Mostrar mensagens com a etiqueta Sara. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Sara. Mostrar todas as mensagens

2012/05/24

VISITA A COCA-COLA

Coca-Cola é un refresco efervescente vendido en tendas, restaurantes e máquinas expendedoras en máis de 200 países. É producido por The Coca-Cola Company. 


Nun principio, cando a inventou o farmacéutico John Pemberton, foi unha medicina patentada, aínda que foi adquirida posteriormente polo empresario Asa Griggs Candler, cuxas tácticas de mercadotecnia fixeron á bebida unha das máis consumidas do século XX.
A compañía produce realmente un concentrado de Coca-Cola, que logo vende a varias empresas embotelladoras licenciadas, as cales mesturan o concentrado con auga filtrada e edulcorantes para, posteriormente, vender e distribuír a bebida en latas e botellas nos comercios minoristas ou almacenistas.

Tamén existen variantes da Coca-Cola, fabricados pola mesma empresa, como a Coca-Cola Light e a Coca-Cola Diet; outras son a Coca-Cola sen cafeína, Coca-Cola Cereza, Coca-Cola Vainilla, Coca-Cola Zero, entre outras lanzadas especialmente como a de sabor a limón.


Descubriuse en Atlanta (Xeorxia).
Despois deste testamento sobre a orixe da Coca-cola heivos contar o que fixemos hoxe.
Darío e Camyla quedaron no terceiro posto, gañando unha mochila con xogos para a praia.
Viñeron tres profesores; Hervilia, Pepa e Xulio.


Fixemos unha visita polas instalacións da Coca-cola e explicaronnos como funcionaba a produdución, logo fomos picar un pouco fiambre e uns refrescos que tiñan xa preparados. Eu probei o novo Nestea de maracuya e Té verde, estaba ben rico. E iso e todo .

máis información


2012/05/14

CARTAS DE AMOR

Este é un libro moi fácil de ler.
 Non ten un tema fixo, conta varias historias e todas diferentes...
Parecen testemuñas da xente e totalmente reais.
Hai varias que impresionan, e trátanse dende a prostitución , a ilegalidade nun país, as guerras, a homosexualidade e moito máis en forma de cartas ou mails.
Esta orientado cara mozos da nosa idade e dende logo para min foi o mellor libro que lin neste curso ata o de agora.
Aínda que as historias parecenme que son  demasiado fortes,  recoméndovos sinceramente que o leades porque ten cada historia que che impresiona e ves que realmente tes sorte de estar como estas.

2012/05/06

Presentación


 


¡Ola, bos días!
Xa sabedes quen son así que non fai falla que volo diga.
O tema do que vos falo trata sobre as abellas.
As nosas abellas estan moi mal neste momentos.
¿Sabedes por que?

2012/04/03

MCDONALD´S


En 1940 os irmáns  Dick y Mac McDonald crearon esta empresa e introduciron a comida rápida 8 anos despois. Fundarono en San Bernardino (California) na ruta 66.


O menú consistia en 20 artículos e sobre todo a barbacoa.
Pero un empresario e vendendedor de máquinas malteadas visitou o negocio en 1955 no que tiña un pedido de 8 máquinas de batidos cando daquela soamente se solia pedir unha. Quedou fascinado pola limpeza e a rápidez e decidiu unirse o grupo. 
En 1975 decidiron incorporar o autoMc e así ter máis clientela.


Ao longo dos anos esta empresa convirtiuse nun dos restaurantes con máis importancia no mundo sendo un símbolo dos estados unidos, o capitalismo e a globalización; isto fixo que a publicación britanica " the economist "elaborara o indice Big Mac que consiste en comparar
 o precio dunha hamburguesa (big mac) en todols os países onde o venden e así saber se os costes de vida de cada país e saber se as moedas estan sobrevaloradas con respecto ao dolar estadounidense.


Existe tamén o único mcdonads kosher no mercado de abastos de Bos Aires, que consiste en que venden os ingredientes según a relixión  xudía  pode comer ou non.

LMFAO



Este é un grupo electro pop que esta a marcar tendencia en gran parte do mundo.

As súas cancións son todas diferentes e creativas, crearon o grupo no ano 2006.




O grupo esta formado principalmente por; Redfoo (Stefan Kendal Gordy) e SkyBlu (Skyler Gordy). Stefan é o tio de Skyler.

O pai de Stefan descubriu moitos famosos e foi o que os lanzou cara o público, un exemplo os Jacksons five




Ata hoxe traballaron con artistas moi famosos, dende Pitbull ata Paris Hillton.

Teñen dous albumes:
Party rock feito no 2009
Sorry for party rocking feito no 2011

Os éxitos máis vendidos ata o de agora son: Sexy and i know it, Champagne shower, Party rock ,Sorry for party rocking, lalala e I'm in Miami Trick







A súa roupa é moi chamativa pero a min gústanme moito, haiun mes viñeron facer unha entrevista ó formigueiro e actuaron en París por esa data.

Hai xente que non sabe apreciar o que fan, e como son novos nisto e traen tendencia ao ser diferentes non comprenden o seu traballo; un exemplo é a famosa revista ROLLING STONE ...espero que vós non pensedes o mesmo.

2012/03/22

DIARIO DE CAMPO

AVISO:
Esta semana santa pasareina na miña aldea e propuxenme facer un diario de campo...
Cada día teredes as miñas experiencias en google docs do noso blogue por se vos interesa
terá fotografías e textos .

2012/03/12

AXUDA AO POBO SAHARAUI

Seguro que case ningún de vós lembra a primeira vez que foi á praia .
Pois estes nenos lembrarano ata que morran.
Existe unha asociación que se encarga de traer a nenos dos nomades saharauis a España, para que vexan o mar, os animais, as nosas culturas ... e, sobre todo, que lle den moito cariño.
Eles só están aquí durante dous meses: dende Xullo ata Agosto; e hai familias como a miña que se apunta nunha lista para poder traer eses nenos ás súas casas para coidalos e ensinarlles moitas cousas.
Eles non falan o noso idioma  e veñen soiños a unha casa descoñecida, deixan alí as súas familias pero volven aquí todos os veráns.
É unha boa experiencia pero hai lista de espera....
Eu impaciente, agardo que me collan para coidalos, é dicir que se me vedes paseando con dous neniños saharauis xa sabedes de onde sairon . Este será o primeiro ano que o fago pero non o último.        Aconséllovos que vos apuntedes porque seguro que nas vosas casas tirades moita comida e... porque en vez de que se estropee non a compartides con eles e de paso lles dades cariño? pensádeo ... merece a pena ter unha alegria extranxeira na casa.
 A miña nai foi a que se apuntou , eu deixovos un enlace que creo que é  desta asociación, xa lle preguntarei se é o correcto .
De verdade que me gustaría moito que volo pensedes.

2012/02/22

BARRA LIBRE PARA AS PISCIFACTORÍAS ,DEICALOGO JAJA.

 Os  representantes da xunta de Galicia permiten que en tódala  costa galega se fagan  piscifactorías e nin   pensan nas zonas protexidas por mor das especies en perigo de extinción. Ísto foi aprobado dende Outubro do ano 2011, e dicir neste curso que levamos.  Moitas especies da nosa costa serán prexudicadas ¿ pero ninguén de nós pensa nos riscos verdade? SUPOÑÍAO.
    
 Ata o de agora non se fixeron moitas protestas, e o peor é ,que as nosas costas son vendidas as multinacionais para facer as piscifactorías como é a de Pescanova.  O certo é , que a min dende moi pequerrecha ensinaronme que as praias son de todos; e se son de todos ...


¿como van vendelas sen a nosa aprobación?   isto é de tolos, faime estar moi anoxada porque non sabia nada de esto e agora enterome; ¿ pero quen lle deu poder a estes para dicir que a nosa Galicia esta en venta? dentro de pouco se llo seguimos a permitir xa nin nos deixan vivir aquí; e iso non pode ser, ¿seique se van subir os bancos as mesas? non meu ben non, iso é intolerable temos que manifestarnos Galicia é de todos para sempre, non poden comprala ..


Así que comprade  peixes que non sexan de piscifactorias a ver se así os botamos e liscan de aquí dunha vez. Entre todos podemos facer unha gran voz para que se enteren todos de que ¡Galicia é única e non se pode explotar! ¡¡¡¡¡UNIDEVOS!!!!!


2012/01/27

O MEU BISAVÓ XESÚS BRA

Na guerra de 1936 meu bisavó foi un dos poucos homes que poideron fuxir da represión franquista .Con 9 fillos na casa , e 5 eran da irmá da sua muller Ramona; coa que tivo a miña avoa materna. Fuxiuo aos montes  de Mesía intentando non ser fusilado polos policías de Franco , con outros veciños. As veces organizaban pequenas guerrillas para non ser descubertos se un deles os via. Durmiu fora da súa casa durante moito tempo e sen saber se o encontrarian .  A miña bisavoa ía case todolos días a levarlle comida polas noites xa moi pechas, case de madrugada para non atoparse cos civis.A miña avoa aínda era pequena e ía con ela para ver o seu papá ; un día encontraronse cuns mandados de Franco preguntáronlle a donde ían  elas, mentiron dicindo que ían o muiño pero  preguntaronlle a miña avóa e ela quedou sen fala, apuntouna cun fusil e case a mata pero un dos seus superioes díxolle que as deixara en paz ,esa noite volveron para a casa eo día seguinte contaronllo o meu bisavó. Meu bisavó coñeceu a Foucellas un dos grandes escapistas de Franco en Galicia por Mesía ,era moi coñecido ,el vivía nunha cova polos montes  da miña aldea escapando de que non o matasen (o final collerono...fai uns 3 anos a súa filla saliu na galega contando a súa historia) cando tiña algunha falta de comida ou de cartos sempre lles roubaba aos veciños medio ricos que estaban ao lado da casa dos meus bisavós. O meu bisavó aínda que foi un fuxitivo por un tempo velou pola súa vida e pola miña familia .

2012/01/26

Marcela  e Elisa

Hoxe fixemos unha visita a escola de ensino NORMAL, na que nos contaron ha historia de dúas mestras que se fixeron lesbianas e decidiron casar; non rematamos a visita pero chegoume perfectamente a información coma para facer este comentario.
Eu penso que se dúas mulleres no ano 1901 foron capaces de reivindicar o seu amor sen ser heterosexual merecen un digno recoñecemento, xa que creo que todos nós nunca oímos a historia de estas dúas mulleres; penso que son un exemplo a seguir; non por ser lesbianas se non porque defenderon o que crian e nuns tempos no que o pensamento era moi pechado e non se coñecían máis culturas que a de ser heterosexual.
Defendo ante todo que se se cree en algo debes dar a cara e loitar por él .
Moitas grazas as mestras que fixeron posible esta visita porque grazas a elas aprendín que sexa nos tempos que sexan debes reivindicarte polo que pensas.

2011/10/26

¡COIDADO COS PORCOS!

Temos uns problemas cos xabarís.
Estes animais vagan polos bosques galegos arrasando con plantas ao seu paso.

Hoxe no telediario da galega, estiven vendo un grupo de veciños da nosa comunidade; os agricultores que teñen as súas leiras cerca doutras fincas descoidadas sofren os ataques dos animais nas súas cosechas.

Os habitantes teñen medo a que ataquen e que lle quiten o seu medio de vida,( xa que eles non poden gañar cartos sen vender as súas colleitas e se llas comen  os animais non poden facer nada) .
 Leede o artigo premendo neste enlace.

Aqui vos deixo un video do seu habitat.

o noso pasado

Mario Bros
Creo que todos coñecemos este fabuloso personaxe de videoxogos de nintendo, polo menos a min acompañoume durante toda a  infancia.  


Empecei a xogar con el aos 5 anos coa game boy en branco e negro, e despois dun tempo pasamos a game boy color ¡ esas si que eran boas máquinas!
Miña irmá xa xogaba coas primeiras consolas que se inventaron por nintendo e xa habia o supermario bros e xa van polo menos 25 anos...


A estas alturas xa temos a Wii na que evolucionou moito a presentación de Mario que cada vez  faise mais cotiá .
Este personaxe é creado en 1983  por uns xaponeses.
Este xogo consiste en rescatar a princesa Peach que case sempre é raptada por Browser, unha especie de tartaruga dragón .


Mario ten un irmán Luigi que é moito mais alto ca el é ten o peto verde ao contrario de Mario que o ten vermello,os dous son fontaneiros e levan unha aventura moi longa eperemos que siga así.

Meu irmán

Este libro  sen mentirvos, é o mellor que lin. O seu autor é Daniel Palomeras ,un home que non ten nada da súa vida en wikipedia por si vos interesa.
O libro trata dunha rapaza(Paula) de trece anos, que ten un irmán(serxio) drogadito, e que ela a pesar de ser a pequena, ten unha mentalidade máis madura que seu irmán.
A pobre da nai  non sabe que facer con serxio xa que el deixou de vivir na casa e os estudos dende xa case un ano para estar cos seus colegas picandose.
De cando en vez pasase pola súa casa a coller cartos pero nada máis.
A historia comeza coa repentina aparición da nai espertando a paula, xa que serxio esta no hospital.si xa supoñedes por sobredose...
Serxio queda en coma e a sua familia pasao moi mal, ata aparece o pai que fai moito q non se sabe nada del.O rapaz cando esperta pidelle cartos a Paula para ir deixandóo pouco a pouco ,ela no acede, asi que cando a nai fala con serxio convencea pra sacarlle os cartos.
Paula esta molesta porque a nai o único que esta a facer e empeorar as cousas xa que para que o deixe non lle pode dar cartos como sustitución por non saber que facer. O final serxio ten un tratamento de desintoxicación  e Paula mais seus pais terán que vixialo para que se cumpra.

Conclusión 
Para min este libro fala do mundo da droga,o fácil que e engancharse ,os problemas que trae arrastras e o difícil que e sair .