2012/03/09

Ordes no franquismo

Ordes, unha comarca que está ao lado da Coruña, sufriu numerosas mortes durante o franquismo, a maioría das vítimas eran mestres, médicos ou obreiros de esquerdas.
En total, atoparonse 83 mortos a causa dos fusilamentos durante a guerra civil.
Manuel Pazos publicou no seu libro "Censo das mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952" as historias de como se atoparon a estas persoas; traballou por recuperar a memoria histórica de moitos casos tamén de outros concellos:

  • En Oroso e en Frades, sete mortos nas guerrillas contra o franquismo.
  • En Mesia foron 19, algúns asasinados por dar vivas á República; outros, por malleiras.
  • Cerceda ten 5 mortos, deles 3 descoñecidos. 
As vítimas cataloganse entre vítimas de procesos civís, os guerrilleiros que loitaban contra a Garda Civil e as persoas non identificadas que son catalogadas como "descoñecidos" da ditadura militar.



"Matárona a paus"

Para coñecer un pouco máis acerca do  traballo de Manuel Pazos estas son algunhas das cuestións que respondeu ao periódico Galicia Confidencial:


Cales foron as dificultades que tiveches á hora de facer este traballo?

As dificultades foron cruzar todos os datos, pois esta investigación é bidireccional, é dicir vai das fontes escritas (causas de consellos de guerra, actas de defuncións...) ás fontes orais que están vivas, polo que houbo que cruzar os datos para que fosen fiables... Outras dificultades foron encontrar fotos das vítimas e procesar toda a información que se leva recollendo na bisbarra de Ordes desde o ano 1997.

Cal foi o caso que máis te impactou?

Hai varios... a morte como consecuencia dunha malleira dunha moza no cuartel da Garda Civil de Xanceda (Mesía)...matárona a paos, coma quen dí... a outra muller cortáronlle os peitos... todas as mortes dan medo... os 11 fusilados de Ordes en Boisaca... mais hai casos dos que non sabemos nada, só que foronpaseados e soterrados... non sabemos os seus nomes...

Como recibiron os familiares o teu traballo?

Ben, con respeto polos dous lados (o republicano e o franquista). Uns aledáronse de que ao final se fixese xustiza recuperando a historia das vítimas do 36 en Ordes, outros, uns poucos (os de sempre) dicían que hai que deixar todo como está, que hai que esquecer...

De onde sae a idea desta investigación?

O Censo está sacado dun libro recén publicado da miña autoría, tal e como figura na introdución aclaratoria do censo... son máis de 80 persoas mortas, desde 1936 ao 1952, data do fin da loita da guerrilla en Ordes.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.