome de balyards, é frecuente a súa mención en obras literarias dos siglos XVI e XVII.


Raymond Ceulemans

A primeira sala publica de billar abriu as suas portas en Paris, no 1610.O xogador de billar considera o mellor de todolos tempos é Raymond Ceulemans naceu en Lier, o 12 de xulio de 1937. Aos 7 años comenzou a xogar ao billar nunha mesa de café do seu pai. Tamén xogou como centrocampista dun equipo de fútbol belga , el xogaba billar de trés bandas coñecido como billar francés ou carambola . Xogo de deportes que se desenvolve a usar un taco de billar, incluíndo tres bolas nunha mesa cuberta cun pano e con bordes que proveen un rebote.

O participante emprega un taco para impulsar a súa bola cara ambas bolas restantes.