2012/01/22

Celso Emilio Ferreiro


A SÚA VIDA
Celso Emilo Ferreiro en un escritor galego nacido en Celanova no 1914, provén dunha familia acomodada e é o menor de sete irmáns. Estudou en Celanova durante a infancia pero, aos 20 anos, no 1932, organizou xunto Xosé Velo Mosquera, entre outros, as Mocedades Galeguistas de Celanova e participou na constitución da  Federación de Mocedades Galeguistas.

Durante o periodo da guerra civil foi mobilizado polas tropas franquistas ao fronte de Asturias pero, consegue un destino como telegrafista para manterse afastado das liñas de combate. No 1937 durante o seu permiso en Celanova e detido por facer un comentario político,  presuntamente criticando os crimes dos fascistas. E encerrado no monasterio da vila pero, parentes e amigos exercen presión sobre o gobernador de Ourense que acaba evitando a súa execución. Este suceso inspirouno para escribir longa noite de pedra, de que falarei mais adiante. Despois da guerra retomou os seus estudios de dereito e, comezou os de magisterio que nunca chegou a exercer, no 1941 e destinado a Pontevedra como funcionario, donde entra en contacto con Novás e Alvariño. No 1943, cásase coa súa única esposa tendo con ela catro fillos.

Despois trasládase a Vigo, onde colabora co seminario pontevedrés Litoral, Vieiros e a revista Alba. No 1954 publica unha biografia sobre Curros Enriquez, e no 1964 participa na fundación da UPG.

No 1966 emigra a Venezuela onde colabora coa Hermandad Gallega, fundou o Patronato da Cultura Galega, e traballou no gabinete do Presidente Rafael Caldera. Grazas á súa iniciativa grávase e edítase en Caracas en 1970 o primeiro disco LP en galego, Galcia Canta.

Ao volver de Venezuela, no ano 1973, instalouse en Madrid, onde traballou  para a revista Tribuna Médica, dirixe a aula de cultura do Ateneo, colabora na prensa e participa nas tertulias do Café Gijón, visitando Galiza nos veráns. Tamén colabora co Partido Socialista Galego.


Celso Emilio Ferreiro morreu acausa dun derrame cerebral o 31 de agosto de 1979,o ano que se lle adicou a dia das letras galegas no  foi, 1989.


LONGA NOITE DE PEDRA

O tempo de Longa noite de pedra son os anos da posguerra e da ditadura franquista. O galeguismo político sufriu unha  forte represión, trasladándose a súa forza principal ao exterior, Bos Aires. No país, os herdeiros do galeguismo abandonan a loita política e centran os seus esforzos na recuperación cultural. Porén, este cambio de dirección propiciou a aparición dun galeguismo revolucionario, que tomou forma no 1964 coa fundación da Unión do Povo Galego, na que participaría o propio Celso Emilio.
Aquí vos deixo unha versión  cantada


Actualidade


Este ano celebrarase o centenario do necemento de Celso Emilio, para mais información preme aquí

Tamén atoparonse dous poemas Ineditos de Celso Emilio : O Mozo e O Atraco,o primeiro datado a comezos da época dos setenta e O Atraco, apareceu na revista Correo de Galicia no 1969, en Bos Aires .

2 comentários:

  1. non podo con esa ligazón do final da entradiña. Pégalle unha revisión antes de eu avaliala.

    ResponderEliminar
  2. Creo que xa esta correxida, lista para revisión.

    alex

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.