Mostrar mensagens com a etiqueta VIDEOXOGOS. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta VIDEOXOGOS. Mostrar todas as mensagens

2012/05/08

Assassins Creed o xogo que che ensina historia

Assassins Creed traducido ao galego é credo de asasinos, este videoxogo creado e desenvolvido por Ubisoft Montreal conta as vidas dos assassins ao longo do tempo, dende as Cruzadas ata a actualidade rememorando o Renacemento e no mes de setembro deste ano sacaran a parte da Revolución Americana.

O primeiro Assassins Creed conta a historia de Altair quen acaba sendo o asasino mais grande de todos os tempos.
O xogo sitúase na época das Cruzadas entre Cristians e Árabes e apareceran cidades coma Damasco, Xerusalen e a bela cidade de Acre.
Altair terá que acabar coa sociedade templaria matando aos principais templarios e descubrindo a verdadeira conspiracion.

No segundo xogo (o mais longo por diferenza) encarnaremos a vida de Ezio Auditore na antiga cidade de Florencia. Ao principio so é un home corrente pero tras o asasinato do seu pai e os seus irmáns dáse conta da súa estirpe de asasinos e, aprendendo do seu tío, buscará vinganza contra os templarios que asasinaron os seus irmáns e o seu pai, entre eles o Papa.
No Irmandade (o mais curto, acabeino en 2 días ) seguimos encarnando a Ezio pero neste xa acabou gran parte da sua vinganza, só quedan vivos o Papa e o seu fillo e esta vez non escaparan...
No Assassins Creed Revelations encarnaremos a un Ezio pero cuns anos de máis (50-60) no que agora só busca a verdade de altair e que pasou despois de que acabara cos templarios da súa epoca.
Tamen controlaremos a Altair nalgúns niveis para descubrir o que pasou entre o Assassins Creed 1 e 2.
Estas historias sempre teñen lugar nun contexto histórico importante, por exemplo, o primeiro ten lugar na época das Cruzadas; o segundo, o Irmandade e o Revelations ambientanse no Renacemento,
mentres que o proximo assassins creed 3 ambientarase na Revolucion americana.

2012/04/08

Evolucion dos videoxogos

A evolución dos videoxogos notouse notablemente dende a revolución da consola no estreo Play Station 2 de Sony, antes diso no Play Station 1 e outras consolas de anteriores xeneracións como a Nintendo 64, a Super Nintendo e a Nes había videoxogos clásicos como o primer Star fox ou o Yoshi island.
Despois da Play Station 1 os xogos empezaron a ter mellor acollida ,algúns ao ver os gráficos dos famosos Final Fantasy pensaban que non poderían facerse mellores xogos.
                                             Cloud (Final Fantasy VII de Play Station 1)
                                          Dissidia Final Fantasy 012
O cambio vaise notando pero aínda evolucionarán máis a partir da Play Station 3 e a Nintendo 3ds (esta última incorporando o 3d aos xogos o que esperase que inaugure unha nova era dos xogos, ainda que hai que tomar as precaucións xustas que aconsellan as instrucións das consolas (por exemplo na 3ds aconséllase descansar cada dúas horas aproximadamente)
Vouvos deixar uns videos con respecto a este tema o primeiro é sobre dous xogos da play station 2 remasterizados a play station 3,o segundo é a primeira parte dun total de nove videos explicando a evolucion dos xogos dende anos aínda máis atras dos nosos, Miraos e aprendede como aprendín eu.

Fontes:Youtube

2012/01/18

Fallout 3

O Fallout 3 é un xogo que esta ambientado nun hipotético 2077, nese ano houbo una guerra nuclear.
Ti naciches nun refuxio debaixo da terra por desgraza, a tua nai morre nada mais dar a luz.
O teu pai foxe , isto conleva que todalas persoas te persegan.
Teras que sair do refuxio, pero con moito coidado,
os teus amigos queren matarche menos a tua mellor amiga Amata.
Cando por fin saes do refuxio disposte a buscar o teu pai,para pedirlle contas desta tan inesperada fuxida.
chegaras a unha cidade chamada Megaton, nesta atoparas unha bomba nuclear pero sen ningún tipo de actividade.
Falaras cun home chamado moriati que che dará información,de onde se atopa o teu pai.
Agora vouche contar con que tipo de arteluxio contas-Pip-Boy 3000 é un aparato no que almacenas todalas tuas pertenencias.
Para finalizar quero que seipades que sacou continuacións, 
para poder seguir xogando. Coma se 150 horas non foran suficientes!

2011/11/17

Angry Birds

 É o xogo máis popular para móbiles este ano, o máis vendido, e para min ¡o mais divertido !


   O xogador controla unha bandada de paxaros a os que lanza cun tiracroios, para destruir as diferentes estruturas e recuperalos ovos que lles foron roubados por uns cerdos piratas. Vas pasando niveis pouco a pouco, e cada vez  vai sendo  mais dificil.


    Podes disfrutar de infinidade de niveis e desbloquear novos paxaros, poderes e lugares.


     Eu ando a xogar nos buses, cando espero a alguén, ou a veces na casa cando non teño nada que facer, se vos gusta a idea o podedes descargar gratis na tenda    on-line de Google Chrome.