2012/06/13

Un cómic alucinante!

Eu na miña presentación falei de Trazo de xiz, un cómic feito por
Miguelaxo Prado , un dos mellores debuxantes europeos. Con este libro Miguelanxo gañou moitos premios, tanto nacional coma internacionalmente. Por exemplo, en Francia, gañou o premio ao mellor Álbum no festival de Angoulême, e non só iso, senón que foi o cómic máis brillante da época dos 90.
Pero agora unha pregunta: Non vos resultaría frustrante que se publicase antes en castelán aínda que fora escrito en galego? Pois iso é o que ocorreu e ata despois de 18 anos non tivo a súa publicación na súa lingua orixinal, alucinante, non si?

 O libro non conta unha historia moi longa, resumindo, trata dun home que chega embarcado nun veleiro de recreo a unha illa no medio do océano, onde só podes encontrar un faro sen funcionamento e unha pensión escasamente habitada.
Aínda que a historia non sexa moi longa non quere dicir que careza de interese porque a verdade a min o que máis me apasionou do cómic foron os debuxos e a intensidade das cores que amosa, e como unha IMAXE vale máis que mil palabras, xuzgade por vos mesmos.

Para rematar quería ensinaros unha longametraxe que fixo este brillante debuxante coruñés para que vexades como é o seu traballo e o esforzo que debe de custarlle facer isto, porque a min persoalmente me resulta unha tarefa moi complicada. A longametraxe titúlase De Profundis.

 Isto é todo o que vos podo contar, se queredes facerme algunha pregunta xa sabedes, comentade a entrada. " SOMOS GALEGOS, NON POR CASUALIDADE, SENÓN POR SORTE "

2 comentários:

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.