2012/01/18

Luís Seoane

 Vida:

Nado en Bos Aires no ano 1910, fillo de emigrantes, veu de neno a Galicia. Fixo o bacharelato na Coruña e Dereito en Santiago de Compostela, onde participou na actividade política e cultural estudiantil. Sendo aínda estudante universitario demostrou a súa vocación artística ilustrando libros e publicando debuxos en revistas e xornais.

De 1931 a 1936 exerceu de avogado laboralista na Coruña e foi membro do Partido Galeguista, así como da Masonería. Tras a sublevación do 18 de xullo de 1936 mantívose agochado durante uns meses ata que en 1937 puido exiliarse a Bos Aires. Alí fixou a súa residencia e traballou no consulado republicano.

Foi o promotor de moitas empresas culturais, da emigración e do interior (revistas como Galicia Libre, Galicia Emigrante , a imprenta Resol en Santiago de Compostela xunto a Arturo Cuadrado; editoriais como a Losada. Non deixou nunca de afrontar proxectos e participar activamente na recuperación da cultura galega.
Regresou a España en 1960. 
Nas últimas décadas da súa vida, alternou a residencia en América con viaxes a Galicia. Morreu na Coruña en 1979.

Obra:

Na sua obra escribiu tanto poesía, como narración e teatro.  Na poesía cabe destacar a obra Na Bretema de San-Iago que foi publicada no ano 1956. Nesta obra aparece o poema "Oración do artista que volta" no que conta como imaxina que retorna a Galicia para entrar na catedral e crocar a súa cabeza na testa de pedra do mestre Mateo.



O poema está formado por tres estrofas e ten como tema principal a emigración que el mismo sufriu en Arxentina durante moitos anos. Nas duas primeiras estrofas expresa o desexo por volver a Galicia.Na última dase o caso na realidade ainda que só é para morrer.
 Tamén pubricou obras como Eiroa, O Irlandés ástrologo, Tres follas de ruda e un allo verde ...

 A parte de escribir tamen realizou diferentes gravados e debuxos con textos literarios : O meco, O conde asesino de sobrado, Homenaxe a un paxaro...

3 comentários:

  1. mellor analizamos a entrada na aula

    ResponderEliminar
  2. Revisa
    -uso maiúsculas
    -signos de puntuación
    - espazos detras dos signos de puntuación
    imprescindible: acentuación
    a traballar!

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.