2012/02/01

A praia dos afogados

Domingo Villar é o autor desta novela policial, despois da entrega de "Ollos de Auga" que, para o meu gusto é moi entretido, saca a segunda parte titulada "A praia dos afogados", un pouco máis longo, eso sí, pero máis bonito e cercano. Publícase en doce países e desenrólase no pobo de Panxón, preto de Vigo.


Leo Caldas volve a impresionarnos con outra das súas investigacións que nos transporta a un ambiente rural e mariñeiro. Xunto ao seu axudante Rafael Estévez, resolve o caso da morte de Xusto Castelo, arredor do asasinato surxe outro ocorrido anos atrás no naufraxio do "Xurelo" no que navegaban el e algúns dos sospeitosos. Unha novela cargada de intriga, con final intenso que non nos podemos perder.


Na miña opinión, Domingo Villar lúcese con esta entrega, espero con ansia a seguinte que non tardará en saír. "A praia dos afogados" é unha novela que reflicte perfectamente o ambiente e as xentes do lugar. Mezcla unha historia de amor, humor,  problemas familiares, e como non, a resolución do caso que Leo Caldas non pode deixar escapar. Recoméndovolo aínda que sexa un pouco longo, porque se le fácil e paga a pena facer ese esforzo de máis.

1 comentário:

  1. Se revisas outra vez, seguro que atopas algún despiste que es quen de corrixir.

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.