2012/01/22

Unha simple historia de amor?

A finais do século XIX coñecense Elisa e Marcela. Na escola Normal, da Coruña, onde este ano fíxose unha exposición no seu honor. 
 Elisa rematara xa maxisterio 
e Marcela aínda estaba estudando. 
Fixeronse moi boas amigas, pero a cousa non quedou ahí..
De supeto, 
ocorreu 
o impensable...
Namoráronse.


En pleno século XXI falar dun amor homosexual xa non asombra a ninguén, ou si?
Seguro que se te pos a pensar nuns segundos tes a cara dunha lesbiana ou dun gay na cabeza. Pero naquel tempo o único amor ''legal'' e ''permitido'' era o que puidera haber entre un home e unha muller. Sen ningún tipo de réplica.

Os pais de Marcela fixeron o posible por separalas, chegaron a mandar a súa filla a Madrid por algún tempo, pero non lles serviu de nada.
En 1888 comenzaron a traballar coma mestras, procurando que os seus destinos estiveran o máis preto posible. Pero cando non era así, Elisa tivo andado dez kilometros polas noites só pra durmir ao lado dela.

Non se sabe de quen, pero Marcela quedou embarazada e co proposito de protexela Elisa pidelle matrimonio. O seu plan foi finxir unha ruptura diante da xente e facer coma se Elisa se forá pra sempre a Habana. E vaise, pero pra convertirse en Mario. Corta o pelo, comeza a fumar, viste roupas de home e deixase quixote. A boda celébrase o 8 de xuño de 1901.

Non se saben as razóns pero volven a Dumbría, cidade onde as recoñecen e Mario vese obrigado a fuxir a Coruña. Pero encóntranas e son levadas a declarar. Marcela alega que Elisa é moito máis home que os que naceran baixo ese sexo. Tamen afirman que é hermafrodita e que no seu corpo predomina o elemento masculino sobre o feminino. 

Acurraladas polas autoridades, saíndo en todos os periódicos, teñen que abandoar Galicia e diríxense ao Porto, Portugal. O matrimonio vive tranquilo algún tempo, pero o 16 de agosto volven arrestalas, a xustiza coruñesa pide que sexan buscadas e capturadas por matrimonio ilegal. Pero as autoridades portuguesas negáronse a entregalas sen unha petición formal de extradición. Sendo encarceadas e xulgadas por Portugal quedan absoltas.Alí axudaronas todo o que poideron, os periódicos pedían un indulto, cartos, compañía no cárcere ... Pero todo iso tivo data de caducidade, pois a solicitude de extradición foi aceptada.

Esta vez foron a Bos Aires. Marcela ía acompañada da súa filla, nacida no Porto o 6 de xaneiro de 1902.
A partir de aquí toda a historia é moi confusa, non se sabe moito de Marcela e a nena. Sabese que a parella non podía vivir na mesma casa por culpa do traballo e por iso Elisa tentou casar cun dinamarqués. Ao enterarse este de que casara cunha das mulleres do ''matrimonio sen home'' denunciouna alegando que, entre outras cousas, non quería consumar o matrimonio.O xuíz despois de corroborar que se trata dunha muller decide sobreseguir o caso. 


Cando o poder deixa de perseguilas, perdeselles a pista. Só se sabe que Elisa se suicidou en Veracruz, México, en 1909.
A de Marcela e Elisa é unha verdadeira historia de amor. O único que ten de diferente e que por non ser como os demáis a esperaban, por non querer ser o que os demáis estableceran, foron perseguidas e procuradas por medio mundo.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.