2012/04/10

AGUA-cate

O aguacate é un froito do aguacateiro, orixinario de Perú e México, pertencente á familia do laurel, debido a isto as diversas formas co que é coñecido (avocado, palto/a...) e a gran variedade de prantas (400 máis ou menos).

Cando se cultiva (clima cálido) só se deixa que a pranta medre ata os 5 metros pero en realidade ten a capacidade de medrar ata os 20 metros aproximados de altura.
O Persea Americana ten unhas floriñas verdes moi pequenas dende as cales medran os seus foitos, parecidos as peras na forma e na cor (ainda que un pouco máis oscuros) e no interior unha pulpa amarelenta que protexe o oso central duns 4 cm de diámetro (algunhas especies carecen del pero en cambio chegan a medrar uns dous quilogramos por froito).




PROPIEDADES ALIMENTARIAS
É unha froita que contén graxas moi beneficiosas, que actúan como manteigas vexetais, ácidos oleicos (equivalen a comer froita como a mazá, aceite de oliva, pescado azul... e ademáis axuda a reducir o colesterol, infartos, alzheimer...) e proteinas necesarias para o metabolismo.


VITAMINAS E, D e MINERAIS
Rico en potasio, calcio, fósforo, etc. que axudan na etapa de crecemento a ter uns osos fortes, evitar a osteoporose, maior produción de globulos vermellos, contrarestar a anemia, crecemento do cabelo, evitar a psoriase...
Non é incrible que unha cousa tan pequena poda axudarnos tanto?


Pero isto non e todo, esta curiosa froita tamén axudanos na dixestión, a recordar mellor as cousas, as mulleres embarazadas a hora da lactancia, ademais de ser un complemento substituinte de "proteinas animais" para aquelas persoas cunha dieta vexetariana.


COMO COMER AGUACATE, DE QUE FORMA?


Xeralmente comese crudo, combinado con outras verduras ou froitas en ensaladas, triturado en forma de salsa ou sopa.
Cando se recolle da árbore esta completamente verde por iso é aconsellable deixálo un tempo ata que madure.
Unha vez aberto para sacarlle o oso debese consumir no mesmo intre, xa que oxídase moi rápido, un truco para que isto non pase é votarlle unhas gotiñas de limón na pulpa, cubrilo con plástico e gardalo na neveira.


Tamén se usa moito nos temas de cosmética ou medicinais pero se vos interesa... xa falaremos diso noutro momento!

12 comentários:

  1. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  2. Gustoume moito, xa que moitas das cousas que dis non as sabia.
    Pareceume moi interesante.

    ResponderEliminar
  3. o comentario é meu
    *Ainhoa

    ResponderEliminar
  4. A verdade é que é increíble o que esta froita proporciona a xente que a toma, a min persoalmente gústame moito, sobre todo nas ensaladas. O que non sabía eu, é que fose familia do laurel. Paréceme moi interesante a entrada que fixeches, Miriam.

    Mónica

    ResponderEliminar
  5. A entrada é moi interesante o unico problema que ten e a letra cada vez mais pequena pero polo demais moi ben.

    NOELIA SUÁREZ SUÁREZ

    ResponderEliminar
  6. Grazas raparigas!
    Noe, xa sabes que non me vai nena!

    Miriam

    ResponderEliminar
  7. Deberias revisar o tamaño da letra, polo demais moi ben, boa estructura e simplificación.

    Darío M

    ResponderEliminar
  8. O único fallo é o tamaño das letras , todo o demáis está moi ben


    JULIO DELGADO DOMÍNGUEZ

    ResponderEliminar
  9. Hay que ver o que da de si unha froita, eu non sabia nin a metade, boa estructura pero o fallo e o tamaño da letra, por que non probas a cambiarlle a cor? poderia ser unha opcion.

    Paco 4ºB

    ResponderEliminar
  10. Boas rapaces!
    A letra xa a cambiei pero nada.. non se modifica!

    Miriam

    ResponderEliminar
  11. É dicir, que os de 4ºA este ano, plantamos unha moi boa árbore.

    Jessica

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.