2012/01/19

Silvio Santiago García

Naceu o 18 de outubro de 1903 en Vilardevós. En 1937 durante a Guerra Cívil, Silvio Santiago fuxe a   Portugal despois de que o seu irmán Jacinto sexa asesinado, dende alí vai a Cuba e máis tarde a Venezuela, onde reside gran parte da súa vida.


Na larga tempada que estivo en Venezuela funda o Lar Galego, o Centro Galego e a Casa de Galiza e varias revistas; tamén crea a emisora de radio Hora de Galicia e colabora en diversos diarios ao mesmo tempo que escribe as que serán as súas dous aportacións máis importantes á nosa literatura: Vilardevós e O silencio redimido, ademais doutras dous obras menos coñecidas Noticia Previa e Reencontro co lector postreiro.

A principios dos anos sesenta vaise a vivir á Coruña, visitando de cando en vez a súa vila natal, ata que o 12 de setembro de 1974 morre en Santiago de Compostela.

Vilardevós, publicada en 1961, é unha novela autobiográfica da súa mocidade, unha serie de personaxes e anécdotas que compoñen o retrato da súa vila.
O silencio redimido, foi censurada durante moito tempo polo franquismo e por iso non foi publicada ata tres anos despois da morte de Silvio Santiago.Tamén autobiográfica, esta novela relátanos acontecementos relacionados coa Guerra Civil. O libro obtivo o Premio da Crítica en 1977.

Non encontrei gran cousa na Web do escritor pero aquí podes saber algo máis del e da súa obra. Criticalia é unha páxina creada por un profesor onde hai entrevistas de escritores e algo de información da literatura galega.

1 comentário:

  1. Engade enlaces ilustrativos, significativos, divulgativos....

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.