Mostrar mensagens com a etiqueta Rosalía. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Rosalía. Mostrar todas as mensagens

2012/06/15

ROCK POR TODOS LADOS

Se hai algo que nos sobre actualmente, que non son moitas cousas, é o rock. Porque... quen dixo que xa se perdera todo o que se avanzou nos anos 60 e 70? Que non te enganen que esto só é o comezo! Só en Galicia xa nos podemos encontrar uns cantos grupo que non lle teñen que envexar nada a algúns artistas nacionais, é o caso dos que vou a citar a continuación:

RUXE-RUXE: xa son 16 anos os que levan xuntos tocando, aínda que ata 1999 non publicaron o seu primeiro álbum. Este é un dos exemplos máis claros dos grupos que dicía antes, porque son auténticos de verdade e sóbralles espírito.



MACHINA:  califícase como unha das referencias do metal en Galicia, porque practicamente desde que se coñecen teñen éxito por Galicia enteira. O seu novo traballo "Ensaio sobre o silencio" está a arrasar máis aída, xa que o que caracteriza a este grupo é arriscar e arriscar, porque, como din eles, "Se non arriscas, non gañas".


ZËNZAR: eles contan cunha longa traxectoria, pois xa no ano 1987 andaban tocando polos pubs adiante. Este ano, co seu 25 aniversario sacan un novo álbum ,"Vaise armar", que triunfa de novo e os leva ao gran éxito que hai tempo que non tiñan.


 Os tres grupos non perden o tempo e seguen coa mesma enerxía coa empezaron a pesar de pasar xa uns cantos anos. Ademáis ningún deles traballa por diñeiro,  só porque lle gusta o seu oficio e, aída que sexa difícil vivir diso, non é imposible.

Deberíamos tomar nota e unirnos ao seu grupo, porque o que se necesita hoxe por hoxe é o que eles teñen, espírito de seguir para adiante, porque se queres, podes.

O uso dos móbiles na aula



Copy of O uso de celulares na escola on PreziActualmente o uso dos móbiles na escola está dando moito do que falar, porque sempre hai opinións de todos os tipos sobre a posibilidade do seu emprego.
Normalmente, moitos rapaces e rapazas están a levalo a clase como acto habitual, pero esto en teoría non debería ser así. Os pais din que pode causar moitos problemas de distracción, pero a opinión dos alumnos non é similar, porque... Por que non? Que problema hai? Distracción? Non, todo o contrario, de feito, nos EEUU úsano moitas veces como libro, é dicir, en vez de usar portátiles coma os de primeiro e segundo, usan os seus móbiles. É unha forma de facer máis atractivo o temario e sinceramente non me parece mala idea... Pero claro, por outra banda están os profosores que se cho ven xa te podes ir despedindo del que cho levan, aínda que normalmente son aos que máis lles soa nas aulas son os primeiros en confiscarcho.
Agora ben, eu creo que coa evolución das novas aplicacións e tecnoloxías podemos chegar a unha educación basada nestes aparellos porque esta idea ten moito futuro.
Dade a vosa opinión porque non todo o mundo ten por que estar dacordo comigo, un saúdo.

2012/05/03

Unha costura no tempo

O autor deste libro é Xosé Antonio Neira Cruz, e nesta obra achéganos unha temática xuvenil da que xa está máis que afeito. "Unha costura no tempo" é unha das súas obras máis valoradas.


A novela conta a historia de duas rapazas, unha delas é Ranunca, que vive na antigüidade, poucos anos despois de Cristo. Desenvólvese nunha sociedade na que "quedan prohibidos" os homes, só toman contacto con eles para reproducirse. É Ranunca a que se revoluciona contra as súas superioras e loita polo seu namorado ata chegar á morte. Por outra parte está Marta, unha nena que vive na actualidade e que se ve presionada contra os homes dunha maneira distinta á outra protagonista. Son os rapaces os que non as valoran a elas, pero agora as mulleres que a rodean senten odio hacia o outro sexo, unicamente ela é a que se da conta do conflito e loita por desfacelo.
As duas personaxes do relato vense enlazadas na novela mediante distintos conectores que as levaran a comprenderse a unha á outra sen estar vivindo na mesma época.


Na miña opinión, creo que ademáis de ser doado de ler aportanos coñecementos acerca de épocas pasadas que nos poden ser útiles en calquera momento. Ademáis é moi entretida porque a sua estrutura non é lineal, é distinta e chama a atención e esa tamén é unha boa maneira de facernos chegar o mensaxe. Aconsélloo para todo aquel que queira ler unha novela diferente e saírse de todo o encontrado anteriormente.

2012/04/09

O contador de estrelas

O autor deste libro é Santiago Jaureguízar, nado en Bilbao, pero criado en Ribadeo, o que fai del un verdadeiro escritor galego. Escribe distintas novelas con gran éxito, unha delas, "O contador de estrelas" feita especialmente para adolescentes, o que o diferencia das outras.

Nesta obra pódese apreciar o aumento da madurez da protagonista que se vai trensmitindo segundo se pasen as follas. Antía pasa o verán no aeródromo de Rozas, onde traballa a sua nai, alí namórase de Enver, un albanés que afirma ser un extraterrestre. Xuntos experimentan os atentados do Piloto Vermello, con identidade anónima ata o desenlace do relato, ao mesmo tempo Antía reencóntrase co seu pai despois de 11 anos. Pasa por diferentes situacións que a forzan a mirar a vida doutro xeito, tanto por parte duns coma doutros.


Na miña opinión paréceme un libro moi entretido que se le fácil e rápido, mezcla varios xéneros, polo que pode gustar a todo tipo de lectores, dende os máis románticos ata os máis aventureiros. É unha novela cargada de intriga que paga a pena ler.

2012/03/30

Bótalle unha ollada!

Case todos os días están ocupados por distintas celebracións aparentemente absurdas pero con resultado útil, un deles é o 28 de marzo no que festexamos a chamada liberdade de documentos.


Resulta que hai distintas marcas pertencentes a diferentes aparellos que usamos habitualmente que non permiten desenrolar as súas funcións da maneira desexada. Por exemplo, é o caso dos televisores que, por diferentes razóns, dependendo da casa da que pertenzan sintoniza tal ou cual canal. O mesmo pasa cos teléfonos móviles á hora de comunicarnos con diferentes compañías ou incluso cos ordenadores que, no caso dos contidos informáticos a cousa non parece estar demasiado clara.


Agora só falta o recoñecemento deste día pola xente para que se poida cumprir o verdadeiro propósito que se espera. Que podemos facer nos para que sexa posible? Moi doado, estándares abertos, desta maneira aforrarémonos posibles problemas, por exemplo, no caso dos documentos nun ordenador o máis evidente é pasalos a PDF, outra solución ODF, múltiples resultados que poden facer deste día algo máis útil do que parece a simple vista.

2012/02/01

A praia dos afogados

Domingo Villar é o autor desta novela policial, despois da entrega de "Ollos de Auga" que, para o meu gusto é moi entretido, saca a segunda parte titulada "A praia dos afogados", un pouco máis longo, eso sí, pero máis bonito e cercano. Publícase en doce países e desenrólase no pobo de Panxón, preto de Vigo.


Leo Caldas volve a impresionarnos con outra das súas investigacións que nos transporta a un ambiente rural e mariñeiro. Xunto ao seu axudante Rafael Estévez, resolve o caso da morte de Xusto Castelo, arredor do asasinato surxe outro ocorrido anos atrás no naufraxio do "Xurelo" no que navegaban el e algúns dos sospeitosos. Unha novela cargada de intriga, con final intenso que non nos podemos perder.


Na miña opinión, Domingo Villar lúcese con esta entrega, espero con ansia a seguinte que non tardará en saír. "A praia dos afogados" é unha novela que reflicte perfectamente o ambiente e as xentes do lugar. Mezcla unha historia de amor, humor,  problemas familiares, e como non, a resolución do caso que Leo Caldas non pode deixar escapar. Recoméndovolo aínda que sexa un pouco longo, porque se le fácil e paga a pena facer ese esforzo de máis.

2012/01/27

Marcela e Elisa

¿Parece mentira verdade? Parece mentira que dúas mulleres a principios do século XX mostren a súa amor e, en pleno século XXI aínda existan moitas rapazas e rapaces escondendo a súa homosexualidade. Sen duda é un gran problema que aínda se encontra entre nós. Marcela e Elisa son un claro exemplo de superación, deberíamos todos aprender delas e esforzarnos polo que queremos ata conseguilo.

2012/01/24

Ramón de Valenzuela



Seguro que escoitáchedes este nome máis dunha vez, sóavos verdade? Pois resulta que Ramón de Valenzuela é unha das principais figuras do exilio.

Nace en Silleda, estuda dúas carreiras, pero non pode adicarse ao ensino debido ao comezo da Guerra Civil. Ademáis, organiza unha escola na que se imparten as clases en galego. 
Debido á súa participación no Seminario de Estudos Galegos e no Partido Galeguista, detérono, ao saír militarizouse no bando franquista, no 1937 pasou ao republicano. Mandárono a un campo de concentración a Francia e dende alí escribiu para solicitar axuda; pouco despois de ser libre, condénano a morte e conseguiu o indulto. 
Despois de todo isto emigrou a Bos Aires e colaborou en revistas como "Galicia Emigrante" e por se fose pouco, impartiu clases de xeografía. Alí tamén participou en Institucións Galegas e escribiu os seus primeiros libros, dos que destacan "As bágoas do demo" e "Historia do galeguismo político" entre outros. 
Regresa a España no ano 1966 e dedícase á docencia en Madrid no Círculo de Estudos Galegos. Finalmente falece en Sanxenxo no 1980.



A partir de agora cando volvamos a escoitar o seu nome, xa non só nos soará, porque este home merécese máis que iso.

2012/01/17

De onde chega a miña roupa?


A maior parte da roupa que levamos posta ven dunha gran empresa que coñecemos como Inditex, si, comercios como Pull and Bear, Bershka, Stradivarius, Oysho, Massimo Dutti, Zara e Uterque teñen a mesma orixe. Pero non todo é tal e como o vemos ao entrar na tenda, detrás dela, tan arranchadiña e bonita como a vemos ao chegar alí, escóndense moitas horas de traballo, para ser exactos, 65 horas semanais por persoa.


 Isto é o que ocorre en países como Marrocos, milleiros de persoas traballando ata 12 horas ao día e cobrando un salario de 178 euros ao mes. Increíble verdade? Pois esto non é todo, nestas fábricas traballan rapaces menores de idade nas mesmas condicións caos maiores e, normalmente, cun salario máis baixo. Cando os inspectores chegan a revisar o traballo realizado e se está todo en orde, estes cativos teñen que agocharse en bolsas ou caixas que encontren polo lugar.


Mentres tanto, en España cerca de 500 establecementos van abrir as súas portas este ano, listos para seguir disparándose en ventas máis que o pasado ano, cun 13%. Éste é o motivo que impulsa aos explotados a reivindicar un soldo digno, xa que ten que ser proporcional ás ganancias adquiridas. Aínda así, parece ser que este comercio desempregou a varios centeares de traballadores madrileños e coruñeses este ano.


Non só Inditex está a explotar xente, a maioría das marcas de roupa fano actualmente, traballadores de Mayoral, El Corte Inglés e Dolce Gabbana tamén confesan ter unhas condicións laborais semellantes.


 Agora sí, volvamos ao caso do principio cando entrabamos na tenda, seguimos vendo todo cos mesmos ollos?

2011/11/29

Cuestionario

Responde ás preguntas deste formulario sobre as vangardas europeas

2011/11/28

CONTRA O MALTRATO, XUNTOS PODEMOS

Únete a esta loita contra o maltrato, porque estou segura de que algún día, todos xuntos, lograremos acadar a esperada igualdade de xénero. O número de mortes é moi alto e non se pode pasar por alto un dato así, asique, A QUE ESPERAS? Ti podes axudar, cada persoa conta e, en casos coma estes é preciso estar todos xuntos para logralo, non permitas que esta historia teña un final triste porque podes axudar para evitalo. Le esto e pásao, pásao por onde sexa para que máis xente se decate.
informa-infórmate-infórmame-infórmanos! 
Axudémolas, nunca se sabe, pode que algún día che pase a ti, e nese caso non queremos estar sós/as. En Facebook, en Twitter... Eu xa estou, agora faltas ti, non esperes.
 CONTRA O MALTRATO, XUNTOS PODEMOS!

2011/11/23

Ollos de auga

O autor deste libro é Domingo Villar, para o meu gusto, un dos mellores escritores galegos da actualidade, con obras coma ésta, tamén "A praia dos afogados" ou "Libros comestibles". Con Ollos de Auga logra un gran éxito, tanto nacional como internacional.


A historia deste libro xira arredor dun crime que o inspector Leo Caldas e o axente Rafael Estévez resolven logo de entrevistar e investigar todos os feitos que rodean a tráxica morte do saxofonista Lois Reigosa. Todo o caso se vai resolvendo con normalidade ata que Leo se decata de que todo é demasiado fácil e posto en bandexa, de xeito que a historia xira completamente a poucas páxinas de chegar ao final. Todo é moi inesperado, o que lle da un toque máis intrigante, que é unha das cousas máis importantes para que un libro sea entretido.


Encantoume , recoméndollo a calquera que lle gusten este tipo de historias porque paga a pena gastar unhas horiñas en libros deste tipo. Unha das cousas que tamén máis me chamaron foi o lugar onde se desarroiaba, xa que ao estar ambientado en sitios nos que eu estivera anteriormente, sinto que estou dentro da propia historia, como ben dixo Héctor na entrada que tamén fixo deste libro.

2011/11/14

Sensacións ante o meu cadro favorito

Escollín este cadro para falar del debido a que estamos dando ao seu pintor en plástica e tamén ten moito que ver co que estamos a dar en galego.


O pop-art é un movemento artístico que xorde a finais dos anos cincuenta en Inglaterra, caracterízase polo emprego de imaxes e temas tomados do mundo da comunicación de masas e aplicados á arte da pintura.


A simple vista todos podemos apreciar que a retratada no lenzo é Marilyn Monroe. O que caracteriza a Andy Warhol (autor deste cadro) é o xogo de cores que fai con obxectos ou, neste caso, persoas. El é o creador do chamado pop-art e é un dos máis importantes pintores da súa época debido a que salía do que anteriormente se vira, xa que, agora os que retrataban imaxes de persoas sen máis estaban dentro do círculo do normal . Á xente iso non lle chamaba a atención porque existían cámaras fotográficas para cumprir esa función, agora necesitábase algo máis, e ese algo máis sacouno á luz Andy Warhol con cadros coma este que o artista vendeu cunha cifra de 28 millóns de dólares. Outro dos seus cadros máis famosos son "Latas de Sopa Campell" e retratos de famosos coma Elvis Presley, John Lennon, Michael Jackson, Mick Jagger, etc.


En resumidas contas, que idolatro a este gran home, aportou un cambio importante na arte mundial e creo que se lle debe de ter máis que en conta.

2011/10/26

Corme

CORREIO DO POVO

Parece ser que o noso país, Brasil, non é o único con grandes festas, viaxei a un pobo da Provincia da Coruña este verán para facer unha reportaxe e poder amosarvos as festas que se traen por alí.


Corme é unha vila do concello de Ponteceso, situada a 63 km de aquí. Ten 1289 habitantes ,654 homes e 635 mulleres...
En realidade non quería falar de todo este rollo, senon de algo que nos interesa un pouco máis a todos e que neste pobo nunca falta: Festas.


A Festa do Percebe: este ano celebrouse o 9 de xullo, pero depende da marea pode cadrar un día ou outro. É a festa máis importante do pobo, a que máis turistas trae e unha das mellores para o meu gusto. A festa en sí é polo día. Por tradición, as pandillas de rapaces e rapazas fan unha camiseta en común e cando chegas ao día da festa ves a mogollón de xente con camisetas iguais. Á hora de comer, toda a xente se mete na carpa e comeza a comer percebes, unha vez rematada a comida, liscar axiña para a festa, non hai tempo que perder!

A Festa do Carme: son tres días, a víspera e dous días de festa (15, 16 e 17 de xullo). Nesta festa realízase unha procesión cos barcos e lanchas do pobo polo mar. 

A Festa do Mexillón: esta festa realízase a principios de agosto, dura só un día. Pero a cantidade de xente que vai e as ganas de festa compénsao.

A Festa de San Roque: esta festa realízase dende o último sábado de agosto (víspera) ata ese mismo martes ou mércores, depende do ano. Esta festa ten unha peculiaridade que a fai moi especial, o sábado pola noite, celébrase o carnaval, realízase un concurso e dáselle o premio mellor disfraz. Para min é unha das mellores tamén, porque é a máis longa de todas.

A Festa da Virxe do Faro: esta festa celébrase no faro que queda entre Brantuas e Corme, a festa faise polo día e consiste en ir andando ata dito faro cos amigos, que equivalerá a unha distancia de catro quilómetros aproximadamente. Unha vez alí, hai que mollar a cara na fonte do faro e ir a misa. Cómese e as orquestras comezan polo día, e ao chegar a noite, para volver, andando de novo.

A Festa de Remedios: esta festa cadra xa comezado o curso, arredor do 23 e 24 de setembro. Esta festa tamén é algo especial, xa que nela celébrase o fin de ano e hai un concurso no que se lle outorga o premio á parexa mellor vestida.


Non quedan máis festas, pero só vos podo decir que eu fun a todas e recoméndovos ir porque vale a pena.

2011/10/22

Era por setembro

   
  O autor deste libro é Xavier Quiroga, un nome que nunca antes escoitara, ésta é unha das razóns polas que escollín este libro, outra delas foi o argumento, a contraportada chamoume a atención e quixen comezar a ler o libro. Se vos digo a verdade, ao principio estiven por cambialo, pero menos mal que non o fixen, porque de ser así, perderíame un libro fabuloso.



   A novela trata sobre unha rapaza de trece anos chamada Aldara,ela vive cos seus pais e co seu irmán. A historia comeza co enterro dunha muller coñecida da familia. Un extraño home (fillo da difunta) saúda a Aldara e á nai dunha forma peculiar, á rapaza chámalle a atención e decide contactar con el, Manuel, de forma diaria. A nai prohíbille falar co home debido a que éste fora o seu primeiro mozo, que a abandoara polos problemas que tiña acerca das súas ideas políticas, xa que eran contrarias ás que naquel tempo eran exercidas. Ao mesmo tempo, Aldara enamórase de Milo, un rapaz da súa escola. Un día, o pai da protagonista entérase do contacto da rapaza con Manuel e culpa á muller do sucedido por non dar conta dela. A nai, para defenderse do home, que estaba enfurecido e a punto de ir matar a Manuel, dispáralle coa escopeta matándoo ao instante. Como o exmozo da nai ten que marchar do pobo polos problemas políticos co alcalde, Aldara decide ir con el. A rapaza ten que marchar sen Milo, o que lle causa unha gran dor.


      Co paso dos anos, Aldara convertiuse na actual ministra do goberno de esquerdas e, no enterro da nai, encóntrase co seu irmán, que lle di que vaa a recuperar todo o tempo perdido con Milo, que a estaba esperando.
Pareceume un libro moi entretido, que sae dos temas tratados normalmente nas novelas para rapaces. Recoméndaríao porque é fácil de ler e unha vez que o comezas, engánchaste de tal xeito que o rematas en pouco tempo.