Mostrar mensagens com a etiqueta POSGUERRA. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta POSGUERRA. Mostrar todas as mensagens
2013/11/01
2012/03/30
2012/03/29
2012/03/28
2012/03/27
2012/03/20
2012/03/17
Antoloxía poética de Uxío Novoneyra.
Este poemario é un conxunto de temáticas totalmente diferentes. Publicado en 1997 reune un milleiro de poemas collidos das súas anteriores publicacións.
Comeza con un pouco do seu libro "Os eidos", co que tras a súa publicación a voz de Novoneyra converteuse de inmediato nunha das máis intensas,renovadoras e salientables da poesía galega. Está composto por poemas escritos entre 1952 e 1953 nos que as rocas, a toponimia e a rotación das estacións resoan como estados de ánimo dun ser vivo chamado Terra.
Logo, atopamos fragmentos de "Tempo de elexía" cos que este autor chegou ao cume da súa creatividade e inspiración. Estes versos buscan os estados límite do home diante do amor e a morte, a angustia e a distancia interior.
En tan só duas reducidas páxinas atópanse tres exemplos de "Poemas caligráficos", obra publicada en 1979 e ilustrada por Reimundo Patiño.
No espazo de "Muller pra lonxe" reúnense diversos poemas de amor xa publicados anteriormente e outros inéditos, ilustrados con debuxos de Carlos Pardo Teixeiro.
O espazo que máis me gustou deste libro é o adicado aos poemas "Do Courel a Compostela". É un dos libros fundamentáis da obra poética de Novoneyra onde deixa ver a forza das montañas do Courel, o vencello do poeta coa terra e o seu compromiso coa cultura galega e cos pobos do mundo.
Finalmente, o libro péchase con "Poemas da doada certeza" publicado en 1994.
Sen lugar a dúbidas unha gran mestura da obra de Uxío Novoneyra do que estou segura que disfrutaredes todos.

Luz Pozo Garza
UNHA GRAN POETA
Dende os seus inicios Luz Pozo Garza sufriu a Guerra Civil, ela e mais a súa familia
A poesia de Luz caracterízase pola presenza da musica e da pintura, pero sobre todo pala sua sensualidade e plasticidade.
- O paxaro na boca.
- Concerto de outono.
- Ribadeo, Ribadeo.
- Memoria solar.
- As arpas de Iwerddon.
- Diálogos con Rosalía.
- Ondas do mar de Vigo: erotismo e conciencia mítica nas cantigas de amigo.
- Tres poetas medievais da ría de Vigo.
2012/03/14
2012/03/09
Ordes no franquismo
Ordes, unha comarca que está ao lado da Coruña, sufriu numerosas mortes durante o franquismo, a maioría das vítimas eran mestres, médicos ou obreiros de esquerdas.
En total, atoparonse 83 mortos a causa dos fusilamentos durante a guerra civil.
Manuel Pazos publicou no seu libro "Censo das mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952" as historias de como se atoparon a estas persoas; traballou por recuperar a memoria histórica de moitos casos tamén de outros concellos:
"Matárona a paus"

- En Oroso e en Frades, sete mortos nas guerrillas contra o franquismo.
- En Mesia foron 19, algúns asasinados por dar vivas á República; outros, por malleiras.
- Cerceda ten 5 mortos, deles 3 descoñecidos.
"Matárona a paus"
Para coñecer un pouco máis acerca do traballo de Manuel Pazos estas son algunhas das cuestións que respondeu ao periódico Galicia Confidencial:
2012/02/08
2012/02/06
Luz Pozo Garza
Naceu en Ribadeo. En 1936 trasladouse a Lugo, sendo seu pai perseguido polo fascismo. Despois vivíu durante bastantes anos en Viveiro. Fixo estudos de música, de maxisterio e Filoloxía Románica. Actualmente reside en Vigo. Colaborou nun gran número de publicacións literarias, e dirixiu co seu esposo Eduardo Moreiras a revista poesía crítica Nordés.
Luz Pozo iniciou a súa obra en castelán, pero foi tomando opción clara a favor do galego. Na nosa lingua publicara xa en 1952 O paxaro na boca, en 1976 saíu Vervas derradeiras, en 1981 escribiu o Concerto de outono no 1986 Códice calixtino.
Este e un poema de Luz Pozo Garza espero que vós guste.
O Gaiteiro
Os anxas de Galicia
tocaban armónicas negras.
Este home trae herba nos pés
e un regato de violís nas maus.
Polas súas coxas
ruben hedras de música.
Non petedes nas portas de noíte
nin botedes a rolo as pombiñas,
que este home
trae tódolos paxaros na súa gaíta.
Xa non se deitan nenos polos prados.
O gaiteiro fai fitas de millo .
e na súa boca hai vento de oriolos.
A mesma chuvia, vertical citola,
non baixa desde Deus, rube da gaita.
Escola da tebra.
Así é como se lle chama a corrente poetica que seguiron os autores da xeración de enlace, chamada así por facer de ponte entre a xeración do 36 e a xeración das festas Minervais.
Esta corrente poetica demostra que esta xeración non sufriu a guerra, pero tivo que aguantar toda a dor e a crueldade dunha interminable posguerra.
Manuel Cuña Novás e considerado o iniciador deste movemento. Pero pertenceron moitos máis autores, como Manuel María, Uxío Novoneyra, Bernardiño Graña, Xohana Torres, Áviles de Taramancos ...
As suas liñas son dominadas polo pesimismo, pola anguria, polo tenebrismo e pola ruptura coas combencións rítmicas e métricas.
No plano político, moitos destes autores participaron no nacemento da Unión do Pobo Galego e do Partido Socialista Galego.

2012/02/01
Uxío Novoneyra (19 xaneiro 1930 - 30 outubro 1999)
Naceu en Parada de Moreda, Courel, no 1930, poeta e escritor, fillo dunha familia de labregos. Centra a súa atención e inspírase nesta terra para escribir moitos dos poemas.
1952, coñece a Pedrayo e algúns mais e están de acordo en escribir en galego. Un ano mais tarde enferma de pleuresía o que fixo que ata o 1955 non puidese publicar: Os eidos, máis tarde rematarao cun exemplar chamado Os eidos 2 e tamén escribe Letanía de Galicia e outros poemas (1974) ao mesmo tempo adícase o mundo da radio e televisión e casou cunha muller chamada Elba ca que tivo 4 fillos, pero un deles, só vivíu uns días.
Nos 80, comeza a recopilar ideas para incorporalas nas súas composicións, como: Libro do Courel (1981 dispón de varias edicións).
En 1983 muda a Santiago, escribe o seu primeiro libro de narrativa, e é onde exerce o papel de presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, até 1999 (cando morre e entérrano no cemiterio lugúes de San Froilán).
Publica Poemas caligráficos (textos relacionados a vangarda pictórica de Brais Pinto e ilustrados por Reimundo Patiño).
Publica Poemas caligráficos (textos relacionados a vangarda pictórica de Brais Pinto e ilustrados por Reimundo Patiño).
Na 2ª metade dos 80, reuníu unha coleción de poemas paixonais e amorosos, (Muller pra lonxe-1987) , e pouco despois en, Do Courel a Compostela , de temática política, acompañados dunha crítica.
Foi no 1994, despóis dunha época de silencio, cando publica Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras finalmente, no 98 escribe Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas.
Novoneyra sempre expresa o apoio da lingua galega, sen deixar de facer que os escritos sexan bos a simple vista e utilizando recursos literais para salientar orixinalmente.
No 2010 celebrouse o Día das Letras Galegas a este gran escritor e nós, que non eramos menos tamén o festexamos a nosa forma no IES Elviña, se queredes ver un pequeno resume aquí tendes. Espero que vos guste! (Non vos fixedes moito nas pintas, porque dentro do que cabe... os anos pasan voando).
Mais información! E por se aínda non estades fartos... premede aquí!(Están case todas as obras citadas anteriormente).
Subscrever:
Mensagens (Atom)
.jpg)