Mostrar mensagens com a etiqueta Joana. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Joana. Mostrar todas as mensagens

2012/01/19

Silvio Santiago García

Naceu o 18 de outubro de 1903 en Vilardevós. En 1937 durante a Guerra Cívil, Silvio Santiago fuxe a   Portugal despois de que o seu irmán Jacinto sexa asesinado, dende alí vai a Cuba e máis tarde a Venezuela, onde reside gran parte da súa vida.


Na larga tempada que estivo en Venezuela funda o Lar Galego, o Centro Galego e a Casa de Galiza e varias revistas; tamén crea a emisora de radio Hora de Galicia e colabora en diversos diarios ao mesmo tempo que escribe as que serán as súas dous aportacións máis importantes á nosa literatura: Vilardevós e O silencio redimido, ademais doutras dous obras menos coñecidas Noticia Previa e Reencontro co lector postreiro.

A principios dos anos sesenta vaise a vivir á Coruña, visitando de cando en vez a súa vila natal, ata que o 12 de setembro de 1974 morre en Santiago de Compostela.

Vilardevós, publicada en 1961, é unha novela autobiográfica da súa mocidade, unha serie de personaxes e anécdotas que compoñen o retrato da súa vila.
O silencio redimido, foi censurada durante moito tempo polo franquismo e por iso non foi publicada ata tres anos despois da morte de Silvio Santiago.Tamén autobiográfica, esta novela relátanos acontecementos relacionados coa Guerra Civil. O libro obtivo o Premio da Crítica en 1977.

Non encontrei gran cousa na Web do escritor pero aquí podes saber algo máis del e da súa obra. Criticalia é unha páxina creada por un profesor onde hai entrevistas de escritores e algo de información da literatura galega.

2011/11/15

Asústate, Merche!

O título do mesmo libro repítese unhas cen veces nun só capítulo. É unha historia un pouco lenta pero a pesar diso tamén podo dicir que intriga ata o final e deixa con ganas de ler máis só para saber como remata. Eu non o lería por segunda vez, pero se estás aburrido entretén.

A historia céntrase en Auria, unha rapaza de 15 anos, que escribe as súas cousas nun diario ao que chama "Merche". Ten unha nai que a prevén sempre das relación cos rapaces, debido á asúa situación de nai solteira. Auria está convencida de que nunca ha de casar nin estar con ningún home, ata que nunha viaxe por Europa coñece a Paio e namorase del. Pero despois dun tempo, un acontecemento na vida Auria cambiarao todo e ata pensará no suicidio.

Unha viaxe incompleta

Non sei por onde comezar, asi que intentareino polo principio...
 Eu estaba cuns amigos no ferroviario, estabamos a piques de irnos cando un maquinista informou de que había un problema coa locomotora... A saber que problema pode haber cunha locomotora, eu non o sei porque son máis ben burra, jejeje.
O caso é que ían tardar moito. Así que para pasalo tempo, fumos a un sitio de aluger de bicicletas e comezamos a dar unha volta, cando nos cruzamos cunhas monxas de pelerinaxe; nós paramos con elas a descansar, e a verdade é que para ser monxas tiñan conversas moi divertidas, faláronnos dunha viaxe que fixeron cando eran rapazas: catamaráns, atracadoiros... Pasamos un bo rato a falar con elas pero o problema é que nin conta nos déramos do tarde que era; a viaxe, o itinerario, nada puido facerse ó fin; pero o importante despois de todo foi que nos divertimos e que foi un día deferente para nós.