Mostrar mensagens com a etiqueta HISTORIA. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta HISTORIA. Mostrar todas as mensagens

2012/06/02

Chernóbil

Eu xa oíra falar do caso desta central nuclear, pero só de refilón, e é que non hai nada mellor que a curiosidade para a aprendizaxe, e a miña curiosidade foi a que me levou a investigar un pouco máis deste acidente; o que descubrin deixoume pampa.
Aconteceu que o 26 de abril de 1986, estaban facendo probas nas que se simulaba un corte eléctrico, cando un dos reactores se sobrequeceu e fixo explotar o hidróxeno acumulado no seu interior. O material radiactivo liberado foi 500 maior ao que liberou a bomba atómica que EE.UU. tirou sobre Hiroshima en 1945, ademáis de ser o único acidente que acadou a categoría máis alta (nivel 7) na escala INES.
Pero o que máis me sorprendeu non foi o feito en sí, senón as consecuencias:

  • Causou a morte direta de 31 persoas.
  • Obrigou á evacuación de 135.000 persoas.
  • A radiactividade chegou a polo menos 13 países da Unión Europea.
  • 5.000.000 de persoas viviron en áreas contaminadas e 400.000 en áreas gravemente contaminadas.
  • O cáncer de tiroides expandíuse por varios países.
A pesar de todo isto, a central non se pechou definitivamente ata o ano 2000, aínda que xa se construíra un sarcófago para aislar o exterior do interior.
É importante ter en conta que os acidentes nucleares seguen existindo. No 2008 en España detectáronse 66 incidentes, algúns graves. As centrais estadounidenses continúan matando a millóns de peixes ao ano. O peligro nuclear segue vixente en todo o mundo como se encergou de demostrar Greenpeace en Arxentina.
Polo tanto, esta contaminación é una grave perigo para toda a humanidade e deberían ser un incentivo para fomentar as enerxías renobables e seguras.

2012/04/15

Titanic

Cúmprense 100 anos dende aquel 15 de Abril de 1912 cando "o insumerxible" afundiu no océano Atlántico, cerca da illa Terranova, pertencente a Canadá.


Empezábanse a construír os primeiros transatlánticos, entre eles o Titanic, que partiu o 10 de Abril de 1912 na súa viaxe inaugural; todo ía ben ata que a madrugada do 15 de Abril se alertou da existencia de icebergs na ruta do barco, mais fixeron caso omiso e para gañar distancia aumentaron a velocidade a 22 nudos, unha cifra significativa para un barco daquel calibre; foi entón cando intentando evitar un iceberg, rozaron con el e por mor do material co que estaba construído o barco, que actualmente calificamos como de mala calidade pero na época era dos mellores, producironse unha serie de pequenas e discontinuas brechas ao largo dos seis primeiros compartimentos que afundiron o Titanic en pouco máis de 2 horas. Está comprobado que se non se cerraran os compartimentos a auga repartiriase por todo o barco tardando 4 ou 5 horas máis en afundir e deixando tempo ao Carpathia a chegar antes do afundimento; tamén se pensa que se o barco chocara frontalmente quizais se inundasen dous ou tres compartimentos pero non se afundiría.

No desastre sobreviviron máis de 700 persoas pero morreron máis de 1500 afogadas e de hipotermia pola falta de suficientes botes salvavidas.

Actualmente  algúns dos restos poxanse por unha considerable suma de diñeiro. Tamén recordamos ás víctimas con numerosas homenaxes e mesmo coa famosa película de James Cameron, que coa celebración deste centenario a transformaron nunha increíble sensación en 3D.
Xamais se olvidará este suceso que conmocionou o mundo enteiro.



2012/04/03

MCDONALD´S


En 1940 os irmáns  Dick y Mac McDonald crearon esta empresa e introduciron a comida rápida 8 anos despois. Fundarono en San Bernardino (California) na ruta 66.


O menú consistia en 20 artículos e sobre todo a barbacoa.
Pero un empresario e vendendedor de máquinas malteadas visitou o negocio en 1955 no que tiña un pedido de 8 máquinas de batidos cando daquela soamente se solia pedir unha. Quedou fascinado pola limpeza e a rápidez e decidiu unirse o grupo. 
En 1975 decidiron incorporar o autoMc e así ter máis clientela.


Ao longo dos anos esta empresa convirtiuse nun dos restaurantes con máis importancia no mundo sendo un símbolo dos estados unidos, o capitalismo e a globalización; isto fixo que a publicación britanica " the economist "elaborara o indice Big Mac que consiste en comparar
 o precio dunha hamburguesa (big mac) en todols os países onde o venden e así saber se os costes de vida de cada país e saber se as moedas estan sobrevaloradas con respecto ao dolar estadounidense.


Existe tamén o único mcdonads kosher no mercado de abastos de Bos Aires, que consiste en que venden os ingredientes según a relixión  xudía  pode comer ou non.

2012/03/19

Día de ''A Pepa''

Hoxe, 19 de marzo é o día de San Xosé, o esposo da Virxe María, miles de anos atrás, falecerá e a súa alma pasara da terra o ceo.


Este mesmo día pero non fai tantos anos se non máis cerca, exactamente en 1812 promulgouse a Constitución das Cortes de Cádiz, a primeira Constitución no noso país, e debido ó santo de San Xosé foi chamada con nome de ''A Pepa'' o grito da xente de ''Viva a Pepa''. Nela decretábase: a soberanía nacional, separación de poderes, libertade de expresión, dereito e integridade física, e moitas outras. Algunhas destes principios seguen na nosa constitución.


Felicitar a todos os Xosés e todas as Pepas! 

2012/02/21

World Press Photo

Dende 1955, cada ano fotografos do mundo enteiro buscan a mellor imaxe para este prestixioso premio. O obxectivo destas imaxes é mostrar a actualidade do mundo, sobre todo en países subdesenrolados, a verdadeira cara do sufrimento e a dor dos que o resto do mundo apenas é consciente.

Na foto gañadora do 1965 mostrase a unha nai cos seus fillos cruzando un río para escapar do seu pobo bombardeado por Estados Unidos ante a sospeita de que fose un refuxio de Vietcong.

E, un ano despois, na foto de 1966 observamos como soldados américanos levan o corpo sen vida dun loitador Vietcong.

Todas estas guerras e enfrentamentos arredor do mundo trouxeron unha época de fame, como se mostra na gañadora e impactante fotografía de 1980.
Unha dictadura en Uganda levou á morte de case 300.000 persoas.

A foto do ano pasado, tomada por un español en Yemen, mostra unha realidade que ainda perdura; mentres a nós nos causan certa indiferenza as sanguinarias protestas contra a dictadura que alí se vive, hai persoas que seguen morrendo, nenos que non poden ter unha infancia feliz, e mulleres sen ningún tipo de dereitos.

Todas as imaxes deste concurso son crueis e terrorificas, pero o máis cruel é que co paso do tempo ainda non poidamos ter a satisfación e alegría de que a premiada sexa unha escea de paz, sen guerras, dor e sen fame.

2012/01/28

Marcela e Elisa





Na miña opinión a historia destas mulleres é un caso de superación.

Superación ás linguas mal faladas da xente, ao desprezo, ao medo e ao temor de non ser aceptado, de sentirte inferior e querer por todos os medios que a ti non che pase iso, "non, eu non podo ser homosexual; qué dis?" responderías se cho preguntaran; por todo isto é que me encheu de orgullo e rabia a historia de Marcela e Elisa; orgullo de saber que loitaron a sol e sombra para poder estar xuntas, por que non todos somos tan valentes e menos naquela época, e rabia de saber que a nosa sociedade e as da maioría do mundo seguen sen aceptar o amor entre persoas do mesmo sexo, xa sexa castigandoas físicamente ou desprezándoas. 
Con todo, cada vez imos progresando máis, ainda que ese progreso sexa lento pero ¡imos amodo, porque imos lonxe!

2012/01/27

Marcela e Elisa

¿Parece mentira verdade? Parece mentira que dúas mulleres a principios do século XX mostren a súa amor e, en pleno século XXI aínda existan moitas rapazas e rapaces escondendo a súa homosexualidade. Sen duda é un gran problema que aínda se encontra entre nós. Marcela e Elisa son un claro exemplo de superación, deberíamos todos aprender delas e esforzarnos polo que queremos ata conseguilo.
O MEU BISAVÓ XESÚS BRA

Na guerra de 1936 meu bisavó foi un dos poucos homes que poideron fuxir da represión franquista .Con 9 fillos na casa , e 5 eran da irmá da sua muller Ramona; coa que tivo a miña avoa materna. Fuxiuo aos montes  de Mesía intentando non ser fusilado polos policías de Franco , con outros veciños. As veces organizaban pequenas guerrillas para non ser descubertos se un deles os via. Durmiu fora da súa casa durante moito tempo e sen saber se o encontrarian .  A miña bisavoa ía case todolos días a levarlle comida polas noites xa moi pechas, case de madrugada para non atoparse cos civis.A miña avoa aínda era pequena e ía con ela para ver o seu papá ; un día encontraronse cuns mandados de Franco preguntáronlle a donde ían  elas, mentiron dicindo que ían o muiño pero  preguntaronlle a miña avóa e ela quedou sen fala, apuntouna cun fusil e case a mata pero un dos seus superioes díxolle que as deixara en paz ,esa noite volveron para a casa eo día seguinte contaronllo o meu bisavó. Meu bisavó coñeceu a Foucellas un dos grandes escapistas de Franco en Galicia por Mesía ,era moi coñecido ,el vivía nunha cova polos montes  da miña aldea escapando de que non o matasen (o final collerono...fai uns 3 anos a súa filla saliu na galega contando a súa historia) cando tiña algunha falta de comida ou de cartos sempre lles roubaba aos veciños medio ricos que estaban ao lado da casa dos meus bisavós. O meu bisavó aínda que foi un fuxitivo por un tempo velou pola súa vida e pola miña familia .

2012/01/26

Marcela  e Elisa

Hoxe fixemos unha visita a escola de ensino NORMAL, na que nos contaron ha historia de dúas mestras que se fixeron lesbianas e decidiron casar; non rematamos a visita pero chegoume perfectamente a información coma para facer este comentario.
Eu penso que se dúas mulleres no ano 1901 foron capaces de reivindicar o seu amor sen ser heterosexual merecen un digno recoñecemento, xa que creo que todos nós nunca oímos a historia de estas dúas mulleres; penso que son un exemplo a seguir; non por ser lesbianas se non porque defenderon o que crian e nuns tempos no que o pensamento era moi pechado e non se coñecían máis culturas que a de ser heterosexual.
Defendo ante todo que se se cree en algo debes dar a cara e loitar por él .
Moitas grazas as mestras que fixeron posible esta visita porque grazas a elas aprendín que sexa nos tempos que sexan debes reivindicarte polo que pensas.

As grandes ditaduras

   

Agora que estamos a falar da ditadura en España, investiguei e coñecín outros réximes similares en países moi importantes, todas tiñan en común a gran represión por parte do exército, que limitaban os dereitos individuáis dos cidadáns, e así a persoa que esté no poder poda ter controada a poboación, retrasando a cultara e mais a economia.

Vou empezar por unha das mais coñecidas da historia, é a protagonista na II Guerra Mundial, O tercer Reich. A ditadura nazi tivo moita influencia en Europa xa que intentaba expallarse e derrotar a seu principal obxetivo: os xudeus, caso similar a necesidade de Franco por acabar cos "roxos".

Outra ditadura, esta vez actual é a de Corea do Norte, a cal está totalmente aislada e posue un dos crecementos masi pobres do mundo, aunque claro está que ten un poder militar moi grande, e parece que conta con arsenal nuclear. A seguinte ditadura é a URSS, ditadura comunista na que os grandes lideres foron Stanlin e mais Lennin, e que demostra que nas ditaduras o sua ideoloxia intenta prevalecer, como no caso de Cuba (o cargo foi para o irman ) ou en Corea ( onde o cargo recaeulle ao fillo )

Na actualidade de Europa non parece que vaia a xurdir ningún destes casos, pero calquer político poderia, aproveitando este fraxil estado da economia, en proclamarse Xefe totalitario dun pais, ou non?

2012/01/25

Marcela e Elisa


    Pareceume unha exposición bastante interesante, xa que a importancia que lle deron os medios daquela época foi extraordinaria, e máis o que tiveron que facer para que non as recoñecesen: disfrazarse, mudarse:pareceume un acto de moita valentía. Creo que foi unha desas historias que axudan a xente a reflexionar sobre os erros que se cometeron antes e os que debemos solucionar, xa que todos somos iguais e que  non se  pode tratar peor a xente por ter gustos sexuais diferentes a maioría. 
Aquí  vos deixo a súa boda.