Mostrar mensagens com a etiqueta Damián. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Damián. Mostrar todas as mensagens

2012/05/16

Ás de bolboreta



Este libro escrito por Rosa Aneiros narra o transito ao longo da mañá de toda clase de persoas con diferentes intereses e situacións persoais nunha cafetería. Cadaquén coa súa propia historia, co fin de darnos unha visión global da sociedade actual no mundo.

Preme!
O escenario principal é unha cafetería de Santiago de Compostela, o Luzada, rexentado por Patricia, unha muller que se fixo cargo do local nun momento en que vía inviábel proseguir coa súa formación académica. No Luzada conflúen unha morea de personaxes que falan de temas en concreto, coma a vellez, a paz, a morte,a integración.
Personaxes coma Eusebio e Lola, os anteriores donos do bar, loitan en soidade contra as dificultades que se derivan da vellez e da perda progresiva de saúde. A Iqbal, un mozo inglés de orixe paquistaní que marchou de Londres tras os atentados no metro en xullo de 2005 bota horas e horas na cafetería conectado a Internet.

2012/01/22

A miña pequena biografía

Por se a alguén lle entrou algunha vez curiosidade de como un canario se lle ocorre deixar unha terra de sol e calor para pasar frío, aquí explícovos resumidamente como cheguei a esta terra. 


Sería un oito de decembro cando unha nai galega me dese a luz en Fuerteventura nunha tranquila illa canaria, dende moi pequeno gustábame o deporte: facía fútbol, karate, badmington e balonmán. Pero sobre todo encantábame o fútbol... Aos 5 anos empecei a xogar ao fútbol nun equipo moi coñecido das illas, o UD. Pájara Playas de Jandía. Posteriormente xoguei no UD. Jandia e finalmente o meu último ano paseino no UD. Praias de Sotavento. Dende ese momento deixe todos os deportes que practicaba para xogar unicamente a fútbol e poder conseguir algo.


No verán de 2011 fun a un torneo en Girona (Barcelona), saíome moi ben e grazas a isto ofrecéronme xogar en Galicia no Montañeiros CF. Sen dubidalo aceptei,  e agora estou aquí, sóiño. Pero se queres conseguir algo na vida tes que loitar e facer sacrificios.   

2011/11/02

Males de cabeza



Eu escollín este libro de Fran Alonso sobre todo polo seu título, parecíame un título que tapaba unha divertida historia. É a primeira vez que leo un libro en galego, e a verdade ao principio resúltome difícil por algunhas palabras que descoñecía, pero pouco a pouco o libro axudóume a estender o meu vocabulario e o mellor é que foi dunha forma divertida.


O libro narra unha serie de relatos breves, que entre o paso duns a outros conta un capítulo dunha historia que se vai desenvolvendo ao longo do libro titulada "A loucura é un sombreiro", estes capítulos están referidos por un narrador en primeira persoa, recluído nun psiquiátrico e que adoita identificarse cos gatos. O tema é a loucura. Alternando con estes fragmentos, sucédense 20 relatos máis longos, con argumentos, personaxes e situacións diferentes pero cun tema predominante, pois abordan manifestacións dalgún tipo de loucura.


 Nunca fun unha persoa de ler libros, xa que me parecían todos moi aburridos. Pero unha vez que encontras o tipo de relato que che gusta o tempo pásase incriblemente rápido. Para as persoas que non saben que tipo de historias lles poden gustar, este libro é perfecto, é sinxelo, breve, atrevido e sobre todo divertido!

 Se premes na imaxe da portada do libro poderás ver unha das miñas historias favoritas do conto... Seguro que ese relato che resulta familiar!

2011/10/25

O Arquipélago Canario



   

           Ésta información vai dirixida para os que non sabedes que é Canarias e para os que sabedes algo, saber aínda máis se vos interesa. Vouvos contar un pouco como se vive en Canarias, a cultura, o fala, etc.
         As Illas Canarias como o seu nome ben indica son un conxunto de illas de orixe volcánica situadas a pouca distancia unhas doutras, existen sete illas no arquipélago, chamadas Fuerteventura, Lanzarote, Gran Canaria, Tenerife, El Hierro, A Gomera e A Palma e tamén hai varios illotes.

A miña illa...!


 

      Eu vivía na illa máis vella de todas, Fuerteventura... non pola súa vexetación, que é pouca, senón pola súa gran tranquilidade e as súas praias.
Está cuberta por grandes praias de area fina por toda a súa costa. O relevo da illa de Fuerteventura corresponde a un estado de madureza avanzada (montañas moi pequenas) e aínda que sufriu numerosas erupcións ao longo da súa historia xeolóxica, estas non foron suficientes para compensar o proceso erosivo e rexuvenecer o terreo   apreciablemente.

 Así falamos...
       Algunhas das moitas variantes que presenta o fala canario son as seguintes:
        Temos un Seseo xeneralizado, que consiste en pronunciar za-ce-ci-zo-zu de xeito idéntico a sa-se-si-so-su. Aspiramos a " s " ao final de sílaba.
        A " s " pronúnciase como "h" aspirada ao final de cada palabra ou ante consoante: "Lah mohcah" en vez de "as moscas".
        E os canarios utilizamos maioritariamente o pronome "vostedes" para a 2ª persoa do plural, en contraposición do "vós" maioritario na Península Ibérica. Así, en lugar de dicir vós estades decimos vostedes están. Se isto non vos queda claro mirade o seguinte vídeo, nel aparecen algúns destas variantes no fala, es capaz de saber cales son?

 

  A Comidiña... 

        A gastronomía canaria é dunha enorme sinxeleza.
Por suposto abundan os produtos da terra, como as "papas", os plátanos, os peixes, os queixos e como, non os viños, que son moi recoñecidos.
Un Prato típico canario son as patacas engurradas con mollo vermello picón. As patacas cocíñanse coa pel nunha pota con auga fervendo e con moito sal. E o mollo vermello picón é unha salsa que consiste na mestura de allo, pemento vermello, comiño en grano, pimentón, aceite oliva, vinagre e sal gordo.
 se hai algún futuro cociñeiro interesado en saber máis sobre cociña canaria.


        Espero que vos gustase a información e tamén Canarias. E se é así non dubidedes en visitar as illas nun futuro próximo porque non teñen desperdicio. :)


2011/09/30

que ben se vive en Canarias... I love you