2012/03/17
O noso comezo
No ano novecentos Galicia, Asturias, León e máis o norte de Portugal, formaban un territorio contra os Árabes que ocupaban case toda a península. A sociedade formada por señores, basalos, campesiños, monxes e mais os nobres que os defendian formaban unha sociedadade feudal, onde se comezou a falar un derivado do latín, o galego.
Primeiramente o galego so se falaba, xa que o latín era a lingua de prestixio. Pero o uso de galego extendeuse rapidamente, utilizabano os reis os nobres, utilizabase xa case que todo no territorio. Dise que a xente comezou a falar o galego coma un latin simplificado.
No seculo XI grazas a importancia que adquire Compostela, fai chegar a xente e ideas de toda Europa. O galego convertese nun idioma de prestixio falado por todos os estamentos. Debido a importacia politica que tiña Galicia naquel momento non e extraño que sexa elexida como lingua de prestixio, asique as cantigas tamen foron escritas en galego.
Alfonso X, despraza o latín e coloca o castelan como lingua de prestixio, debido a importancia que adquiren outras cidades como Toledo e Sevilla, ata esa data o castelan era unha lingua minoritaria e de menor importancia que o galego.
A lingua galega parte dunha lingua chamada galego-portugues, e por mor dunha loitas nobiliarias, un nobre portugues proclamase Rei de Portugal. Desta forma o portugues por un lado e o castelan por outro asentanse como idiomas oficiais de dous reinos independientes. Galicia perde poder e o galego comeza a perder influencia e presenza na escrita. O galego seguirase escribindo, pero ca chegada dos Reis Católicos, e a imposición de castelan deixa o galego nunha dificil situación, coñecido como séculos escuros.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
De todas as entradas que tes, penso que é a mellor polo tema e o traballo. Pero tes que mirar as tildes.
ResponderEliminarSergio P