2012/03/17

Antoloxía poética de Uxío Novoneyra.

Este poemario é un conxunto de temáticas totalmente diferentes. Publicado en 1997 reune un milleiro de poemas collidos das súas anteriores publicacións.


Comeza con un pouco do seu libro "Os eidos", co que tras a súa publicación a voz de Novoneyra converteuse de inmediato nunha das máis intensas,renovadoras e salientables da poesía galega. Está composto por poemas escritos entre 1952 e 1953 nos que as rocas, a toponimia e a rotación das estacións resoan como estados de ánimo dun ser vivo chamado Terra.


Logo, atopamos fragmentos de "Tempo de elexía" cos que este autor chegou ao cume da súa creatividade e inspiración. Estes versos buscan os estados límite do home diante do amor e a morte, a angustia e a distancia interior.


En tan só duas reducidas páxinas atópanse tres exemplos de "Poemas caligráficos", obra publicada en 1979 e ilustrada por Reimundo Patiño.


No espazo de "Muller pra lonxe" reúnense diversos poemas de amor xa publicados anteriormente e outros inéditos, ilustrados con debuxos de Carlos Pardo Teixeiro.


O espazo que máis me gustou deste libro é o adicado aos poemas "Do Courel a Compostela". É un dos libros fundamentáis da obra poética de Novoneyra onde deixa ver a forza das montañas do Courel, o vencello do poeta coa terra e o seu compromiso coa cultura galega e cos pobos do mundo.


Finalmente, o libro péchase con "Poemas da doada certeza" publicado en 1994.


Sen lugar a dúbidas unha gran mestura da obra de Uxío Novoneyra do que estou segura que disfrutaredes todos.

1 comentário:

  1. engade enlaces a poemas que representen o que ti nos contas

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.