2012/01/27

O MEU BISAVÓ XESÚS BRA

Na guerra de 1936 meu bisavó foi un dos poucos homes que poideron fuxir da represión franquista .Con 9 fillos na casa , e 5 eran da irmá da sua muller Ramona; coa que tivo a miña avoa materna. Fuxiuo aos montes  de Mesía intentando non ser fusilado polos policías de Franco , con outros veciños. As veces organizaban pequenas guerrillas para non ser descubertos se un deles os via. Durmiu fora da súa casa durante moito tempo e sen saber se o encontrarian .  A miña bisavoa ía case todolos días a levarlle comida polas noites xa moi pechas, case de madrugada para non atoparse cos civis.A miña avoa aínda era pequena e ía con ela para ver o seu papá ; un día encontraronse cuns mandados de Franco preguntáronlle a donde ían  elas, mentiron dicindo que ían o muiño pero  preguntaronlle a miña avóa e ela quedou sen fala, apuntouna cun fusil e case a mata pero un dos seus superioes díxolle que as deixara en paz ,esa noite volveron para a casa eo día seguinte contaronllo o meu bisavó. Meu bisavó coñeceu a Foucellas un dos grandes escapistas de Franco en Galicia por Mesía ,era moi coñecido ,el vivía nunha cova polos montes  da miña aldea escapando de que non o matasen (o final collerono...fai uns 3 anos a súa filla saliu na galega contando a súa historia) cando tiña algunha falta de comida ou de cartos sempre lles roubaba aos veciños medio ricos que estaban ao lado da casa dos meus bisavós. O meu bisavó aínda que foi un fuxitivo por un tempo velou pola súa vida e pola miña familia .

3 comentários:

  1. Moi interesante, eu tamen sentiríame orgullosa. É como foi que te enteraches dist historia. Tes que corrixir algúns erros.

    Isa :)

    ResponderEliminar
  2. urxente revisión de signos de puntuación. Lembra: coma, espazo......; punto, espazo....
    Unha historia moi interesante, merece unha redacción mellor: veña! e busca un enlace interesante en Foucellas, procura información e fai unha entradiña sobre el.

    ResponderEliminar
  3. É moi interesante a historia. O meu bisavó tamén fixo algo parecido, pero non me acordo moi ben que foi.

    Iván

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.