2012/02/21

World Press Photo

Dende 1955, cada ano fotografos do mundo enteiro buscan a mellor imaxe para este prestixioso premio. O obxectivo destas imaxes é mostrar a actualidade do mundo, sobre todo en países subdesenrolados, a verdadeira cara do sufrimento e a dor dos que o resto do mundo apenas é consciente.

Na foto gañadora do 1965 mostrase a unha nai cos seus fillos cruzando un río para escapar do seu pobo bombardeado por Estados Unidos ante a sospeita de que fose un refuxio de Vietcong.

E, un ano despois, na foto de 1966 observamos como soldados américanos levan o corpo sen vida dun loitador Vietcong.

Todas estas guerras e enfrentamentos arredor do mundo trouxeron unha época de fame, como se mostra na gañadora e impactante fotografía de 1980.
Unha dictadura en Uganda levou á morte de case 300.000 persoas.

A foto do ano pasado, tomada por un español en Yemen, mostra unha realidade que ainda perdura; mentres a nós nos causan certa indiferenza as sanguinarias protestas contra a dictadura que alí se vive, hai persoas que seguen morrendo, nenos que non poden ter unha infancia feliz, e mulleres sen ningún tipo de dereitos.

Todas as imaxes deste concurso son crueis e terrorificas, pero o máis cruel é que co paso do tempo ainda non poidamos ter a satisfación e alegría de que a premiada sexa unha escea de paz, sen guerras, dor e sen fame.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.