Mostrar mensagens com a etiqueta Miguel. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Miguel. Mostrar todas as mensagens

2012/06/19

A outra cara da moeda


A outra cara da moeda


Na miña presentación falei dun tema un pouco difícil de tratar nesta zona de Galicia. A rivalidade entre o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña é un enfrontamento xa histórico. Coruña e Vigo loitan por ter o equipo que represente Galicia, esta batalla lidéraa o Depor, de momento.Pero a miña intención era a de convencer os meus compañeiros de clase, deportivistas de corazón, que lle deran a importancia que ten que tanto o Depor como o Celta conseguiran o ascenso á máxima categoría.




O Deportivo foi o lider da categoría pero o Celta tamén fixo unha tempada magnífica, e máis mérito ten aínda se nos damos de conta dos problemas económicos que pasou o equipo Vigués e como conseguiu superalos coa xente da canteira, algo moi valorado no mundo do fútbol. A cidade de Vigo botouse as rúas para celebrarlo, foi unha gran festa en toda a cidade.

Pero eu non quería soamente alabar o ascenso do Celta de Vigo senón de decatarse o beneficio que acarrea que os dous equipos representantes de Galicia ascenderan a Liga BBVA. Tanto beneficio económico como a importancia que se lle dara a Galicia cando compita no fútbol de alto nivel. Os galegos témonos que dar conta que isto axuda a Galicia e ao galego e temos que conseguir un boa relación entre ambas afeccións deixando a rivalidade aparte.

Aqui vós deixo unha reportaxe sobre o ascenso do equipo vigués.


2012/06/09

Galicia

Aquí vos deixo un video sobre a nosa terra.

2012/05/14

Era por setembro




Xabier Quiroga irmán de Carlos Quiroga, é licenciado en filoloxia galega e autor xa de varias obras de bastante importancia. Comezou coa publicación de Atuado na braña, obra gañadora de diversos premios. Xabier Quiroga é considerado como un dos importantes escritores galegos da narrativa. A súa segunda obra foi Era por setembro, obra da que vos farei unha pequena introducción pra animarvos a lela.


Aldara unha nena pequena de trece anos, vive unha serie de acontecementos tráxicos sempre marcados pola política. Prohibicións de calquer tipo por diferentes ideloxías políticas que a levaran a ter diversos problemas familiares. Co paso do tempo Aldara convertese nunha persoa con reputación.

Non desvelo máis para que leades o libro que na miña opinión é magnifico e cun final feliz.


                                                                           ·aquí vos deixo un video de Xabier lendo un trozo da obra Era por Setembro

2012/03/27

Ollos de Auga


O autor deste libro chámase Domingo Villar, guionista de cine e televisión e tamén crítico gastronómico. Adentrouse no mundo da escritura onde non lle va nada mal, Ollos de auga obra gañadora de varios premios xunto a A praia dos afogados as súas obras máis significativas.


Ollos de Auga é unha novela que trata sobre un crime que transcorre na illa de Toralla onde o policía Leo Caldas xunto co seu axudante Rafael investigan a morte do saxofonista Lois Reigosa.


As primeiras sospeitas indican que o asasino é Dimas Zuriaga xa que era o doutor de Lois e o encargado da distrubución de formol, substancia que lle provocou a morte. Esta substancia foi inxectada no pene de Lois por iso pensábase en primer lugar que o único candidato era Dimas. Pero a visita ao pub Idílico, un pub de homosexuais, resolve moitas dúbidas xa que Orestes un dos pinchadiscos do pub foi encontrado morto e con el, fotos do doutor e Lois. Os investigadores danse conta que Orestes chantaxeábaos coas fotos de eles dous.
Leo Caldas está a punto de resolver o misterio e finalmente dase conta de que a muller do doutor e máis coa axuda do seu amante cometera os crimes, xa quetraizoada polo seu marido


Ollos de auga dende o meu punto de vista é unha obra entretida e cun sorprendente final que recomendaría a calquera persoa xa que non se fai demasiada longa e ademais e facil de ler.

2012/03/17

O noso comezo

O NOSO COMEZO 
o título ten o enlace de donde saquei a información

No ano novecentos Galicia, Asturias, León e máis o norte de Portugal, formaban un territorio contra os Árabes que ocupaban case toda a península. A sociedade formada por señores, basalos, campesiños, monxes e mais os nobres que os defendian formaban unha sociedadade feudal, onde se comezou a falar un derivado do latín, o galego.

Primeiramente o galego so se falaba, xa que o latín era a lingua de prestixio. Pero o uso de galego extendeuse rapidamente, utilizabano os reis os nobres, utilizabase xa case que todo no territorio. Dise que a xente comezou a falar o galego coma un latin simplificado.

No seculo XI grazas a importancia que adquire Compostela, fai chegar a xente e ideas de toda Europa. O galego convertese nun idioma de prestixio falado por todos os estamentos. Debido a importacia politica que tiña Galicia naquel momento non e extraño que sexa elexida como lingua de prestixio, asique as cantigas tamen foron escritas en galego.

Alfonso X, despraza o latín e coloca o castelan como lingua de prestixio, debido a importancia que adquiren outras cidades como Toledo e Sevilla, ata esa data o castelan era unha lingua minoritaria e de menor importancia que o galego.

A lingua galega parte dunha lingua chamada galego-portugues, e por mor dunha loitas nobiliarias, un nobre portugues proclamase Rei de Portugal. Desta forma o portugues por un lado e o castelan por outro asentanse como idiomas oficiais de dous reinos independientes. Galicia perde poder e o galego comeza a perder influencia e presenza na escrita. O galego seguirase escribindo, pero ca chegada dos Reis Católicos, e a imposición de castelan deixa o galego nunha dificil situación, coñecido como séculos escuros.

Luz Pozo Garza


  
 UNHA GRAN POETA

Dende os seus inicios Luz Pozo Garza sufriu a Guerra Civil, ela e mais a súa familia 
exiliaronse. E grazas a o seu irman Gonzalo, conseguiron refuxio en Marrocos. Despois da morte do unico irman de Luz, voltaron a Viveiro onde comezou a dar os seus primeiros pasos como poeta. Luz termina o bachiller e ten tres fillos co profesor Francisco Vázquez Ramudo. Licenciada en Filologia Románica, e catedrática en 1980, casa en segundas co poeta Eduardo Moreiras. Trasladase a Vigo onde se xubila pero non abandona a súa faceta lieteraria. Ademas de poeta Luz Pozo Garza ten estudos musicais, pronunciase en varias conferencias e forma parte da Real Academia den 1996.

A poesia de Luz caracterízase pola presenza da musica e da pintura, pero sobre todo pala sua sensualidade e  plasticidade.

aqui vos deixo a suas obras princiapis
  • O paxaro na boca.
  • Concerto de outono.
  • Diálogos con Rosalía.
  • Ondas do mar de Vigo: erotismo e conciencia mítica nas cantigas de amigo.
  • Tres poetas medievais da ría de Vigo.

2012/03/04

Toneladas de lixo ameazan o río Barbaña en San Cibrao das Viñas

Intolerable e desastrosa a situación deste río


Intolerable e desastrosa a situación do  río Barbaña, asi califican a situación.
Tras reiteradas denuncias feitas por Amigos da Terra, polos os continuos vertidos de ferralla, plásticos, bidóns, deterxentes… Os vertidos tóxicos da Industrias Químicas Gallegas S. A. producidos no Concello de San Cibrao, require a necesidade dunha investigación aínda aberta de axentes da garda civil, persoal da Consellería de Medio Ambiente e a Confederación Hidrográfica Miño Sil.
 “Quen contamina, paga” isto é o que require a asociación ecoloxista ante os vertidos. Ase mesmo, reclama que se comprobe se a empresa conta coa licenza de actividade. Amigos da Terra procederá a tramitar denuncia desta situación, e solicita unha investigación en profundidade.

2012/01/27

SILVIO SANTIAGO


Escritor galego, Silvio  Santiago viviu de primeira man o exilio dos intelectuais galegos, xa que el era un deles. Logo da morte do seu irmán e coa chegada da Guerra Civil, Silvio decidiu marchar a Portugal e dende alí a Cuba e posteriormente a Venezuela.


Casa Galicia, fundada por S. Santiago

Aqui foi onde Silvio comezou a desenvolver a súa actividade ca cultura galega. Primeiro creou o Centro Galego e dirixiu a Casa Galicia. Tamén un programa radiofónico chamado Hora de Galicia. Participou en varias revistas como, por exemplo, Galicia ,do Centro Galego de Caracas (1952).   Publicou Vilardevós, obra que rapidamente se converteu nun clásico da narrativa galega, tamén publicou   O silencio redimido. E posteriormente Noticia Previa e Reencontro co lector obras menos recoñecidas cas anteriores.
No comezo dos anos sesenta ca fin da Guerra Civil, Silvio regresa a Coruña, e máis tarde a Santiago. No 1974 morre en Santiago Silvio Santiago unha das figuras da literatura galega no exilio .

2011/12/16

Cambio


CAMBIO EN TRES

Elixín este libre sobre todo porque o seu autor naceu en Ourense (a miña terra). Carlos Casares, escritor galego, nado en Ourense no 1941, no 1977 entra na Real Academia Galega grazas aos estudos realizados sobre Otero Pedrayo, Vicente Risco ou Curros Enríquez, E no ano1969 escribe Cambio en tres obra da que vou vos falar.

O libro comeza con Lisandro volvendo a casa despois de catro anos, escapa das continuas preguntas dos seus pais sobre o acontecido no accidente. Lisandro finalmente da explicacións a familia do seu gran amigo falecido e mostralle o seu pésame.

Dolido por todo o acontecido Lisandro recorda todas as aventuras do seu gran amigo Cachorro durante a súa infancia. A aventura situase na Alameda de Ourense onde Cachorro foi castigado polo cura despois de bicar a unha nena. Cabreado pegoulle unha paliza o chivato que o delatou, esa mesma noite non durmiu en casa polo medo a o bronca dos seus pais. Durme nas Covas onde encontra un arma que rapidamente enseñou a todos os seus amigos o día seguinte. O Alemán (un dos seus amigos) accidentalmente apretou o gatillo coa mala sorte de dispararse hacia él, provocando a súa morte. Isto provocou unha serie de investigacións policias sobre Cachorro sobre todo acontecido, que desgraciadamente para Cachorro non tivo máis remedio que contalo. Cachorro finalmente non foi castigado. As seguintes aventuras Cachorro xa non é un neno, e Lisandro cóntanos as diferentes historias. O conflicto que tivo nun bar a altas horas da noite, os baños que se pegaba no embalse de Oira e por último o fatidico accidente que deixou sen vida a un cambiado Cachorro en busca dun futuro mellor.

O libro esta dividido en 5 capítulos, en cada un conta as difertentes aventuras de Cachorro.

O que cambiaría do libro aparte do seu título, que non lle vexo explicación, tamen o seu difícil entendemento xa que párase a contar cousas sen maior sentido en mitade da narracion, isto complicoume moito entender o libro e poder disfrutalo. 

Este libro fíxoseme bastante entretido na primeira parte do libro, despois non tanto, situar a acción en Ourense e as aventuras de Cachorro foi o máis aposionante da obra. 



2011/12/12




Barcelona vs Real Madrid:

Chegou a hora da verdade





Pódese dicir que case que toda España sentouse enfronte do televisor para ver o mellor partido de fútbol que se pode ver hoxe en dia. Mais de 9,5 millóns de espectadores seguiron o clásico en  La Sexta. Sen contar todo o resto do mundo xa que este partido e seguido en todas as partes do mundo grazas, as diferentes nacionalidades dos xogadores do Real Madrid e mais do Barcelona. Mentras que dura este partido todo o planeta terra mira cara España.

En canto o deportivo, a historia volveuse a repetir. Un Real Madrid que se supoñía que chegaba en mellor forma o partido co Barcelona foi superado sen maior compricacións cun resultado de 3-1 grazas sobre todo os xogadores españois como Andres Iniesta e Xavi Hernández e sen dúbida o arxentino Leo Messi. Con esta victoria o Barcelona recorta distancias na liga, pero os de Jose Mourinho poden adiantar de novo o Barcelona no partido atrasado que teñen en Sevilla.

Habera que esperar ata Abril para volver a presencia outro Real Madrid - Barcelona, ata ese día o Real Madrid intentara mellorar para poder superar porfin o Barcelona, e conseguir arrebatarlle o campeonato da liga española.

2011/12/11


A estatua de Pedrayo volve ao casco vello

Tras casi mes e medio de reparacións no taller do escultor ourensano Manuel Buciños, a estatua que rinde homenaxe o escritor Ramón Otero Pedrayo volveu onte a lucir na Praza do Correxidor.


Estatua de Ramón Otero Pedrayo
A restauración da escultura de bronce instalada sobre un pedestal de pedra foi unha iniciativa do propio autor, o considerar que estaba demasiado deteriorada polo paso do tiempo, además de sufrir alguna pequeña colisión lateral producida polos camións de recollida de lixo, pintadas e, incluso, a marca dun proyectil, según explica o escultor.

Buciños tamén puxo especial hincapié na reparación da base da estatua, xa que se encontraba lixeiramente desprazada, xa que había un alto riesgo de que a figura se precipitase sobre o chan.

La escultura foi realizada polo artista ourensano no ano 1985, ubicándose en primer momento na Alameda e, hasta este momento, todavía non fora restaurada.

2011/12/05


Intercambio de alumnos e profesores con Berlín

A finalidade é perfeccionar o proceso de docencia e de aprendizaxe


Jesús Vázquez y Dorlies Radike, ayer en Berlín. (Foto: MIGUEL ANGEL)
Jesús Vázquez y Dorlies Radike, ayer en Berlín. 
Este acordo formalizarase próximamente en un documento definitivo, según o cal, tanto o Goberno galego como o Ayuntamento de Berlín, seguirán as recomendaciones recollidas no Tratado da Unión Europea sobre acciones relativas o dominio das lenguas comunitarias. 'O obxetivo destas accións é favorecer a empleabilidade e la calidade das enseñanzas da FP'.

Xesús Vázquez explicou que a FP 'está ganando peso no sistema educativo galego', co fin de seguir a tendencia da UE donde 'o 60 por cento do alumnado decantase pola FP frente o40 por cento que o fai polo bacharelato'.

Sobre este extremo, destacou que no que vai de lixeslatura, a matriculación en ciclos formativos e programas de cualificación profesional se incrementaron un 23,1 por ciento, hasta chegar os 42.755 estudiantes. Asimesmo, Vázquez Abad participou durante a sua visita a Berlín na xornada 'A inserción laboral dos mozos a través da mobilidade transnacional', nun encontro con expertos no que tamén participou ou director xeral de Educación, Xosé Luis Mira.

Basta Xa!

BASTA XA!

O lema deste ano é: PARA CAMBIAR O MUNDO, ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA. Intenta buscar a soluciónxa que  non é doada e necesita do compromiso de toda a sociedade, e non só neste día, senon en todo o ano, xa que en Galicia son 5.270 denuncias por maltratos, un 14% menos co ano pasado. E para que esta cifra siga baixando empeza por ti. 


  


2011/11/29

2011/10/25

Os incendios castigan a Ourense


Feijóo di ahora que "hai un problema enorme coa delincuencia forestal"



A provincia de Ourense parece un campo de batalla tomado polo fogo desde fai xa unha semana. Os paisanos trtan de combatilo con ramas e tractores. As brigadas contra incendios, reducidas pola Xunta a comezos de septembro, non dan abasto.



Fontes dos servicios forestais e alcaldes dos municipios afectados, cifran en torno a 6.000 hectáreas arrasadas no gran fogo que desde o venres campa polo Macizo Central Ourensano.

O fogo adueñouse na madrugada do martes da Serra de San Maceda. Veciños dos pobos de Castro, Escuadro, Santirso e Calveliño do Monte neste municipio, foron desaloxados das suas vivendas co gando.

A Consellería do Medio Rural do Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo comenzou a reconocer a evidencia da devastación. O propio presidente da Xunta explicou onte asi a situación de emerxencia: `` Os 400 fogos en tres dias acreditan que lamentablemente en Galicia hai un problema enorme coa delincuencia forestal´´.  As palabras do actual presidente da Xunta foron rebatidas con dureza.