2012/06/13

Os xogos da fame (The Hunger Games)




"Os xogos da fame" é unha novela de ciencia-ficción escrita por Suzanne Collins.
No libro, o termo "os xogos da fame", son un evento anual televisado polo Capitolio, goberno no que se concentra todo o poder de Panem, lugar onde acontece a historia. Nestes xogos selecciónase a un rapaz e a unha rapaza de entre 12 e 18 por cada distrito dos arededores para que compitan nunha batalla na que só haberá un gañador.




Inspiración e orixe:
Suzanne Collins, a autora do libro, di que a idea de escribir esta historia chegou a ela cando estaba facendo zapping e mesturou a rivalidade dun reality show coas características da guerra.
Outra inspiración para esta novela foi o mito de Teseo, no que conta que a cidade de Atenas viuse obrigada a enviar aos mozos e as mulleres a Creta, onde alí serían devorados por un Minotauro. O que a escritora quere mostrar con isto é que tanto o libro como o mito teñen unha mensaxe similar: "Métete con nós e faremos algo peor que matar. Mataremos os teus fillos."

Personaxes:  medida que a historia avanza, aparecen novos personaxes, pero os principais, e sobre os que xira a historia, son os seguintes:
-Katniss Everdeen: é a protagonista da historia: unha rapaza de 16 anos que participa nos xogos tras ofrecerse voluntaria a ocupar o lugar da súa irmá pequena Prim neles.
-Gale: o mellor amigo de Katniss dende a infancia. Xuntos, comparten intereses e pensamentos que no futuro lles pode meter nalgún problema.
-Peeta Mellark: o compañeiro de Katniss durante os xogos. Mentres están na batalla, inician unha gran amistade que pouco a puoco se irá convertendo en algo máis.
-Haymitch: o mentor de Katniss e Peeta durante os xogos, é dicir, o que os prepara para loitar e guíalles durante a batalla.

Opinión persoal: Para todos aqueles que non vístes a película nin lestes o libro, recoméndovos ler primeiro a novela. En canto vos diga que ten 400 páxinas a moitos de vós se vos quitarán as ganas de lelo, o mesmo que me pasou a mín ata que o comecei. É moi doado de ler, xa que en cada capítulo pasa algo emocionante que fai que continúes lendo.

1 comentário:

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.