2011/10/25

O Arquipélago Canario



   

           Ésta información vai dirixida para os que non sabedes que é Canarias e para os que sabedes algo, saber aínda máis se vos interesa. Vouvos contar un pouco como se vive en Canarias, a cultura, o fala, etc.
         As Illas Canarias como o seu nome ben indica son un conxunto de illas de orixe volcánica situadas a pouca distancia unhas doutras, existen sete illas no arquipélago, chamadas Fuerteventura, Lanzarote, Gran Canaria, Tenerife, El Hierro, A Gomera e A Palma e tamén hai varios illotes.

A miña illa...!


 

      Eu vivía na illa máis vella de todas, Fuerteventura... non pola súa vexetación, que é pouca, senón pola súa gran tranquilidade e as súas praias.
Está cuberta por grandes praias de area fina por toda a súa costa. O relevo da illa de Fuerteventura corresponde a un estado de madureza avanzada (montañas moi pequenas) e aínda que sufriu numerosas erupcións ao longo da súa historia xeolóxica, estas non foron suficientes para compensar o proceso erosivo e rexuvenecer o terreo   apreciablemente.

 Así falamos...
       Algunhas das moitas variantes que presenta o fala canario son as seguintes:
        Temos un Seseo xeneralizado, que consiste en pronunciar za-ce-ci-zo-zu de xeito idéntico a sa-se-si-so-su. Aspiramos a " s " ao final de sílaba.
        A " s " pronúnciase como "h" aspirada ao final de cada palabra ou ante consoante: "Lah mohcah" en vez de "as moscas".
        E os canarios utilizamos maioritariamente o pronome "vostedes" para a 2ª persoa do plural, en contraposición do "vós" maioritario na Península Ibérica. Así, en lugar de dicir vós estades decimos vostedes están. Se isto non vos queda claro mirade o seguinte vídeo, nel aparecen algúns destas variantes no fala, es capaz de saber cales son?

 

  A Comidiña... 

        A gastronomía canaria é dunha enorme sinxeleza.
Por suposto abundan os produtos da terra, como as "papas", os plátanos, os peixes, os queixos e como, non os viños, que son moi recoñecidos.
Un Prato típico canario son as patacas engurradas con mollo vermello picón. As patacas cocíñanse coa pel nunha pota con auga fervendo e con moito sal. E o mollo vermello picón é unha salsa que consiste na mestura de allo, pemento vermello, comiño en grano, pimentón, aceite oliva, vinagre e sal gordo.
 se hai algún futuro cociñeiro interesado en saber máis sobre cociña canaria.


        Espero que vos gustase a información e tamén Canarias. E se é así non dubidedes en visitar as illas nun futuro próximo porque non teñen desperdicio. :)


3 comentários:

  1. Anónimo27.10.11

    moi ben escrito en galego
    Alberto e Ivan

    ResponderEliminar
  2. Anónimo27.10.11

    Son Héctor:
    Esta moi ven escrito e moi ven estruturado. É un texto longo pero ti conseguiches que fora doado de ler e que non fora aburrido.
    Conseguiches un puntazo poñendo esa ligazón de cociña canaria, oxala puidera cociñar algo e logo provalo nesas praias que dis.
    :P

    ResponderEliminar
  3. http://cuartoesoieselvina.blogspot.com/2011/06/montaneros-cf.html
    VAI PENSANDO QUE NOS VAS CONTAR ESTE ANO SOBRE O TEU CLUB
    OU SOBRE A TÚA EXPERIENCIA DEPORTIVA
    COMPARA, SENTIMENTOS, SENSACIÓNS, QUE CHE APORTA? O QUE TE SACRIFICAS.....
    FAI UN ESQUEMA E FALAMOS

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.