Ésta información vai dirixida para os que non sabedes
que é Canarias e para os que sabedes algo, saber aínda máis se vos interesa.
Vouvos contar un pouco como se vive en Canarias, a cultura, o fala, etc.

A miña illa...!
Eu vivía na illa máis vella de todas, Fuerteventura... non pola súa vexetación, que é pouca,
senón pola súa gran tranquilidade e as súas praias.
Está cuberta por grandes praias de area fina por toda a súa costa. O relevo da illa de Fuerteventura corresponde a un estado de madureza avanzada (montañas moi pequenas) e aínda que sufriu numerosas erupcións ao longo da súa historia xeolóxica, estas non foron suficientes para compensar o proceso erosivo e rexuvenecer o terreo apreciablemente.
Está cuberta por grandes praias de area fina por toda a súa costa. O relevo da illa de Fuerteventura corresponde a un estado de madureza avanzada (montañas moi pequenas) e aínda que sufriu numerosas erupcións ao longo da súa historia xeolóxica, estas non foron suficientes para compensar o proceso erosivo e rexuvenecer o terreo apreciablemente.
Así falamos...
Algunhas das moitas variantes que presenta o fala canario son as seguintes:
Temos un Seseo xeneralizado, que consiste en pronunciar
za-ce-ci-zo-zu de xeito idéntico a sa-se-si-so-su. Aspiramos a " s " ao final de
sílaba.
A " s " pronúnciase como "h" aspirada ao final de
cada palabra ou ante consoante: "Lah mohcah" en vez de "as moscas".
E os canarios
utilizamos maioritariamente o pronome "vostedes" para a 2ª persoa do
plural, en contraposición do "vós" maioritario na Península Ibérica.
Así, en lugar de dicir vós estades decimos vostedes están. Se isto non vos queda
claro mirade o seguinte vídeo, nel aparecen algúns destas variantes no fala, es
capaz de saber cales son?
A Comidiña...

Por suposto abundan os produtos da terra, como as "papas", os plátanos, os peixes, os queixos e como, non os viños, que son moi recoñecidos.
Un Prato típico canario son as
patacas engurradas con mollo vermello picón. As patacas cocíñanse coa
pel nunha pota con auga fervendo e con moito sal. E o mollo vermello
picón é unha salsa que consiste na mestura de allo, pemento vermello,
comiño en grano, pimentón, aceite oliva, vinagre e sal gordo.
se hai algún futuro cociñeiro interesado en saber máis sobre cociña canaria.
Espero que vos gustase a
información e tamén Canarias. E se é así non dubidedes en visitar as
illas nun futuro próximo porque non teñen desperdicio. :)
moi ben escrito en galego
ResponderEliminarAlberto e Ivan
Son Héctor:
ResponderEliminarEsta moi ven escrito e moi ven estruturado. É un texto longo pero ti conseguiches que fora doado de ler e que non fora aburrido.
Conseguiches un puntazo poñendo esa ligazón de cociña canaria, oxala puidera cociñar algo e logo provalo nesas praias que dis.
:P
http://cuartoesoieselvina.blogspot.com/2011/06/montaneros-cf.html
ResponderEliminarVAI PENSANDO QUE NOS VAS CONTAR ESTE ANO SOBRE O TEU CLUB
OU SOBRE A TÚA EXPERIENCIA DEPORTIVA
COMPARA, SENTIMENTOS, SENSACIÓNS, QUE CHE APORTA? O QUE TE SACRIFICAS.....
FAI UN ESQUEMA E FALAMOS