2012/01/27

Emilio Pita

Seguro que moitos de vós, escoitastes falar de Emilio Pita. Pois foi unha das moitas persoas que loitaron no exilio, contra o franquismo.


Naceu na Coruña e ós doce anos emigrou a Bos Aires, posuía unha gran formación literaria e musical. Alí fundou e dirixiu o cuarteto vocal Ultreya, e é autor dun Traballo sobre música e danza da Historia de Galicia dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Publicou catro libros de versos colaborando ca revista Nós: Jacobusland, Cantigas de nenos, Os relembros. As cantigas, e O ronsel verdegal. En todas estas obras, denucia a situación dos emigrantes, a traxedia da Guerra Civil e tamén lembra a paisaxe galega.


Estou completamente seguro que todos deberíamos de agradecer todo o traballo que fixeron estas persoas pola nosa lingua.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.